Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2019

Mugardos, novo destino de “O océano que nos une”

Imagen
·          Esta exposición itinerante forma parte dun proxecto dos oito GALP de Galicia vencellado á REMA. ·          Permanecerá no municipio ata o 6 de outubro.   A exposición itinerante "O océano que nos une" chega ao concello de Mugardos . Esta mostra forma parte dun proxecto dos oito GALP de Galicia vencellado á Rede de Espazos Museísticos Atlánticos (REMA). Podedes visitar a exhibición no Centro de Interpretación de Caldoval ata o vindeiro 6 de outubro. O horario de visitas ata o 30 de setembro será de martes a domingo de 10:30 h a 14:00 h e de 16:30 ha 20:00 h. A partir do 1 de outubro, a mostra poderá visitarse no mesmo horario o venres, sábado e domingo.

O Golfo Ártabro Sur analizará en outubro a súa xestión e o cumprimento da EDLP

Imagen
·          A través dunha avaliación intermedia, analizarase a evolución e o cumprimento da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo para corrixir posibles deficiencias. ·          Na análise intervirán órganos sociais e órganos de participación. Para o Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur é de vital importancia coñecer a evolución e o cumprimento da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) . Para iso dispón dun plan de seguimento e avaliación que se divide en tres fases: inicial, avaliación intermedia e final. En outubro terá lugar a avaliación intermedia , na que se tomarán as medidas necesarias par adaptar o programa a cada un dos lugares que conforman o territorio do GALP. Isto ben dado despois da primeira fase na que xa se deseñou a estratexia a seguir a través da análise do territorio. O proceso de avaliación intermedia constitúe un periodo vital para realizar medidas correctoras que adecúen a estratexia a seguir

Fin de semana de ciencia en Cambre o Open Science

Imagen
·          Un total de 8.000 persoas visitaron esta feira científica segundo o Concello. ·          A iniciativa contou co financiamento do Golfo Ártabro Sur.   Esta fin de semana celebrouse en Cambre a Open Scienc e , unha feira científica organizada polo club de ciencia do instituto local IES David Buján e o Concello de Cambre. A iniciativa contou co financiamento do Golfo Ártabro Sur . Durante a Open Science estudantes de diferentes centros e clubs de ciencia puideron amosar os seus proxectos nos seus propios stands , así como gozar das actividades que tiveron lugar ao longo destes dous días.    Desde o Golfo Ártabro Sur continuamos a impulsar as actividades de difusión científica entre os máis novos, futuro do noso territorio. Tamén agradecemos o interese de todas as persoas que se achegaron a este evento e a todos aqueles alumnos e alumnas que o fixeron posible.

Sada acolle a exposición “Sopa de plástico” co apoio do Golfo Ártabro Sur

Imagen
Esta mañá tivo lugar a inauguración da exposición “Sopa de Plástico” da artista británica Mandy Barker . A exhibición atópase no bulevar das Mariñas, no concello de Sada , e poderá visitarse ata o 20 de outubro. Esta mostra ten como obxectivo concienciar sobre a situación na que se atopa o plástico mariño . A artista emprega o lixo atopado no mar para crear impactantes imaxes. A obra de Barker recibiu diversos premios de fotografía medioambiental e xa foi exposta en lugares como o Victoria&Albert Museum de Londres , a sede de Nacións Unidas en Nova Iorque e o Parque Tecnolóxico e Científico de Hong-Kong . No acto de presentación da exposición estiveron Federico López Viñas, xerente, e José Garrote Martín, secretario, do GALP Golfo Ártabro Sur , que impulsou o Festival Mar de Mares , evento dentro do que se enmarca “Sopa de Plástico”. Garrote amosou o compromiso deste GALP co Festival Mar de Mares.

Proposta de resolución provisional de Xunta Directiva da 2ª convocatoria de 2019

Imagen
A Xunta Directiva do GALP Golfo Ártabro Sur na reunión celebrada hoxe día 18 de setembro de 2019, acordou aprobar a proposta de resolución provisional dos proxectos presentados para a 2ª convocatoria da anualidade 2019. Esta aprobación provisional, non crea ningún dereito a favor dos solicitantes propostos. Nas ligazón que se encontran a continuación, poderanse visualizar a documentación aprobada; esta proposta tamén está publicada no taboleiro de anuncios da oficina de dito GALP. PROPOSTA PROVISIONAL AVALIACIÓN DE PROXECTOS Tal e como se reflicte no artigo 24.3 da Orde de bases do 21 de decembro de 2018, da Consellería do Mar, outorgase un prazo de alegacións contra esta resolución de 5 días hábiles contados dende a data da súa publicación.

