EMPREAMAR a túa oportunidade de emprendemento mariño
Queres emprender no ámbito mariño? EMPREAMAR é a túa oportunidade! Presentación: Lonxa -Porto de Sada 30 de Xaneiro 2020 ás 11h. INSCRÍBETE: 881 929 057 / 981 620 075 www.aedlsada.gal EMPREAMAR é un programa de xeración de coñecemento, formativo e de titorización, asesoramento e acompañamento a persoas emprendedoras orientado ao aproveitamento sostible dos recursos mariños materiais e inmateriais do territorio do GALP Golfo Ártabro Sur, especificamente no entorno do concello de Sada. O proxecto está promovido polo Concello de Sada, financiado polo GALP Golfo Ártabro Sur e nel colaboran a Cofradía de Pescadores de Sada e o Campus do Mar da Universidade de A Coruña. NON DEIXES PASAR A TÚA OPORTUNIDADE!