Entradas

Mostrando entradas de agosto, 2020

Segunda fase da adxudicación de axudas para proxectos non produtivos

Imagen
O Galp Golfo Ártabro Sur comunica que mañá, 1 de setembro, será o último día para presentar propostas para a segunda fase da adxudicación de axudas para proxectos non produtivos ao abeiro da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo. Chámanos e axudarémoste a presentar a túa iniciativa ante a Xunta de Galicia. GALP Golfo Ártabro Sur 📬 Avenida do Porto, 21, baixo (Casa do Mar) Sada. ☎️ 881896417 - 617867820 📧 galp.mar.golfoartabrosur@xunta.gal 

O ministerio de Pesca recoñece o traballo de Pescaderías Sonia, proxecto ao abeiro do GALP

Imagen
·          O ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e a Rede Española de Mulleres no Sector Pesqueiro recoñeceron a iniciativa de emprendemento en feminino, ao abeiro do GALP Golfo Ártabro Sur. ·          O proxecto é pioneiro no sistema de venda de peixe fresco e de proximidade a través dunha máquina expendedora. ·          Esta mañá o secretario do GALP, José Garrote, e o xerente, Federico López, fixeron entrega dunha reprodución do artigo de boas prácticas á responsable da peixería, Sonia Amor. Sada, 19 de agosto do 2020.- Pescaderías Sonia , un dos proxectos ao abeiro do financiamento do  Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur , foi recoñecida como iniciativa de “ boas prácticas  emprendedoras promovidas por mulleres do sector e en materia de  igualdade ”. Este distintivo é outorgado polo  ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación  e a  Rede Española de Mulleres no Sector Pesqueiro. Esta mañá, o GALP fixo entrega da reprodución do

After Surf, o proxecto financiado polo GALP que combinará deporte, gastronomía e mar

Imagen
A iniciativa permitirá crear en Oleiros un complexo turístico que combine unha escola de deportes náuticos, un restaurante e un aloxamento. O proxecto After Surf está a piques de convertirse nunha realidade. A iniciativa, financiada polo Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur , permitirá crear un complexo turístico en Oleiros no que se combine un restaurante, unha pensión e unha escola de surf. Un proxecto único no territorio do Golfo Ártabro Sur. O complexo After Surf ofrecerá aloxamento, alimentación saudable, deporte, natureza e ocio. As súas instalacións contarán cunha pensión cun total de 27 prazas, que acollerá ás persoas que participen nas diferentes actividades náuticas, así como aquelas que queiran gozar dun emprazamento ideal no Golfo Ártabro Sur. Tamén disporá dunha cafetería – restaurante na que se ofrecerán produtos do mar de proximidade, impulsando a súa posta en valor. Á súa vez, as instalacións tamén contarán cunha escola