Entradas

Mostrando entradas de agosto, 2023

I Curso de Maquetas de Madeira

Imagen
  Xa está aberto o prazo de inscrición ao “estaleiro en miniatura” que está a organizar “Os Patexeiros” O I Curso de maquetas de Madeira xa ten aberto o prazo de inscrición, nel poderanse realizar as embarcacións tradicionais máis emblemáticas do Golfo Ártabro. O curso realizarase tódolos sábados entre o 21 de outubro e o 25 de novembro (ambos inclusive), en horario de 9:45h a 14:00h. A inscrición realizarase no teléfono 696885666 ou no correo: ospatexeiros@gmail.com

O GALP Golfo Ártabro Sur está estudando a posibilidade de certificar produtos do mar baixo o selo de calidade da Reserva da Biosfera

Imagen
  Estase a estudar a posibilidade de que produtos do mar do Golfo Ártabro sexan distinguidos co selo de calidade da Reserva da Biosfera O pasado 10 de agosto nas instalacións do GALP Golfo Ártabro Sur tivo lugar unha reunión con persoal da Reserva da Biosfera, para tratar a posibilidade de certificar produtos do mar baixo o selo de calidade de Reserva da Biosfera. No encontro tamén se trataron diferentes temas, aproveitando a visita de Haideé García Sariego, técnica da marca da Reserva de la Biosfera Valles de Omaña y Luna e Nayara Martínez, alumna de Ciencias do Mar da Universitat d’Alacant, facendo un proveitoso intercambio de experiencias.   A posibilidade de aportar aos produtos do mar un selo de calidade, incrementaría o valor do produto, e ao mesmo tempo proporcionaría unha distinción que facilita aos compradores o coñecemento da orixe e a calidade do produto que está mercando.

O GALP Golfo Ártabro Sur colaborador do XVI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia

Imagen
  Esta anualidade celebrouse en Sada o XVI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia entre os días 3 e 6 de agosto. Entre os días 3 e 6 de agosto, celebrouse en Sada a XVI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, na que colaborou o GALP Golfo Ártabro Sur. O programa do encontro no só estivo composto por saídas a navegar, senón que estivo complementado por multitude de actividades en terra para todas as idades, con talleres, música, xogos, teatro e propostas específicas para o público infantil. Na do encontro inauguración contouse, entre outros, coa presenza do Conselleiro de Pesca Alfonso Villares, o alcalde de Sada, Benito Portela, a Directora Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro Susana Rodriguez, o Director Xeral de Comercio, Manuel Heredia, o diputado provincial Xosé Pernas Corral, o Presidente do GALP Golfo Ártabro Sur, Alberto Castro e como anfitrións o presidente de Culturmar, José Luis Sacau e o presidente de “Os Patexeiros” Miguel Martínez Modroño. Dezaseis