Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2020

A Rede REMA celebrou unha reunión para tratar as actividades que se levarán a cabo nesta anualidade

Imagen
No encontro telemático participou o xerente do GALP Golfo Ártabro Sur, Federico López Viñas, xunto con entidades do territorio deste GALP, como o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) e o Aquarium Finisterrae. Os xerentes dos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) de Galicia e os representantes dos 27 museos que forman parte da Rede REMA reuníronse esta semana para tratar as actividades que se levarán a cabo nesta anualidade. O encontro realizouse de forma telemática e nel explicóuselles aos museos as accións que se van desenvolver ao longo da vindeira tempada. Á súa vez, analizouse o traballo de campo realizado ata a data, co obxectivo de recoller a información necesaria para o desenvolvemento das iniciativas programadas no marco deste proxecto. Tamén se presentou un borrador do deseño das miniguías para os museos que conforman a rede, así como se debateron as novas propostas de adhesión á Rede REMA. Na reunión participou o xere

Xornadas dixitais para converter o lixo mariño en arte e concienciar sobre a contaminación

Imagen
No V Encontro Internacional do Lixo Mariño, organizado polo CEIDA, Mar de Fábula e RetoqueRetro, falarase da desembocadura de residuos no mar e de como estes poden empregarse para crear arte que sirva para concienciar e sensibilizar sobre este problema ambiental.    As sesións desenvolveranse de 10:00 h a 12:00 h os días 30 de setembro e 1 e 2 de outubro a través da canle de Youtube do CEIDA. O xerente do GALP Golfo Ártabro Sur, que colabora nestas xornadas, estivo na inauguración celebrada hoxe.   A V edición do ‘Encontro Internacional do Lixo Mariño: Crebeiros no Mundo’ foi inaugurada esta mañá. O evento, organizado polo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) , Mar de Fábula e RetoqueRetro coa colaboración do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur , celebrará esta edición de forma dixital ante a situación xerada pola Covid-19. Nas xornadas, que se iniciaron hoxe, falarase da problemática do lixo mariño e de como este

Reunión coas persoas participantes no Relevo2020 para fixar o comezo das formacións

Imagen
O presidente do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur, Alberto Castro, e o xerente, Federico López, reuníronse coas persoas inscritas no proxecto Relevo2020 na sede do GALP para fixar un día e hora para dar comezo ás sesións formativas. As persoas interesadas neste programa aínda poden apuntarse xa que quedan todavía prazas  dispoñibles para o proxecto. Para máis información poderase consultar no GALP ou a través da páxina web www.relevo2020.org

O GALP pon en valor o traballo da xente do mar no Día Marítimo Mundial

Imagen
No Día Marítimo Mundial, e todos os días do ano, desde o Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur ponse en valor o traballo e esforzo constante da xente do mar. Este ano, tamén se quere resaltar a importancia dun transporte marítimo sostible, respectuoso co medio.

Proposta provisional da Xunta Directiva 2ª Convocatoria de 2020

Imagen
  A Xunta Directiva do GALP Golfo Ártabro Sur en xuntanza celebrada hoxe 22 de setembro de 2020, acordou aprobar a proposta de resolución provisional de proxectos que se adxunta.   Esta proposta está tamén publicada no taboleiro de anuncios da oficina de dito GALP e non crea ningún dereito a favor dos solicitantes propostos.     Proposta de Resolución Provisional da Xunta Directiva 2ª Convocatoria 2020   Avaliación de proxectos   Tal e como se reflicte no artigo 24.3 da Orde de bases do 21 de decembro de 2018, da Consellería do Mar, outorgase un prazo de alegacións contra esta resolución de 5 días hábiles contados dende a data da súa publicación.    

