A pandemia acelerou e dixitalizou trámites que favoreceron o funcionamento do sector. E sobre todo, puso en evidencia o valor das persoas e a súa seguridade dentro das organizacións
O día despois deste atípico San Xoán, Manuel Casal aténdenos por teléfono cunha enerxía que contaxia. Xerente de Frigoríficas Botana, unha empresa conxeladora que opera con peixe fresco e conxelado situada no porto da Coruña, danos a súa visión global do sector, o que supuxo para a súa empresa e as oportunidades que está provocando. Comezamos! 1. Para poñernos en situación, podedes contarnos un pouco sobre a vosa actividade? Si claro, Frigoríficas Botana traballa en dous tipos de mercado; o de fresco que fornece ao mercado no día a día e o de conxelado, onde vai o produto que non foi ao mercado de fresco, excedente, campañas ou ata especies migratorias. É dicir, mercamos produto nas canles locais, procesámolos e aportamos valor engadido neste proceso para a posteriori comercializalo en múltiples canles, sobre todo en mercados internacionais como África, Oriente medio e Europa do Leste, aínda que tamén cada vez máis Asia. Por exemplo, que estea directamente relacionado co