Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2021

Viaxe de estudos para coñecer outros GALP do sur de España e de Portugal

Imagen
Unha representación da directiva do GALP Golfo Ártabro Sur participa durante esta semana do 25 ao 29 de outubro nunha viaxe de estudos para coñecer en primeira persoa o funcionamento dos GALP Costa Luz e do GAL Sotavento , grupos veciños a ambos lados da fronteira española e portuguesa separados polo río Guadiana. O obxectivo desta experiencia é establecer sinerxias e coñecer os seus proxectos para traer novas ideas que aplicar no noso territorio. © Cedida GALP Costa Luz  Territorios transfronteirizos separados por un río O ámbito de actuación de Costaluz enmárcase na comarca Costa Occidental de Huelva, coñecida internacionalmente como “Costa de la Luz”, que abarca desde a desembocadura do río Guadiana ata a do Odiel, incluíndo os municipios de Ayamonte, Isla Cristina, Lepe, Cartaya e Punta Umbría, que representan o 76% da poboación da comarca e nos cales a pesca é un sector produtivo de gran relevancia.   Pola súa banda, o territorio de intervención do GAL Sotavento do Algarve en

O proxecto de relevo xeracional “Mocidade Abordo” arranca en tres institutos do territorio GALP Golfo Ártabro Sur

Imagen
Cunha gran acollida e moitas expectativas, arrancou no territorio do GALP Golfo Ártabro Sur o proxecto “Relevo 2. Mocidade Abordo”, unha iniciativa colaborativa promovida xunto con outros grupos de toda Galicia como son os GALP Ría de Vigo-A Guarda, Ría de Pontevedra, Ría de Arousa, Golfo Ártabro Norte e A Mariña-Ortegal. No noso territorio participan catro aulas de 4º da ESO dos IES O Mosteirón e Isaac Díaz Pardo de Sada, e o David Buján, de Cambre. Máis dun cento de rapaces coñecerán o potencial do sector para explorar todas as oportunidades que ofrece e encamiñar un futuro laboral ligado ao mar e á pesca. O proxecto, que se desenvolverá en dúas anualidades entre 2021 e 2022, ten entre os seus obxectivos poñer en valor o sector pesqueiro en termos económicos, dando a coñecer a demanda real existente para diferentes postos de traballo, así como todas as saídas profesionais. Máis aló das profesións histórica e tradicionalmente ligadas ao mar, e de sobra coñecidas por todos, como a

O GALP Golfo Ártabro Sur continúa apoiando a recuperación da cultura mariñeira co I Curso de velería para embarcacións tradicionais

Imagen
O peirao de Oza, no Concello da Coruña, acolleu esta mañá de sábado a primeira xornada do I Curso de velería para embarcacións tradicionais promovido mais financiado polo Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur e impartido pola Asociación Os Patexeiros. A formación, que hai semanas cubriu as 12 prazas dispoñibles, está dirixida por profesionais deste campo nas instalacións da empresa Finishterra Sails. As próximas sesións terán lugar igualmente todos os sábados pola mañá (9.45 a 14.00h) ata finais de novembro (30/10 e 6, 13, 20 e 27/11), tendo unha duración total de 24 horas.   O alumnado deste curso aprenderá a manexar a máquina de coser, reparar velas, confeccionar fundas de botavara, lonas de fondeo, replicar velas tradicionais a escala e tamén reciclar velas vellas, lonas ou PVC en liña coa economía circular e a redución de residuos no sector pesqueiro.   A través desta iniciativa, o GALP pretende investir na formación dos profesionais do mundo do m

As experiencias vitais e formativas do alumnado de Relevo2020 protagonizan o acto de peche do proxecto