O GALP impulsa a formación en carpintería de ribeira cun curso en Lorbé

Imagen
·            O programa está organizado por Os Patexeiros e conta co financiamento do GALP Golfo Ártabro Sur. Aberto o prazo para inscribirse na VIII edición do curso de carpintaría de ribeira organizado por Os Patexeiros e financiado polo Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur no porto de Lorbé, no concello de Oleiros. O curso, que estará impartido por profesionais deste eido, celebrarase os días 3, 17, 24 e 31 de outubro e 7 e 14 de novembro os sábados pola mañá, tendo unha duración total de 24 horas.   O alumnado deste curso poderá aprender a preparar as ferramentas de traballo, crear unha embarcación desde o seu inicio, así como o mantemento desta cando estea realizada con tarefas de calafateo, virado de taboas ou de embreado, entre outras. As persoas participantes poderán poñer os seus coñecementos en práctica na embarcación Nordesia, onde realizarán tarefas de reparación da borda do barco e das táboas que se atopen en mal estado.   A través desta in

O cerco demanda máis cota e incide nas accións medioambientais que se realizan no sector pesqueiro na III edición das súas xornadas

Imagen
No encontro o cerco puxo en relevo a falta de cotas, incidindo en que a súa actividade ten un baixo impacto medioambiental.    O GALP Golfo Ártabro Sur participou no evento organizado por Acerga, que contou con entidades e investigadores do mar para analizar a situación pesqueira nesta materia. Sada, 21 de setembro de 2020. A Casa do Concello de Sada acolleu a III edición da xornada da frota de cerco  “Prácticas de Pesca Sostibles”  organizada pola Asociación de Armadores de Cerco de Galicia (Acerga) .  No encontro, o cerco puxo en relevo a falta de cotas, incidindo en que a súa actividade ten un baixo impacto medioambiental. No encontro celebrado ao longo desta mañá participaron diferentes entidades e investigadores e investigadoras do mundo do mar, que puideron tratar o desenvolvemento sustentable da pesca a través de diferentes relatorios e coñecer que actuacións se poden levar a cabo desde o sector para protexer o medio ambiente. Na inauguración participaron a conselleira do Mar, R

O GALP ultima sinerxías para comezar o proxecto Tanza

Imagen
Representantes do GALP Golfo Ártabro Sur están a rematar a rolda de contactos con entes do mar e asociacións de inclusión social para poder comezar o proxecto. Na iniciativa conxunta participan outros cinco GALP de Galicia. O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur está a ultimar a rolda de contactos coas asociacións de inclusión social e os entes do ámbito do mar do territorio para poñer en marcha o proxecto “Tanza: inclusión social, sector pesqueiro, economía circular” . Esta iniciativa pretende impulsar a inclusión social e laboral das persoas con diversidade funcional no sector do mar. O GALP participa nela xunto cos outros GALP galegos que forman parte do proxecto: Golfo Ártabro Norte, Mariña – Ortegal, Costa da Morte, Costa Sostible e Ría de Arousa. A iniciativa permitirá establecer sinerxías entre os diferentes entes do ámbito do mar e entidades de inclusión social, incrementando a empregabilidade das persoas con diversidade funcion

O GALP recibiu dúas novas iniciativas na convocatoria de proxectos non produtivos de setembro

Imagen
As actuacións consisten na mellora da infraestrutura da lonxa de Sada e na conservación dunha embarcación tradicional. O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur recibiu dous novos proxecto non produtivos na convocatoria de setembro.   O primeiro deles está promovido polo Concello de Sada e consiste na conservación da embarcación tradicional de patexo bautizada como Balbina. O segundo pretende mellorar o equipamento da lonxa de Sada a través da colocación dun fabriquín de xeo nas instalacións. Neste caso, a iniciativa está promovida pola Confraría de Pescadores de Sada. Desde o GALP destacan que seguen a recibir proxectos e a empregar os seus fondos para o desenvolvemento do territorio.   

