OUTROS TRÁMITES

 

PROCESO DE CAMBIO DE PROVEDOR

1.       PROCEDEMENTO

Os cambios de provedor deben ser comunicados polo beneficiario, mediante sede electrónica no procedemento PE155A de “Modificacións ou melloras voluntarias”, ante o GALP, no caso de que por causas sobrevenidas exista un cambio de provedor.

No caso de que exista o cambio de provedor deberá ser comunicado polo promotor expoñendo, de forma razoada, as causas e consecuencias do mesmo.

2.       DOCUMENTACIÓN NECESARIA

Para a comunicación de cambio de provedor será preciso enviar a documentación mínima que se especifica a continuación.

a)       Comunicación de cambio de provedor   VER MODELO

b)      Orzamentos do novo provedor

c)       Calquera outra documentación que xustifique o cambio de provedor.


PROCEDEMENTO DE SOLICITUDE DE ANTICIPO E PAGAMENTO PARCIAL

1.       PROCEDEMENTO

Os anticipos deben ser solicitados polo beneficiario, mediante sede electrónica no procedemento PE155A de “Achega de documentación separada da solicitude”, ante o GALP, no caso de que o promotor así o precise.

Unha vez solicitado polo promotor, por resolución motivada, poderá autorizarse un anticipo de ata o 50% da subvención para a anualidade, naqueles casos en que o investimento esixa pagamentos inmediatos.

Os requisitos son os seguintes: 

a)       Os pagamentos anticipados están suxeitos á presentación de garantía nos seguintes casos:

a.       Anticipos que superen os 18.000 euros.

b.       Pagamentos parciais cando a contía da subvención exceda dos 18.000euros.

Estes importes anteriores enténdense referidos á cantidade acumulada dos pagamentos realizados, parcial e/ou anticipadamente.

b)      As garantías constituiranse mediante presentación de aval solidario de entidade de crédito, que deberá cubrir o 110% do importe das cantidades abonada á conta ou que se anticipen, de conformidade co disposto no artigo 67 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, excepto nos casos previstos no artigo 65.4 dese decreto. O aval será depositado na Caixa Xeral de Depósitos da Comunidade Autónoma de Galicia e deberán alcanzar como mínimo ata os dous meses seguintes á finalización do prazo de xustificación previsto.

c)       As garantías serán liberadas despois de que se comprobe a realización do proxecto ou das accións independentes que o compoñan.

d)      O importe conxunto dos pagamentos parciais e anticipados que, no seu caso, se concedesen non poderá ser superior ao 80% da subvención concedida, nin superar a anualidade prevista en cada exercicio orzamentario.

 

2.       DOCUMENTACIÓN NECESARIA

Para a solicitude de anticipo será preciso enviar a documentación mínima que se especifica a continuación.

a)       Comunicación de solicitude de anticipo   VER MODELO

b)      Anexo V  VER MODELO

c)       Anexo VI  VER MODELO

d)      Certificados de estar ao corrente de pago con: Axencia Tributaria, ATRIGA e Seguridade Social.

e)      Modelo 790 de Rexistro do Aval



PROCESO DE RENUNCIA

1.       PROCEDEMENTO

As renuncias deberan ser comunicadas polo beneficiario, mediante sede electrónica no procedemento PE155A de “Renuncia”, ante o GALP, no caso de non ser capaz de realizar a actuación para a cal se concedeu a axuda.

O GALP elevará a proposta de resolución á Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro pola que se comunique dita renuncia.

2.       DOCUMENTACIÓN NECESARIA

Para a comunicación de renuncia será preciso enviar a documentación mínima que se especifica a continuación.

a)       Comunicación de renuncia   VER MODELO






Comentarios

Entradas populares de este blog

Enmalle Studio

En marcha los nuevos proyectos para la convocatoria 2025

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024