O GALP desenvolverá proxectos de aforro enerxético e divulgación científica por valor de máis de 1 millón de euros

Imagen
·          As accións para a posta en valor dos produtos do mar ou o impulso da cultura mariñeira tamén forman parte dos 11 plans que o Golfo Ártabro Sur porá en marcha. A Consellería do Mar e Desenvolvemento Pesqueiro aprobou os proxectos propostos polo Golfo Ártabro Sur para a primeira convocatoria de 2019. Neste ano desenvolveranse 11 iniciativas , das cales 5 son produtivas e 6 non produtivas . Todas elas terán un custo total de 1.408.468 euros.   As iniciativas inclúen proxectos de mellora enerxética en diferentes instalacións do sector pesqueiro, plans de divulgación científica , accións para a posta en valor dos produtos do mar ou impulso da cultura mariñeira , entre outras cousas. Neste ano os proxectos non produtivos (un total de 6), inclúen dous eventos de divulgación científica. Un deles é o Open Science Cambre , un acto no que os alumnos de diferentes escolas e clubs de ciencia poderán amosar os seus experimentos, algúns deles relacionados co mar. Este proxec

CleanAtlantic, a iniciativa que busca protexer o Espazo Atlántico do lixo mariño

Imagen
Garbine Ayensa, do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia, INTECMAR, e Luis Gómez do Centro Tecnológico del Mar, CETMAR, presentaron na xornada “Por un mar de vida e oportunidades” organizada polo GALP Golfo Ártabro Sur o proxecto CleanAtlantic . Esta iniciativa pretende protexer a biodiversidade e os ecosistemas mellorando a capacidade de prevención, monitorización e eliminación do lixo mariño que se atopa no Espazo Atlántico . Á súa vez, busca   concienciar aos sectores que están implicados e mellorar o sistema de xestión deste tipo de residuos. A iniciativa inclúe estudos que permitirían establecer cales son as orixes dos residuos mariños e por onde se moven, elaborando mapas que permitan coñecer onde se localizan os puntos de acumulacións de lixo. O sector pesqueiro ten un papel importante, xa que o programa tamén pretende deseñar iniciativas de pesca de residuos e reducir os aparellos de pesca que rematan no fondo do mar, entre outras medidas

A lonxa da Coruña modernizou a súa iluminación grazas a un proxecto financiado polo GALP Golfo Ártabro Sur

Imagen
  A iniciativa tiña como obxectivo o aforro enerxético e o desenvolvemento enerxético sostible da lonxa. Con este proxecto mantivéronse 3 postos de traballo. O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur está comprometido co medio ambiente, por iso levou a cabo, ao longo dos últimos anos, diversas accións de aforro enerxético e de impulso cara unha economía baixa en carbono en lugares como a Lonxa da Coruña, sita nun dos portos máis importantes de España e da Unión Europea. No 2017 o Golfo Ártabro Sur desenvolveu un proxecto de modernización das luminarias a través de tecnoloxía LED e equipos con máis de seis anos de vida útil nesta lonxa. Para conseguilo investiu 101.738,13 €. Esta reforma tiña como obxectivo principal a mellora da eficiencia enerxética da empresa a través da modernización das instalacións da lonxa, mellorando a competitividade e a posibilidade de manter o emprego . Deste xeito conséguese tamén aproveitar o patrimonio me

Traiñeiras e campamentos mariñeiros para impulsar o remo tradicional e os valores ambientais en Oleiros

Imagen
O GALP Golfo Ártabro Sur amosou o seu compromiso co remo tradicional a través de proxectos como o de “Posta en valor do remo tradicional e dos valores naturais e patrimoniais do Golfo Ártabro Sur” . Esta iniciativa levouse a cabo no 2018 no concello de Oleiros, concretamente nos clubs de remo Club Regatas Salgado-Perillo e Centro Deportivo Mariñeiro de Mera. O plan tiña como obxectivos poñer en valor o remo tradicional , así como os valores ambientais e patrimoniais do Golfo Ártabro Sur , incrementar e dinamizar o turismo na zona e, ademais, implementar boas prácticas medio ambientais nos diferentes eventos deportivos deste ámbito. Para conseguir estas metas organizáronse regatas de traiñeiras feminina e masculina, actividades de concienciación ambiental vencelladas ás regatas -incidindo no persoal dos clubs, socios e monitores de actividades marítimas- e aos centros educativos do territorio do Golfo Ártabro Sur, así como campamentos mariñeiros en época estival. Des

