O GALP Golfo Ártabro Sur aprobará mañá a Estratexia de desenvolvemento local participativo do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca.
No día de onte celebrouse na Casa do Mar de Sada, a reunión da xunta directiva do GALP, co obxectivo de validar o documento da estratexia, que orientará o programa de axudas do FEMP (2014-2020). Houbo consenso á hora de validar o documento, destacando os retos que se presentan de cara ao novo período, para mellorar a execución deste programa. A estratexia vai a potenciar de maneira especial aos sectores do mar e o turismo, favorecendo a sinerxía e o establecemento de iniciativas conxuntas entre ambos. Tamén se reforzará a preservación e o coidado dos ecosistemas e hábitats marítimo costeiros, afrontando problemáticas ambientais, ás que se lle pode dar resposta con este fondo. Outra das liñas de traballo é a relacionada coa valorización do patrimonio, facendo unha firme aposta pola recuperación de patrimonio vinculado ao mar e a zona costeira, tanto no ámbito material, como no inmaterial, recuperando actividades, tradicións, oficios, ligados ao mundo do mar. Unha vez que a Asem