Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2021

O alumnado de RELEVO2020 do GALP Golfo Ártabro Sur finaliza a súa formación cunha visita á Escola Náutica de Ferrol

Imagen
O programa de capacitación en busca do relevo xeracional no sector pesqueiro está chegando á súa fin con encontros empresariais e visitas experienciais. As sesións presenciais do programa finalizarán a próxima semana e para rematar as actuacións previstas, tamén está pendente unha visita á Escola Náutica de Ferrol que terá lugar este martes 1 de xuño en horario de mañá. Os asistentes do GALP Golfo Ártabro Sur compartirán xornada, novamente, co alumnado dos GALP A Mariña Ortegal e GALP Golfo Ártabro Norte. Así mesmo, o alumnado ten que elaborar un traballo final teórico co que optará, ante un xurado, a unha viaxe ao País Vasco. Aprendendo da experiencia O pasado martes 25, o alumnado deste segunda edición de Relevo2020 estivo compartindo toda a xornada na zona de Arousa, concretamente en Rianxo, co alumnado dos cinco GALP participantes e con persoas de diferentes entidades que colaboran na iniciativa. A xornada transcurriu nun encontro de mañá coas empresas de turismo activo e de

Recta final de Relevo2020

Imagen
Ademais das sesións individuais, os asistentes do GALP Golfo Ártabro Sur participan en visitas experienciais a empresas do sector pesqueiro. A segunda edición do programa de cooperación Relevo 2020 que deu comezo a finais de marzo, está chegando ao seu fin. Ata xuño, os participantes do programa pertencen ao GALP Golfo Ártabro Sur asisten aos últimos seminarios e ás titorías individuais. No noso territorio, as sesións teñen lugar os mércores en Sada a partir das 10.00h. Así mesmo, o grupo tamén está participando en diversas visitas a empresas, mantendo encontros con profesionais de diferentes entidades do sector pesqueiro, relacionadas con el ou ben cos proxectos e ideas empresariais do antigo alumnado. En concreto, a semana pasada compartiron experiencias nas súas instalacións cos propietarios de After Sur deOleiros , un complexo hostaleiro subvencionado polo GALP Golfo Ártabro Sur, e co grupo familiar J J Chicolino, de Boiro, dedicados á fabricación de produtos para a acuicultura,

A presentación oficial do II Roteiro Son do Mar terá lugar en xullo

Imagen
No evento contarase coa asistencia do equipo de produción e de realización, así como dalgún dos intérpretes principais e máis emblemáticos da serie. Finalizada e emisión dos 15 capítulos do II Roteiro Teatralizado Son do Mar , no próximo mes de xullo está previsto realizar en Sada a presentación oficial coa asistencia do equipo de produción e de realización, así como dos intérpretes principais e máis emblemáticos da serie. Durante o evento, o elenco asistente escenificará algunha escena do proxecto para presentar os contidos, así como esta viaxe experiencial polo patrimonio mariñeiro dos sete municipios do territorio GALP Golfo Ártabro Sur. Alí estarán Alentía Teatro e o director Afonso García Penas; e parte do elenco amateur e profesional que deu vida, entre outros, a Ramón Boutureira, o protagonista do Roteiro, ou ao seu amigo, o cura de Bergondo, interpretados, respectivamente, por Xosé Eixo Branco e Xosé Lois Fernández Leal. Debido á pandemia sanitaria, o GALP Golfo Ártabro Sur t

Os GALP promotores do Proxecto Tanza asisten a un encontro no Laboratorio de Plásticos do Campus de Esteiro da UDC

Imagen
O obxectivo era coñecer en profundidade o proceso de valorización dos plásticos, entendido como modelo de economía circular participada polo sector pesqueiro e entidades de inclusión social. Na sesión expúxose o funcionamento das máquinas de tratamento de plásticos baseadas no sistema Precious Plastic, que sirve de fío artellador en moitos dos territorios GALP.                                                                                                                                                                    O Laboratorio de Plásticos do Campus de Esteiro da Universidade da Coruña (UDC)   foi onte o anfitrión dunha xornada de posta en común sobre o Proxecto Tanza , que finalizou cunha visita polas instalacións do centro. Á reunión asistiron representantes das entidades do sector pesqueiro e da inclusión asentadas nos territorios dos seis GALP promotores (A Mariña-Ortegal, Golfo Ártabro Sur e Norte, Costa da Morte, Costa Sostible e Ría de Arousa).   O encontro contou

