Entradas

Mostrando entradas de agosto, 2024

Inscríbete no Roteiro Teatralizado "Son do Mar III"

Imagen
 Foto: Francisco Pillado González 📣📣 ¡¡¡ Participa en Son do Mar III !!! Inscríbete no noso Roteiro teatralizado que nesta anualidade amosa o pasado vencellado ao mar da cidade de A Coruña.  📅  O sábado 21 de setembro ás 9.30h  🕤 Ás 9.30h no mercado de San Agustín ( A Coruña) 🖊️ Inscríbete no QR ou AQUÍ   Comenzando no mercado de San Agustín, percorreremos os puntos máis singulares vencellados ao mar para finalizar na Lonxa da Coruña. Neste percorrido adentraremonos no pasado da cidade mediante recreacións teatrais baseadas nos anos 50 e 60. Non o podes perder!! Prazas limitadas. Colaboran: Concello de A Coruña, Autoridad Portuaria Porto de A Coruña, Lonja de A Coruña, ACERGA G M T Detectar idioma Afrikáans Albanés Alemán Árabe Armenio Azerí Bengalí Bielorruso Birmano Bosnio Búlgaro Canarés Catalán Cebuano Checo Chichewa Chino (Simp) Chino (Trad) Cincalés Coreano Criollo haitiano Croata Danés Eslovaco Esloveno Español Esperanto Estonio Euskera Finlandés Francés Galés Gallego Georg

Públicase as bases para contratación de persoal técnico para o GALP Golfo Ártabro Sur.

Imagen
Públicase as bases para contratación de persoal técnico para o GALP Golfo Ártabro Sur. Acordo  de Xunta Directiva de 19 de Agosto de 2024. Datas de publicación 28 de agosto ao 17 de setembro de 2024 Bases de Contratación Temario   ANEXO III – Temario para a proba escrita (Proba 2ª) 1. Estatutos da asociación Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Sur. 2. Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar da Xunta de Galicia e a asociación “Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Sur” para a aplicación da estratexia de desenvolvemento local participativo (EDLP) no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) 2021-2027. 3. Estratexia do Desenvolvemento Local da Zona Pesqueira do Golfo Ártabro Sur 2023-2027. 4. Programa Operativo para España do FEMPA (Programa SFC2021 para el FEMPA), aprobado por decisión da Comisión de 29 de novembro de 2022 C(2022) 8732. 5. Criterios de selección para a concesión de axudas no marco d

Xa temos gañador do concurso de fotografía “Ollando cara ao mar II”

Imagen
O concurso online de fotografía “Ollando cara ao Mar”, que realiza o GALP cada verán, este ano 2024 ten como gañador a Daniel Díaz Grandío coa súa fotografía “Costa de Oleiros dende Eirís con amencer de nubes”.  Dende o grupo anunciamos con estusiasmo que un ano máis o concurso “Ollando cara ao Mar” tivo unha participación moi importante, e deixounos maravillosas olladas cara ao mar, que foron expostas nas nosas redes sociais.  Dende o GALP Golfo Ártabro Sur felicitamos a Daniel Díaz pola súa impresionante instantánea e farémoslle entrega dunha estancia espectacular nas Cabanas de Canide (Proxecto subvencionado dende o GALP golfo Ártabro Sur). Do mesmo xeito, queremos agradecer a todos aqueles participantes no roteiro, por compartir as vosas incribles olladas. E esperamos poder contar coa vosa participación na vindeira anualidade e seguir atesourando olladas cara o noso mar. “Ollando cara ao mar II” Dende o 25 de xullo, aproveitando a proximidade do día de Galicia, O GALP Golfo Ártabro

Concesión de Axudas GALP 2024: avances e oportunidades para o desenvolvemento sostible

Imagen
O Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur anunciou a avaliación exitosa coa concesión do 75% dos proxectos presentados na convocatoria de axudas para o ano 2024. A valoración positiva dos proxectos resulta nunha importante inversión total de 1,4 millóns de euros. Esta iniciativa subliña o compromiso co desenvolvemento sostible e a mellora continua no sector pesqueiro. A maioría dos proxectos foron aprobados pola Consellería do Mar, evidenciando o forte apoio institucional á dinamización do territorio e ao fortalecemento das conexións co mar. Dos proxectos aprobados, un significativo número céntrase en mellorar a trazabilidade, a calidade e o valor engadido dos produtos do mar, así como en optimizar as instalacións e as condicións de traballo. Este compromiso reflicte a intención de reforzar a sustentabilidade e a responsabili dade no uso dos recursos mariños. A revisión técnica e a valoración da directiva do GALP Golfo Ártabro Sur resultaron nunha alta taxa d

Actividades de Sensibilización e Valorización no Golfo Ártabro Sur – Mar de Mares

Imagen
O proxecto "Mar de Mares" pretende resaltar a riqueza do océano e concienciar sobre os desafíos que afronta este esencial ecosistema. A través do Festival Mar de Mares, combínanse diversas disciplinas como arte, ciencia, activismo, educación, gastronomía, deporte e emprendemento para crear unha plataforma integral en apoio ao mar. A continuación, detalhamos as actividades desenvolvidas dentro deste proxecto: Exposición Fotográfica de Mandy Barker Mandy Barker, unha das fotógrafas máis destacadas na actualidade, presentou a súa serie “Sopa de plástico” en espazos públicos de Sada e Oleiros. Esta exposición fotográfica, centrada na problemática da contaminación por plásticos nos océanos, captou a atención de numerosos visitantes. As imaxes, que destacan a presenza de residuos plásticos no mar, son utilizadas para sensibilizar ao público sobre a importancia de reducir a contaminación marina. O carácter estético e impactante das fotografías axuda a transmitir un poderoso mensaxe

Festas Patronais de Sada: unha celebración de tradición e festividade

Imagen
Fotografía sacada de Memoria de Sada As Festas Patronais de Sada, que se celebran cada ano do 15 ao 18 de agosto, son un dos eventos máis esperados e destacados no Golfo Ártabro Sur. Fanse en honra aos patróns do municipio - Santa María, San Roque e San Mamede - ofrecen unha completa programación de actividades para todos os públicos ao longo de todo o mes de agosto. O día 18 de agosto, a celebración culmina coa sua tradicional Sardiñada, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia. Este evento gastronómico, onde se poden degustar deliciosas sardiñas asadas, é seguido por un espectacular lanzamento de fogos artificiais que ilumina o ceo de Sada para pechar as festas. Unha das tradicións que marcou o inicio destas festas foi o desfile de carrozas, tamén coñecido como a “batalla de flores”, que se celebraba o 15 de agosto. Durante esta atracción central, as pandillas locais competían creando elaboradas carrozas decoradas con flores, esforzándose por mostrar a súa creatividade e gaña