Persoas con diversidade funcional coñeceron o mundo mariñeiro a través dunha obra teatral e dous obradoiros
· Os asistentes a “Un mar de ilusións” participaron nunha poxa de peixe e coñeceron todos os detalles sobre o traballo que se desenvolve na lonxa de Sada. · O evento estivo organizado polo GALP Golfo Ártabro Sur e contou coa colaboración da Confraría de Pescadores de Sada, ACERGA, Concello de Sada e a tripulación do Cerqueiro OLNADI. · Participaron nas actividades ASPACE, Aspronaga, Aspanaes, Fundación Adcor e o Centro Ocupacional Pascual Veiga. Sada, 31 de outubro 2019.- Unha obra teatral e dous obradoiros achegaron o mundo mariñeiro a arredor de 60 persoas con diversidade funcional en “Un mar de ilusións” . O evento estivo organizado polo Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur , e contou coa colaboración da Confraría de Pescadores de Sada, Asociación de Armadores de Cerco de Galicia (ACERGA), Concello de Sada e a tripulación do cerqueiro OLNADI. A xornada, celebrada na lonxa de Sada, contou cunha interpretació