Entradas

Mostrando entradas de enero, 2024

Aberta a nova convocatoria de axudas 2024

Imagen
  Dende o día 1 de febreiro xa se poden solicitar axudas ao mundo do mar mediante os fondos FEMPA.   Hoxe foron publicadas no DOGA a nova convocatoria de axudas FEMPA para esta anualidade 2024, que se poderá solicitar en sede electrónica mediante o procedemento PE155A. https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240131/AnuncioG0427-291223-0001_es.html  Dende o GALP Golfo Ártabro Sur, estase a comunicar a tódolos posibles promotores cos que se mantivo reunión, que xa está aberto o prazo para a presentación das axudas, e lembrar que é moi importante poñerse en contacto co grupo antes da presentación dos proxectos. Isto permite comprobar que toda a documentación está correctamente cumprimentada, e así evitar a inadmisión de axudas por problemas de forma na documentación. Nas redes sociais e no blog do grupo, atoparase máis información das axudas e o procedemento de solicitude. Dende o GALP estase a ver esta convocatoria con grandes expectativas, pois espérase acadar o millón de

Traballando para conseguir novos proxectos

Imagen
Dende o GALP Golfo Ártabro Sur estase a traballar para conseguir novos proxectos na próxima convocatoria 2024. Dende o GALP Golfo Ártabro Sur estamos a traballar na difusión da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) para dar a coñecer as oportunidades que os fondos FEMPA poden traer ao noso territorio. Moitos promotores son os que pasaron estes días pola oficina do grupo solicitando información sobre as axudas e asesoramento para o desenvolvemento das súas ideas. Dende o grupo estamos á espera da nova apertura de convocatoria para este ano 2024, que se espera para o día 1 de febreiro, e sobre todo, satisfeitos do traballo ben feito nas pasadas anualidades en relación á dar a coñecer o GALP, pois cada vez son máis persoas que acoden solicitando as axudas. Na primeira convocatoria do período FEMPA, foi un grande éxito no territorio do GALP Golfo Ártabro Sur superando o importe de medio millón de euros en solicitud

O GALP Golfo Ártabro Sur realiza unha xornadas coas AEDL do territorio

Imagen
  Os técnicos das AEDL do territorio acoden á reunión co GALP Golfo Ártabro Sur para coñecer os fondos FEMPA O GALP Golfo Ártabro Sur convocou ás Axencias de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL) do territorio a unha xornada onde se deron a coñecer as axudas FEMPA e as posibilidades que estas ofrecen no territorio. Técnicos dos concellos foron informados das posibilidades que tiñan os emprendedores ou desempregados que pasan polas súas oficinas dentro das axudas do GALP. Varias foron as iniciativas comentadas que poden ser futuros proxectos financiados polo GALP Golfo Ártabro Sur. O traballo conxunto entre as AEDL e o GALP Golfo Ártabro Sur propiciará a posibilidade de fornecer unha oportunidade a todos aqueles que queiran emprender no territorio.

Os concellos do GALP informados dos fondos FEMPA

Imagen
  O GALP Golfo Ártabro Sur está a traballar con cada un dos concellos do territorio para facilitar a posibilidade de solicitude de proxectos. Os concellos do GALP Golfo Ártabro Sur son entidades dinamizadoras que proporcionan ao territorio novos servizos e actividades vencelladas moitas delas co mar. O traballo conxunto das entidades locais co GALP está a permitir establecer as bases dos posibles proxectos financiados mediante os fondos FEMPA que acheguen aos cidadáns e visitantes ao mar, pero sempre dende unha práctica sostible e respectuosa co litoral. O GALP Golfo Ártabro Sur espera conseguir que os proxectos subvencionados sexan tanto ou máis frutíferos que os subvencionados mediante os fondos FEMP no programa pasado. 

Noves proxectos de cooperación entre os GALP galegos

Imagen
  Os GALP galegos reuníronse para sentar as bases dos novos proxectos de cooperación O pasado 17 de xaneiro os xerentes dos GALP galegos tiveron unha reunión para fixar as bases dos novos proxectos de cooperación que se levarán a cabo nos territorios. Moitos son os proxectos de cooperación que se levaron a cabo no programa FEMP, e en multitude deles participou o GALP Golfo Ártabro Sur. Entre eles atopamos: Ruta dos Faros, Pasaporte REMA, Relevo 2020, Mar de Velas, Rimartes, PescaConCiencia, etc. Desta reunión, sacaranse os proxectos que se levarán ás directivas de cada un dos grupos, onde se aprobarán as propostas que sexan máis beneficiosas para o territorio. Pronto teremos as novas propostas para encamiñar esta nova andaina de proxectos de cooperación a través do FEMPA.

O GALP Golfo Ártabro Sur estrea nova imaxe no 2024

Imagen
  O GALP Golfo Ártabro Sur está a traballar na diferenciación e coñecemento da marca que permita chegar a tódolos públicos e conseguir unha mellor dinamización da EDLP. O GALP Golfo Ártabro Sur está a traballar na actualización da súa imaxe corporativa para a publicidade das convocatorias de axudas que permita chegar a tódolos públicos e unha personalidade propia que facilite aos promotores coñecer o grupo. O GALP Golfo Ártabro Sur manterá a súa imaxe corporativa institucional, que diferencia e anua a tódolos GALPs galegos, e a maiores terá unha imaxe propia que permitirá a distinción de cada un dos territorios para a promoción dos fondos segundo as EDLPs.  

O GALP Golfo Ártabro Sur acolleu nas súas instalacións un curso das OPPs do Cantábrico

Imagen
O “Curso de observación electrónica y obligación de desembarque” foi levado a cabo nas instalacións do GALP Golfo Ártabro Sur   O GALP Golfo Ártabro Sur acolleu nas súas instalacións o curso de OPPs del Cantábrico “Observación electrónica y obligación de desembarque”. Esta actividade tivo como anfitriona a ACERGA OPP82 que é unha entidade socia do GALP. Este tipo de cursos instrúen aos pescadores do Golfo Ártabro en procesos de pesca máis selectivos e coidadosos co medioambiente, unha das liñas principais da Estratexia do GALP Golfo Ártabro Sur. Nesta xornada abordáronse as seguintes temáticas: -       Sistemas de monitorización electrónica. Descripción dos equipos e instalación a bordo. -       Traballo e adaptación en distintas flotas. Proxectos desenrolados e adaptación a novos programas. -       Presente e futuro. Novos reglamentos. Adaptación das flotas aos novos requisitos. -       Obriga de desembarque. Ferramentas para o seu cumprimento. -       Análise das imax

Os proxectos presentados no GALP Golfo Ártabro Sur están en xustificación

Imagen
Dende o día 20 de decembro de 2023 tódolos proxectos presentados á convocatoria de axudas do GALP Golfo Ártabro Sur para o 2023 están en proceso de xustificación Esta primeira convocatoria do período FEMPA, foi un grande éxito no territorio do GALP Golfo Ártabro Sur superando o importe de medio millón de euros en solicitude de axudas. Entidades de todo tipo do territorio foron os promotores, e tódolos proxectos aprobados están en marcha. Dende o día 20 de decembro os promotores de proxectos GALP no Golfo Ártabro Sur están en proceso de xustificación. A xunta directiva e o equipo técnico do grupo están a dar prioridade a esta labor para conseguir que os proxectos se executen coa máxima eficiencia e os promotores consigan reciban os seus pagamentos o antes posible para afrontar o reto da anualidade 2024.