Visitar os espazos museísticos da Rede REMA pode ter premio

Imagen
Os GALP de Galicia promoven, no marco do proxecto Pasaporte REMA, a primeira guía sobre a cultura atlántica europea, reunindo nunha mesma publicación o patrimonio dos 27 museos adheridos a esta iniciativa. Tres deses museos atópanse no territorio do GALP Golfo Ártabro Sur: Aquarium Finisterrae e Torre de Hércules, na Coruña, e Ceida, en Oleiros. As persoas que visiten cinco espazos e sumen selos Remiña no seu pasaporte poden participar no sorteo de 20 cestas mariñeiras.  Hoxe, Día internacional dos museos, lánzase oficialmente a Guía de Espazos Museísticos Pasaporte REMA que se repartirá de modo gratuíto en cada un dos 27 museos da Rede REMA. A publicación contén información dos elementos patrimoniais máis relevantes que se poden atopar en cada espazo, estando orientada desde o punto de vista dos visitantes e dos seus xestores culturais.   Todas as persoas que visiten os museos da Rede REMA irán acumulando selos Remiña e, unha vez alcancen as 5 estampas de museos localizados en

Convocados os XII Premios de Excelencia a la Innovación para Mujeres Rurales

Imagen
Ata o venres 4 de xuño, as  𝗺𝘂𝗹𝗹𝗲𝗿𝗲𝘀   𝗱𝗼   𝘀𝗲𝗰𝘁𝗼𝗿   𝗽𝗲𝘀𝗾𝘂𝗲𝗶𝗿𝗼   𝗲   𝗮𝗰𝘂𝗶 ́ 𝗰𝗼𝗹𝗮  poden concorrer aos XII Premios de Excelencia a la Innovación para Mujeres Rurales en 2 categorías. Estes premios están promovidos por  promovidos por la Dirección General de Desarrollo Rural, Innovación y Formación Agroalimentaria del Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación (MAPA). B)  Excelencia á innovación na actividade pesqueira ou acuícola (exclusiva). C)  Excelencia á innovación en diversificación da actividade económica no medio rural ou zonas costeiras rurais.   Promoción dun sector sostible Este ano, os premios contemplan unha categoría exclusiva para as mulleres do sector pesqueiro e acuícola, baixo o título “Excelencia á innovación na actividade pesqueira ou acuícola”, dirixida a proxectos relacionados con actividades pesqueiras ou acuícolas e complementarias, que utilicen tecnoloxías pesqueiras ou acuícolas que redunden no avance dun sector sostible,

Visita á empresa Recuperamos e ao laboratorio Precious Plastic de Adrián Coira para coñecer dúas formas distintas de recuperar os residuos plásticos da pesca

Imagen
  Os responsables do GALP Golfo Ártabro Sur e do Proxecto Tanza realizaron a semana pasada unha visita ao territorio para coñecer de primeira man proxectos de economía circular vinculados aos sectores do mar e da pesca   En concreto, achegáronse ás instalacións da empresa Recuperamos , en Arteixo, dedicada ao tratamento de residuos de plástico e de cartón da pesca que foi subvencionada polo GALP Golfo Ártabro Sur na pasada convocatoria. Durante a visita guiada ás instalacións situadas no polígono de Sabón, un dos socios de Recuperamos foi o encargado de explicar o tratamento que se lle vai aplicar a ambos materiais, así como a súa saída comercial. Ao grupo uniuse Adrián Coira, experto na iniciativa internacional Precious Plastic , que conta cun laboratorio na cidade da Coruña.   Precisamente, a segunda parada da visita foi o taller de Coira onde lles amosou aos responsables institucionais o seu proceso de traballo co plástico con extrusionadoras e moldes, os distintos xeitos