Os GALP de Galicia acordan flexibilizar a súa estratexia para adaptarse ás necesidades do sector do mar ante a situación xerada pola Covid-19

Imagen
O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur participou na reunión de GALPs e Organismos Intermedios de Gestión (OIG) de Galicia na que se trataron os retos e desafíos aos que se enfrontan estes entes nesta etapa marcada pola crise sanitaria. Na reunión telemática chegouse a importantes conclusións. A primeira delas, a necesidade de flexibilizar a posibilidade de modificar a estratexia de desenvolvemento local participativo (EDLP) ante a situación xerada pola Covid-19 co obxectivo de adaptarse ás necesidades do sector do mar que deriven da situación xerada pola Covid-19.   No encontro tamén se suxeriron posibles cambios para adaptar as funcións atribuídas aos GALP, tal e como se recolle na guía de FARNET “Aplicación efectiva del desarrollo local participativo”. Por outra banda, tamén se anunciou a reactivación do funcionamento da Área Privada dispoñible na páxina web da Red Española de Grupos de Pesca (REGP) na que se poderán atopar foros de participación

Horno San Isidro gaña o premio ao mellor stand na segunda edición de Maridar: Sabor das Mariñas

Imagen
  A panadería forma parte dun dos proxectos ao abeiro do GALP Golfo Ártabro Sur, a raíz do que se mellorou seu equipamento e se impulsou a comercialización dos seus produtos. Sada, 14 de setembro de 2020. Horno San Isidro  gaña o premio ao mellor  stand  na segunda edición de ‘Maridar: Sabor das Mariñas. 2º Encontro de Produtores do Mar e da Terra, Ocio e Turismo de As Mariñas’ pola súa deliciosa oferta gastronómica. As súas empanadas do mar levaron o recoñecemento deste encontro de produtores da comarca das Mariñas. O establecemento forma parte dun dos proxectos ao abeiro do  Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur,  a través do cal se instalou un forno industrial nas súas instalacións e se creou unha páxina web para a venda dos seus produtos, elaborados con produtos do mar e da terra de calidade e proximidade. A través desta iniciativa, o GALP conseguiu mellorar o equipamento deste local e impulsar a súa posta en valor.  

Showcookings, obradoiros de ecoloxía ou mesas redondas na II edición de Maridar, que se inaugurou hoxe

Imagen
-        A segunda edición do evento ao abeiro do financiamento do GALP Golfo Ártabro Sur inaugurouse hoxe en Sada coa presenza da conselleira do Mar, a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, os presidentes de FAE As Mariñas, GALP e Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, así como o alcalde e a concelleira de Turismo de Sada. -        A partir de hoxe e ao londo da fin de semana haberá obradoiros de cociña, degustacións, conferencias, unha entrega de premios e encontros entre produtores, entre outras actividade cousas. -        O GALP Golfo Ártabro Sur contará co seu propio posto, onde dará a coñecer as axudas que ofrece ao sector do mar. Gastronomía, patrimonio e ocio na comarca das Mariñas son algúns dos atractivos que poderán coñecer as persoas que asistan a partir de hoxe e ata o domingo 13 de setembro á segunda edición de ‘Maridar: Sabor das Mariñas,   2º Encontro de Produtores do Mar e da Terra, Ocio e Turismo de As Mariñas’. O acto, organizado pola  Fede

Chega a segunda edición de Maridar: Sabor das Mariñas

Imagen
Os vindeiros días 11, 12 e 13 de setembro celebrarase a nova edición de Maridar: Sabor das Mariñas .  Un evento único no que coñecer os produtos da Comarca das Mariñas a través de charlas, obradoiros de cociña , actividades infantís, demostracións gastronómicas e moito máis. O evento celebraras na Praza Irmáns Suárez Picallo, no concello de Sada O acto está organizado pola  Federación de Asociacións Empresariais das Mariñas  ao abeiro das axudas do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur . O GALP contará ademais cun posto propio no que as persoas interesadas poderán coñecer máis de preto o labor que realiza a entidade así como as axudas que ofrece.  Compartimos con vós a programación das xornadas. 

