Entradas

Mostrando entradas de abril, 2024
Imagen
  O Galp apoia a organización dun curso gratuito sobre electrónica básica, Io-T (Internet das Cousas) e cultura maker destinado a armadores, patróns e pescadores adscritos á Cofradía de Pescadores de Sada ou a algunha outra entidade local.  A formación celebrarase no GALP (Edificio Capitanía) de Sada, (Porto de Fontán), os días 20 e 27 de abril e 4 e 11 de maio de 2024, en horario de 10:00h a 14:00h.  O curso forma parte do proxecto premiado en axudas Dualiza de FP Empresa e CaixaBank.  Número de prazas : 16.  Inscripcións nas oficinas da Cofradía de Pescadores de Sada ou no correo electrónico cofradia@cofradiasada.org segundo a seguinte orde de preferencia: 1. Pescadores en activo pertencentes á Cofradía de Pescadores de Sada, participante do proxecto. 2. Armadores ou propietarios de embarcacións pertencentes a colectivos locais relacionados coa Cofradía de Pescadores de Sada. 3. Público Xeral con preferencia para desempregados, discapacitados ou outros colectivos potencialmente vu

Proposta de Resolución Definitiva da Xunta Directiva do GALP Golfo Ártabro Sur

Imagen
A Xunta Directiva do GALP Golfo Ártabro Sur, en reunión celebrada o día 8 de abril de 2024, seleccionou definitivamente os proxectos que considerou prioritarios para a execución da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo, de conformidade cos criterios establecidos nesta e no estipulado na “Orde do 28 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo de Pesca e de Acuicultura 2021-2027, e se convocan as correspondentes ao ano 2024”   Esta proposta definitiva que non crea ningún dereito a favor do solicitante proposto.     Esta proposta está tamén publicada no taboleiro de anuncios da oficina do GALP Golfo Ártabro Sur. Tal como se reflicte no artigo 20.1 da Orde do 28 de decembro de 2023, da Conselle

O GALP Golfo Ártabro Sur consigue ter proxectos polo 40% do total da estratexia

Imagen
  O GALP Golfo Ártabro Sur recibe proxectos por máis de 1.500.000 euros, co que agota o 40% do seu crédito. O GALP Golfo Ártabro Sur consegue un importante éxito nesta convocatoria de axudas 2024, acollendo proxectos por máis de 1.500.000 euros. Neste último mes a actividade do equipo técnico do GALP foi frenética para conseguir revisar tódolos proxectos e realizar as tramitacións oportunas. Dos 30 proxectos recibidos nesta convocatoria, a maior parte deles ou de ser posible a totalidade, serán aprobados pola Xunta Directiva na reunión que se celebrará o próximo mes de abril. Esta segunda convocatoria de 2024 é na que máis proxectos se presentaron na historia do GALP Golfo Ártabro Sur. O traballo de difusión e o coñecemento e confianza dos promotores no grupo, fan que cada ano se presenten máis proxectos e polo tanto o desenvolvemento do territorio siga a medrar e consigamos unha contorna frutífera e con oportunidades vencelladas ao mar.

Unha gran tarefa que levou ao GALP Golfo Ártabro Sur a culminar o FEMP ao 99% de execución

Imagen
  O ata agora secretario do GALP Golfo Ártabro Sur José Garrote remata a súa andaina no cargo deixando uns espléndidos resultados no programa FEMP. Tras 12 anos como secretario do GALP Golfo Ártabro Sur, José Garrote “o noso secretario” rematou de motu propio a súa andaina no cargo o pasado mes. Durante todo este tempo de entrega e dedicación aos quefaceres diarios do grupo, culminou o seu cargo deixando neste uns magníficos resultados. De natureza traballadora e constante, José, acudía diariamente ás oficinas para levar o seguimento exhaustivo de cada unha das actividades e proxectos realizados dende o grupo, para conseguir un traballo ben feito. Unha das anécdotas que o equipo técnico destaca, e que en todos estes anos nunca o viron cunha axenda ou con algo anotado, sen embargo, nunca esquecía o máis mínimo detalle do traballo feito. Non podemos esquecer que José foi o embaixador do grupo na maior parte dos eventos realizados

Celebrada na sede do GALP unha xornada sobre Arquitectura Naval

Imagen
  Os Patexeiros celebran na sede do GALP Golfo Ártabro Sur a súa xornada “Introdución á Arquitectura Naval”.   O día 9 de marzo, na sede do GALP Golfo Ártabro Sur realizouse a xornada “Introdución á arquitectura naval” na que se fixo un percorrido histórico polas primeiras solucións construtivas do sector naval. A cargo da xornada estivo o historiador e arqueólogo subacuático Alejandro Martín López. Moitas foron as persoas interesadas na temática da xornada que foi moi didáctica e enriquecedora, xa que as curiosidades e anécdotas conseguiron un ambiente distendido e interesante.

Varios proxectos do GALP provocan un especial interese na Consellería do Mar

Imagen
  e a Consellería do Mar visitan varios proxectos financiados dende o GALP Golfo Ártabro Sur no programa FEMP 2014-2020.   Ao longo do mes de marzo o Conselleiro do Mar, Alfonso Villares e a Directora Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodriguez, visitaron varios proxectos financiados polo GALP Golfo Ártabro Sur no programa FEMP 2024-2020. Na visita dos proxectos foron acompañados polo presidente do GALP Alberto Castro García e polo xerente do grupo Federico López Viñas. O primeiro proxecto visitado foi “Empanadas do Mar” que comeza gracias a Mónica e Rocío Otín, xunto co seu pai Antonio Otín, que coa reforma e posta en valor do taller de pan de Guísamo, conseguen dar unha segunda vida ao forno da localidade, que leva activo dende 1900. Unha aposta polos novos productos realizados en base aos peixes e mariscos que se obteñen na zona para elaborar empanadas de mexillóns, polbo, bonito e bacalao con pasas. Proba da calidad