Entradas

Mostrando entradas de enero, 2023

Xa está publicada a nova Estratexia de Desenvolvemento do GALP Golfo Ártabro Sur

Imagen
  O GALP Golfo Ártabro Sur xa ten publicada a súa nova Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) do GALP Golfo Ártabro Sur. A principios deste mes, o GALP Golfo Ártabro Sur publicou nas súas redes sociais as liñas de actuación da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP), para que todos aqueles promotores interesados poidan ver os obxectivos nos que traballará o grupo neste programa. Dende o día de hoxe, na web: https://galp.xunta.gal/golfo-artabro-sur e no blog: https://galpgolfoartabrosur.blogspot.com/  (Convocatoria de Axudas) poderase ver o documento completo da estratexia coa que traballará o GALP ao longo deste período para poder admitir, tramitar e valorar os proxectos que se presenten á convocatoria 2023 e as consecutivas.

Aberto o prazo para a presentación de diferentes axudas ao sector

Imagen
Dende a Consellería do Mar abriron varias liñas de axudas vinculadas ao sector, cuxas bases pódense consultar online ou na sede do GALP Golfo Ártabro Sur Neste ano 2023, dende a Consellería do Mar abríronse multitude de convocatorias de axudas para o sector, que o GALP Golfo Ártabro Sur está a promocionar, para proporcionar información a través das nosas redes sociais, web e blog, e mesmo nos oficinas, pois todas aquelas persoas que se cheguen a elas, poderán obter as bases das convocatorias. Dentro das axudas abertas atópanse as seguintes: -       Subvención a proxectos de colectivos para a conservación e restauración da biodiversidade e dos ecosistemas das actividades marisqueiras. Data límite de presentación: 20/02/2023 Convocatoria 2023 - Ayudas a proyectos colectivos, financiados por el Fondo Europeo Marítimo y de Pesca (FEMP), para la conservación y restauración de la biodiversidad y de los ecosistemas marinos en el marco de actividades marisqueras sostenibles (código d

O Boletín da Rede Nacional de Grupos de Pesca pon en valor unha vez máis varias accións do GALP Golfo Ártabro Sur

Imagen
O GALP Golfo Ártabro Sur ve reflexadas catro das súas actividades directas no boletín da RedFep, e varias actividades conxuntas nas que participou en cooperación con outras entidades. No boletín da Rede Nacional de Grupos de Pesca do mes de xaneiro, o GALP Golfo Ártabro Sur ve reflexadas unha vez máis varias das súas actuacións. É habitual que dende a Rede, estean ao día de todas as actividades que se realizan dende os GALP, e salienten mensualmente algunhas delas. Non é a primeira vez que as actividades do GALP Golfo Ártabro Sur cobran especial relevancia e son publicadas no Flash mensual “En Red”. Neste mes de xaneiro salientaron catro actividades levadas a cabo: a entrega do galardón de Boas Prácticas ao ADR Mariñas-Betanzos polo seu proxecto “Ecoturismo no Golfo Ártabro”, o vídeo resumo das artes de pesca realizado para a conmemoración do AIPAA, o aumento de orzamento de máis dun 44% que obtivo o grupo para o período FEMPA 2021-2027 e o vídeo resumo de tódalas actividades realiza

O GALP Golfo Ártabro Sur presenta hoxe nas redes unha serie de vídeos dos proxectos subvencionados mediante os fondos FEMP

Imagen
  Xa está dispoñible no canal de Youtube do GALP Golfo Ártabro Sur o primeiro vídeo da serie na cal se amosan os proxectos subvencionados mediante o programa FEMP. No día de hoxe, o GALP Golfo Ártabro Sur lanza o primeiro vídeo dunha serie que alberga tódolos proxectos financiados polo grupo mediante os fondos FEMP. Este vídeo está dispoñible no canal de Youtube do grupo, no que tódalas semanas se subirá un vídeo ata completar a serie. Estes vídeos mostrarán tódolos proxectos que foron subvencionados dende 2017 ata 2022, baixo as directrices da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) aprobada pola Consellería do Mar para a xestión dos Fondos Europeos Marítimos e da Pesca (FEMP) no territorio do GALP Golfo Ártabro Sur. En cada un dos vídeos exponse un proxecto diferente, que se engloba nalgún dos seguintes obxectivos: valor engadido á cadea de valor do sector pesqueiro, diversificación, medioambiente, patrimonio cultural, gobernanza e cooperación. Con esta serie de

Un dos proxectos subvencionados polo GALP Golfo Ártabro Sur, “Ecoturismo no Golfo Ártabro” presentouse en Fitur

Imagen
  O GALP Golfo Ártabro Sur acompañou ao promotor do proxecto “Ecoturismo no Golfo Ártabro” á súa presentación en Fitur O secretario do GALP Golfo Ártabro Sur, José Garrote, acompañou á Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas – Betanzos, á presentación en FITUR do proxecto “Ecoturismo no Golfo Ártabro” que foi financiado dende o GALP. Este proxecto tamén obtivo o galardón de “Buena Práctica” da Rede Española de Grupos de Pesca na pasada anualidade. Na súa intervención en Fitur, José Garrote, puxo de manifesto a importancia de proxectos desta tipoloxía, pois dende a Estratexia de Desenvolvemento do GALP apóianse as iniciativas baseadas na economía azul e o turismo sostible relacionado co mundo do mar, promovendo unha calidade turística e valorizando os produtos do mar.   Aproveitou a ocasión para animar a novos promotores a coñecer o traballo que se está a facer dende o GALP Golfo Ártabro Sur, a nova Estratexia de Desenvolvemento

O GALP Golfo Ártabro Sur asina o Convenio de Colaboración coa Consellería do Mar

Imagen
  A sinatura do Convenio abarca os seguintes catro anos, nos que dende o GALP Golfo Ártabro Sur se traballará para incrementar o desenvolvemento do territorio. O GALP Golfo Ártabro Sur foi reelexido un programa máis como o coordinador dos Fondos de Cohesión Europeos vencellados ao mar, FEMPA, no territorio que abranguen os concellos costeiros entre Bergondo e Arteixo. Gracias a isto, a Consellería do Mar e o GALP asinaron un Convenio de Colaboración para a xestión do programa FEMPA (2021-2027) ao abeiro da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) do grupo que foi aprobada a mediados do mes de decembro. A sinatura deste convenio permite ao grupo poder xestionar os fondos que lle foron concedidos neste programa para as axudas a proxectos, cuxa cuantía ascende a 4.327.873,47 €; o que supón un incremento no crédito respeto ao programa anterior de máis dun 44%. Baixo a EDLP do grupo, subvencionaranse proxectos nos seguin

Xa está disponible a Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo do GALP Golfo Ártabro Sur

Imagen
 Xa está dispobible a Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo.  Podedes consultala aquí: ESTRATEXIA FEMP A