Imagen
  Despois de máis dun ano de actuacións en 5 territorios GALP, entre eles o GALP Golfo Ártabro Sur, máis de 50 concellos implicados, ducias de alumnos e alumnas, centros de ensino de secundaria, visitas a entidades do sector pesqueiro e encontros con profesionais, o proxecto Relevo2020 chegou á súa fin. O acto de clausura tivo lugar o xoves 21 de outubro pola tarde no Museo do Pobo Galego (Santiago de Compostela). A iniciativa, coa que se puxo enriba da mesa a necesidade de relevo xeracional no sector pesqueiro e de formación e información aos máis novos, cumpriu os seus obxectivos e deixa en marcha o "Relevo2 Mocidade a bordo".  Na mesa interviñeron María Vales, presidenta do Galp Ría de Arousa, grupo coordinador dos cinco GALP promotores; José Antonio Pérez Sieira, presidente da Federación Galega de Confrarías de Pescadores; e Rosa Carballo, xerente do GALP Ría de Arousa; alumnado do proxecto dos cinco territorios e a asistencia técnica.  No caso concreto do GALP Golfo Árta

A ría do Burgo convértese nunha grande aula ambiental para divulgar a riqueza mariña do Golfo Ártabro Sur

Imagen
  A contorna da ría do Burgo (Culleredo) converteuse durante toda a maña de hoxe nunha inmensa e fermosa aula ao aire libre para divulgar e concienciar sobre a riqueza da fauna e da flora deste tipo de ecosistemas mariños, ao tempo que se deron as claves para gozar deles sen danalos. Os alumnos foron unha trintena de usuarios de tres entidades que atenden a persoas con diversidade funcional no territorio do GALP Golfo Ártabro Sur: Aspronaga (Asociación pro persoas con discapacidade intelectual de Galicia), Aspanaes (Asociación de pais de persoas con trastorno do espectro autista) e Aspace (Asociación de pais de persoas con parálise cerebral).   📸 Moitas máis fotos no noso Facebook ➡ https://www.facebook.com/media/set/?vanity=galpartabrosur&set=a.1118255138579594 .    Tras a benvida oficial por parte de José Garrote, secretario do GALP Golfo Ártabro Sur, e da concelleira delegada da Área de Participación cidadá, Educación e Medio rural de Culleredo, Yessica Méndez Sánchez, a xornad

Proposta Definitiva Xunta Directiva GALP Golfo Ártabro Sur setembro 2021

Imagen
A Xunta Directiva do GALP Golfo Ártabro Sur, en reunión celebrada 5 de outubro de 2021, seleccionou provisionalmente os proxectos que considerou prioritarios para a execución da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo, de conformidade cos criterios establecidos nesta e no estipulado na “Orde de Axudas do 3 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das Estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, e se convocan as correspondentes ao ano 2021”.      Pasados os 5 días hábiles sen terse presentado alegacións esta proposta provisional da Xunta Directiva para os proxectos da Convocatoria de Setembro de 2021 pasa a ser  unha proposta definitiva que non crea ningún dereito a favor do solicitante proposto .      

O Proxecto Tanza senta as bases para a busca de novas sinerxias entre o sector pesqueiro e o da inclusión

Imagen
  O Proxecto Tanza pechou a súa andaina nun acto en Santiago de Compostela promovido polos 6 Grupos de Acción Local no Sector Pesqueiro promotores do proxecto: Galp A Mariña-Ortegal (coordinador), Golfo Ártabro Norte e Golfo Ártabro Sur, Costa da Morte, Costa Sostible e Ría de Arousa. Esta derradeira xornada de Tanza congregou tamén aos responsables das entidades que promoveron as iniciativas de Tanza en cada territorio, así como entidades colaboradoras como o Laboratorio de Plásticos da Universidade da Coruña, a Escola Superior de Deseño Industrial de Galicia, Precious Plastic de Fair Enough, e a empresa de xestión de lixo mariño Recuperamos. Esta última, que é un proxecto de emprendemento financiado polo Golfo Ártabro Sur, expuxo o seu traballo para buscar posibles sinerxias con entidades de diversidade funcional. En paralelo, puido visitarse unha mostra para a posta en común do labor desenvolto polas diferentes entidades de inclusión que participaron do proxecto, así como do Labor

Proposta Provisional Xunta Directiva GALP Golfo Ártabro Sur Convocatoria Setembro 2021