"O océano que nos une" chega á lonxa turística de Fisterra

Imagen
“O océano que nos une" , exposición itinerante da Rede de Espazos Museísticos Atlánticos (REMA) , chegará ao concello de Fisterra o xoves 12 de setembro. A inauguración da exhibición terá lugar ese día ás 12:00 horas na sala de exposicións da lonxa turística. As persoas interesadas en asistir poden mandar un mail a info@redrema.eu ou chamar ao 636 111 893 . A exposición estará aberta ao público desde a súa inauguración ata o 22 de setembro todos os días de 16:00 h a 20:00 h. Para máis información podedes consultar na páxina web da Rede de Espazos Museísticos Atlánticos https://bit.ly/2jWw9fQ

O Clube de Regatas Salgado-Perillo comeza o novo curso

Imagen
O Club Regatas Salgado-Perillo comeza o novo curso o vindeiro 7 de setembro coas clases de remo para maiores de 15 anos, que terán lugar en Santa Cristina. O obxectivo destas é captar remeiros e remeiras para o equipo e seguir a Tradición Ártabra. Este curso durará ata o 5 de outubro e terá lugar os martes e xoves de 19:30 h a 21:30 h e os sábados de 10:30 h a 12:30 h. As persoas interesadas poden enviar a súa solicitude ao mail crperillo@yahoo.es. Tamén te podes unir ao club enchendo o formulario que se atopa na seguinte ligazón https://bit.ly/2m1pbac , onde poderás atopar toda a información que precises sobre o equipo.  

A "Mar Asoballada" converte o lixo en arte co obxectivo de concienciar sobre o medio ambiente

Imagen
Desde mañá, venres 6 de setembro, ata o sábado 2 de novembro, poderase visitar “A Mar Soballada” , unha exposición creada por Mar de Fábula , Retoque Retro e Ars Ciencia (Mare Plasticum) no Castelo de Santa Cruz, en Oleiros . Nela os tres colectivos empregan as crebas e o lixo recollido na ribeira para facer arte con eles, tendo como obxectivo concienciar á poboación sobre a situación na que se atopa o mar, que cada ano recibe toneladas de residuos procedentes do ser humano.

Empanada, biscoito e outros produtos locais de calidade elaborados grazas a dous proxectos do Golfo Ártabro Sur

Imagen
A xornada “Por un mar de vida e oportunidades” organizada polo GALP Golfo Ártabro Sur contou, ademais de cos relatorios sobre o plástico mariño, cunha degustación e comida con produtos enmarcados dentro de dous proxectos deste GALP. Na degustación as persoas asistentes puideron probar as empanadas e as sobremesas elaborados dentro do “Proxecto para a fabricación e comercialización de Empanadas do Mar con produtos do Golfo Ártabro” . Unha iniciativa que conseguiu rehabilitar un local comercial para empregalo como obradoiro de empanadas . A través da colaboración dos pescadores locais e os produtores agrícolas da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo , apórtanse os materiais de calidade que permiten facer estas delicias. Por outra banda, ao rematar a xornada realizouse unha comida con produtos do proxecto “Optimización de procesos e mellora na comercialización” . O obxectivo desta iniciativa é perfeccionar o proceso de manipulación do peixe para mellorar a

O plan de Mar de Fábula para contribuir a reducir o lixo mariño

Imagen
Xosé Manuel Barros, de Mar de Fábula, estivo na xornada “Por un mar de vida e oportunidades”. Alí falou do traballo desta asociación, que promove a recollida dos residuos que se atopen na beira do mar, ben por mor dun temporal, polas correntes do mar ou por ser arrastrados ata alí desde terra. Deste xeito a entidade busca evitar que o lixo volva ao mar. Podedes atopar máis información sobre Mar de Fábula na súa páxina web seguindo esta ligazón http://www.mardefabula.org/es .

Solucións para reducir o plástico mariño e darlle unha segunda vida nunha xornada en Sada

Imagen
●        O GALP Golfo Ártabro Sur organizou no día de hoxe “Por un mar de vida e oportunidades”, que pretendeu concienciar sobre os plásticos que contaminan o mar. ●        No acto de inauguración do evento estiveron o presidente do GALP Golfo Ártabro Sur, o alcalde do Concello de Sada e o xestor da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Sada, 30 de agosto. Recoller un fío na praia ou apañar un anaco de plástico nunha inmersión no mar. Estas accións son algunhas das que destacaron os poñentes da xornada “Por un mar de vida e oportunidades” á hora de concienciar aos asistentes sobre a necesidade de actuar e dar unha resposta á contaminación de residuos no mar . O evento, centrado nos plásticos mariños , tivo lugar esta mañá , venres 30 de agosto, no salón de plenos do Concello de Sada . Esta xornada -organizada polo GALP Golfo Ártabro Sur coa que colaborou o Concello de Sada e a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo - achegou a unha