Aberto o prazo para solicitar as axudas Sherpa Journeys para proxectos relacionados co ámbito do mar

Imagen
A liña de subvencións, enmarcada en Sherpa do Mar, impulsará 12 iniciativas ou negocios vencellados ao sector marítimo-mariñeiro na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. O prazo para presentarse a elas rematará o vindeiro 15 de setembro. Se queres poñer en marcha un proxecto vencellado ao mundo do mar estás a tempo de solicitar as axudas do programa Sherpa Journeys , enmarcado dentro do proxecto Sherpa do Mar . Esta iniciativa pretende apoiar un total de 12 proxectos ou ideas de negocio que estean ligados, de forma directa ou indirecta aos ámbitos mariño e marítimo. O proxecto ‘ Sherpa do Mar: Plataforma Eurorrexional Galicia-Norte de Portugal de fomento da competitividade no ámbito mariño-marítimo a través do impulso de empresas de base tecnolóxica’ constitúe unha plataforma de cooperación trasfronteiriza que busca xerar un ecosistema de emprendemento na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, co impulso da creación de novas empresas no ámbito e o apoio das xa existentes. Os p

Comeza o proxecto Relevo2020 para garantir o relevo xeracional no mundo do mar

Imagen
O programa de formación tamén apostará pola sensibilización co medio que nos rodea A iniciativa está promovida por cinco dos oito Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro que hai en Galicia Ben puntual, ás 18.05h daba comezo onte no auditorio do Museo do Pobo Galego o Acto de Presentación do proxecto RELEVO2020 e facíao da man dunha mesa de mulleres:  - Fátima Abal, alcaldesa de Cambados e membro da xunta directiva do GALP Ría de Arousa, grupo coordinador do proxecto, - Susana Rodríguez Carballo, directora xeral de desenvolvemento pesqueiro e  - Rosa Carballo, xerente do grupo de acción local de pesca Ría de Arousa. Si nalgo coincidiron as intervencións foi en destacar a importancia da formación con mozos e mozas e en sensibilizar de cara ao entorno que nos rodea e en concreto en canto ao sector pesqueiro que, tan  descoñecido resulta á veces aínda para algunhas persoas. O cambio de mesa deu paso á parte máis técnica da iniciativa na que, a xerente do GALP de Arousa estivo acompañad

O GALP Golfo Ártabro Sur participa na VII edición do Festival Mar de Mares financiando unhas xornadas inspiradoras nos centros escolares da comarca

Imagen
As charlas “Oficios do mar” pretenden atraer aos mozos e mozas ao mundo do mar co obxectivo de buscar relevo profesional no sector O groso do festival está previsto entre o 24 e 27 de setembro, pero os encontros nos colexios poden celebrarse ata decembro, previa solicitude en info@festivalmardemares.org Sada, 3 de setembro de 2020.- O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur participa un ano máis no Festival Mar de Mares e nesta VII edición faino presentando os Oficios do mar   á mocidade dos centros educativos da comarca. O Galp Golfo Ártabro Sur financia unhas novas xornadas inspiradoras tituladas Oficios do mar  coas que se pretende atraer aos mozos e mozas a este mundo, na busca de relevo xeracional. O groso do festival, presentado esta mañá na Fundación Paideia, terá lugar entre os días 24 e 27 de setembro na cidade da Coruña, pero estas charlas celebraranse entre setembro e decembro nos centros educativos que o soliciten dos concellos de Arteixo, Be

O proxecto Relevo2020 ultima a súa botadura

Imagen
O proxecto de colaboración RELEVO 2020 é unha iniciativa de carácter formativo promovida por cinco dos oito Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro que hai en Galicia. Despois de máis de dous meses adicados á promoción e difusión, contacto con entidades colaboradoras e captación de alumnado o proxecto RELEVO 2020 preséntase nun ACTO que terá lugar o vindeiro xoves día 3 de setembro ás 18h no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela. A iniciativa que prevé comezar coas sesións presenciais entre o 15 e o 20 de setembro, diríxese a mozos e mozas maiores de 16 anos que estean empadroados nalgún dos 50 concellos que conforman os territorios dos cinco GALP promotores (ver información en relevo2020.org). O proxecto desenvolverase en dous cuatrimestres (o primeiro de setembro a decembro de 2020 e o segundo de xaneiro a abril de 2021) e contará con 30 prazas en cada un dos territorios, que serán cubertas por orde de inscrición e atendendo a un reparto homoxéneo nos concellos dos terri