Imagen
          A Xunta Directiva do GALP Golfo Ártabro Sur, en reunión celebrada 5 de outubro de 2021, seleccionou provisionalmente os proxectos que considerou prioritarios para a execución da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo, de conformidade cos criterios establecidos nesta e no estipulado na “Orde de Axudas do 3 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das Estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, e se convocan as correspondentes ao ano 2021”.      Pasados os 5 días hábiles sen terse presentado alegacións esta proposta provisional da Xunta Directiva para os proxectos da Convocatoria de Setembro de 2021 pasa a ser  unha proposta definitiva que non crea ningún dereito a favor do solicitante proposto .       Esta

Son do Mar celebra o pasado e o presente mariñeiro do territorio do Golfo Ártabro Sur

Imagen
  A presentación da II edición deste roteiro teatralizado tivo lugar o pasado 16 de setembro cunha escenificación representativa do proxecto O pasado e presente do mundo do mar e da pesca no territorio do GALP Golfo Ártabro Sur puxéronse en valor no evento organizado para presentar publicamente a II edición do Roteiro Teatralizado Son do Mar, que en 15 capítulos percorre os preto de 80 quilómetros de costa entre Bergondo, Sada, Oleiros, Cambre, Culleredo, A Coruña e Arteixo. O evento contou coa presencia de Alberto García Castro, presidente do GALP Golfo Ártabro Sur, e Alejandra Pérez Márquez, alcaldesa de Bergondo; e por parte da Consellería do Mar, con Patricia Rodriguez, secretaria territorial de A Coruña. Afonso García Penas, director creativo deste proxecto audiovisual realizado pola agrupación Alentía Teatro e organizado e financiado polo GALP Golfo Ártabro Sur, indicou que Son do Mar pretende afondar nos retos e desafíos continuos que os galegos e galegas do mundo do mar ato

Bos resultados da última convocatoria de axudas FEMP 2014-2020

Imagen
  Cos dous proxectos presentados, o GALP Golfo Ártabro Sur esgota o crédito dispoñible para este periodo Despois de cerrar o prazo da segunda convocatoria de axudas FEMP 2014-2020 o pasado 17 de setembro, o GALP Golfo Ártabro Sur manifestou a súa satisfacción polos bos resultados obtidos xa que, cos dous proxectos presentados por dous emprendedores do territorio, conseguiu esgotar o crédito para este período. Para esta convocatoria, o GALP Golfo Ártabro Sur dispoñía dun crédito de pouco mais de 10 mil euros distribuído nos eixos de gobernanza e cooperación, para impulsar o desenvolvemento social e económico dunha zona costeira cun gran potencial. A través destas axudas europeas, a entidade ofrece respaldo económico a actividades innovadoras que valorizan o mar e o aproveitamento sostible dos seus recursos a través da coñecida como economía azul. Desde 2017, a entidade leva promovidas 52 iniciativas produtivas e non produtivas cu

En marcha o proxecto colaborativo ''Un mar en común'' para dinamizar o tecido asociativo dos GALP

Imagen
É unha iniciativa dos GALP Ría de Pontevedra, Golfo Ártabro Norte, A Mariña-Ortegal xunto co Golfo Ártabro Sur   Os GALP Ría de Pontevedra, Golfo Ártabro Norte, A Mariña-Ortegal xunto co GALP Golfo Ártabro Sur acaban de poñer en marcha o proxecto colaborativo ''Un mar en común: A afouteza da xente do mar'' co obxectivo de fortalecer o tecido asociativo dos GALP e dotar de ferramentas ás persoas e entidades para mellorar a súa relación e a súa comunicación interna e externa.   O plan de traballo permitirá facer un diagnóstico da situación na que se atopa o sector social e iniciar un conxunto de accións, como talleres e intercambios de boas prácticas, para impulsar a cooperación e a colaboración interterritorial.   O proxecto organízase en catro fases. Na primeira, entrevistaranse aos integrantes das asociacións dos GALP para coñecer as súas posturas. Na segunda terán lugar os cursos de formación seguindo as nece

O Maridar III promove a riqueza dos produtos do mar e da terra da comarca das Mariñas

