Entradas

Mostrando entradas de abril, 2021

O proxecto Tanza fomenta un espazo de colaboración coas entidades de inclusión no territorio do GALP Golfo Ártabro Sur

Imagen
COGAMI, Down Coruña, Aspronaga e CPAP Bergondo asistiron á xornada de traballo organizada hoxe co GALP e o CEIDA de Oleiros.   O Proxecto de cooperación Tanza para a colaboración entre o sector pesqueiro e o da inclusión avanzou hoxe no territorio do GALP Golfo Ártabro Sur as súas liñas de traballo e o do CEIDA. Ao encontro convocado polo GALP no castelo de Santa Cruz (Oleiros) asistiron COGAMI, Down Coruña, Aspronaga e CPAP Bergondo. Durante esta xuntanza, Federico López Viñas, xerente do GALP Golfo Ártabro Sur, fixo unha pequena introdución dos cometidos do Grupo, e o equipo técnico de Tanza contextualizou o proxecto a todos os asistentes. Posteriormente, foi a quenda do CEIDA para explicar as súas dinámicas de traballo e liñas de actividades para acabar cunha sesión de concienciación sobre a problemática do lixo mariño. Deste xeito, a través de Tanza creouse un espazo de encontro entre as entidades de inclusión do Golfo Ártabro Sur e o CEIDA, que lles deu a coñecer ás asocia

A Consellería do Mar salienta o gran labor divulgativo do campionato REMA 360º por difundir de xeito ameno o valor do patrimonio marítimo-pesqueiro e da cultura mariñeira de Galicia entre a xente nova

Imagen
Na primeira fase da iniciativa, impulsada polos GALP a través do proxecto de cooperación Pasaporte REMA, participan máis dun milleiro de alumnos de 1º e 2º da ESO de máis de 40 centros educativos galegos. Os participantes no xogo farán un percorrido virtual polos 27 museos incluídos na Rede de Espazos Museísticos Atlánticos (REMA) e superarán distintos retos antes de que os cinco mellores centros da comunidade pasen á segunda fase do campionato, que consistirá nun ‘escape room’ físico. A Xunta destaca o traballo dos GALP na dinamización das zonas costeiras e o seu papel para facer ver ás novas xeracións que o mar de Galicia ten pasado, presente e tamén moito futuro.   A conselleira do Mar, Rosa Quintana, enxalzou hoxe o importante labor que realizan o grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) na dinamización das zonas costeiras e na conservación do patrimonio e da cultura mariñeiras de Galicia, así como a súa capacidade de adaptación ás dificultades derivadas da alerta

Proposta provisional Xunta Directiva GALP GOLFO ÁRTABRO SUR proxectos marzo Convocatoria 2021

Imagen
PROPOSTA XUNTA DIRECTIVA GALP GOLFO ÁRTABRO SUR CONVOCATORIA 2021 Xunta Directiva do GALP Golfo Ártabro Sur, en reunión celebrada hoxe 6 de abril de 2021, seleccionou provisionalmente os proxectos que considerou prioritarios para a execución da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo, de conformidade cos criterios establecidos nesta e no estipulado na “Orde de Axudas do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das Estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, e se convocan as correspondentes ao ano 2019”: CERTIFICACIÓN DO ACORDO DA XUNTA DIRECTIVA PROPOSTA DE RESOLUCIÓN PROVISIONAL DE CONCESIÓN DE AXUDAS E DE DESESTIMACIÓN DE AXUDAS AVALIACIÓN DE PROXECTOS PRODUTIVOS E PROXECTOS NON PRODUTIVOS   Est

Reunión do proxecto Tanza para dinamización de proxectos de inclusión social no territorio GALP Golfo Ártabro Sur

Imagen
Este venres 9 de abril , organizamos unha xornada de traballo no marco do proxecto Tanza nas instalacións do CEIDA - Centro de Extensión Universitaria e Divulgación. Será no salón de actos do Castelo de Santa Cruz (Oleiros) a partir das 12.00h . Reuniremos a entidades de inclusión social e do sector pesqueiro do territorio GALP Golfo Ártabro Sur para explicarlles o labor do Ceida e tamén faleremos sobre a problemática do lixo mariño e de que formas se pode colaborar para eliminalo.   Un dos obxectivos deste encontro é dinamizar proxectos de inclusión social no sector pesqueiro, en concreto nos sete concellos adscritos ao GALP Golfo Ártabro Sur: Arteixo, A Coruña, Culleredo, Cambre, Oleiros, Sada e Bergondo.