Imagen
O GALP Golfo Ártabro Sur acudiu ao evento profesional e lúdico cun estand propio para informar e divulgar o labor da entidade   A última fin de semana de setembro, o Galp Golfo Ártabro Sur acudiu cun estand propio á feria "Maridar: 3º Encontro Sabor das Mariñas" p romovida pola Federación de Asociaciones Empresariales de As Mariñas (FAE). Esta 3ª edición do evento profesional celebrouse no paseo de Santa Cristina, en Perillo (Oleiros), despois de que as dúas anteriores se celebrasen en Sada e Culleredo. Igual que nas dúas anteriores ocasións, o Maridar III foi financiado polo GALP Golfo Ártabro Sur para o seu desenvolvemento.   O intenso programa de eventos, gastronómicos, lúdicos e profesionais que incluía o Maridar III prolongouse desde a tarde do xoves 23 ao domingo 26 de setembro  para que veciños e visitantes puidesen gozar coa riqueza dos produtos do mar e da terra da comarca das Mariñas.   Ao acto inaugural,

Novo apoio á oitava edición do Festival Mar de Mares

Imagen
A capela de San Roque de Sada acollerá todo o mes de outubro a exposición “Somos mar II” de artistas galegos ou residentes en Galicia   Outro evento apoiado polo GALP Golfo Ártabro Sur é o 8º Festival Mar de Mares. Entre o 23 e o 26 de setembro, volveu converter a cidade da Coruña nun gran escenario para “celebrar” os mares ao tempo que reivindicar a súa importancia e a necesidade de coidalos para manter a nosa forma de vida. Igual que en edicións anteriores e desde 2019, o festival recibiu unha subvención do GALP Golfo Ártabro Sur para apoiar o seu desenvolvemento. Entre as actividades paralelas que se prolongarán en outubro, a capela de San Roque de Sada acollerá a exposición “Somos mar II” na que artistas galegos ou residentes en Galicia ofrecerán a súa visión do océano e a súa relación cos mares. En distintos formatos, vídeo, escultura, debuxo, instalación e fotografía, estas pezas, creadas especificamente para esta oitava edición

Entrega dun diploma de boas prácticas á Open Science de Cambre

Imagen
  É un recoñecemento da Red Española de Grupos de Pesca (REGP) que seleccionou o proxecto como evento exemplar     A feira de divulgación científica Open Science , promovida polo Concello de Cambre e polo club de ciencia XentD100cia, tivo este ano como fío condutor os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS). Durante toda a fin de semana do 18-19 de setembro, o GALP Golfo Ártabro Sur acudiu cun stand para informar aos asistentes do seu traballo, dos proxectos desenvolvidos, das oportunidades para novos promotores, así como dos proxectos que se están a levar a cabo. Entre eles, polo público asistente ao evento, destacou “RelevoII – Mocidade a Bordo” mediante o cal deuse a coñecer aos máis novos as saídas laborais vencelladas ao mar, e mostrarlles o mundo mariño como un abanico de posibilidades de futuro. Así mesmo, José Garrote, secretario do GALP Golfo Ártabro Sur, foi o encargado de entregar á organización da Open Science un diploma en nome da Red Española de Grupos de Pesca

A exposición colectiva “Somos mar II” amosa a influencia do mar na arte do noso tempo

Imagen
O 1 de outubro inaugurouse na capela de San Roque de Sada a exposición colectiva "Somos mar II", unha das actividades paralelas do Festival Mar de Mares 2021. Presidiron o evento o alcalde do Concello de Sada, Benito Portela; o secretario do GALP Golfo Ártabro Sur, José Garrote; representantes da organización, así como os artistas autores das obras.  “Somos mar II” é unha mostra colectiva na que artistas galegos ou residentes en Galicia ofrecen a súa visión do océano e a súa relación cos mares. En distintos formatos, vídeo, escultura, debuxo, instalación e fotografía, estas pezas, creadas especificamente para esta oitava edición do festival amosan a influencia do mar na arte do noso tempo. A mostra estará complementada con encontros cos artistas.  Relación de obras e artistas: ▪ Raúl Álvarez: "Burning Ice" ▪ Juan Lesta: "Horizonte / 5" ▪ Ruth Montiel Arieas: "In The Depth of Space 2050" ▪ Emile Gireau: "O berce do capitán" ▪ Susana Romá