Reunións para elaboración da nova Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP)
A mediados de xullo, no GALP Golfo Ártabro Sur comezamos as reunións para a construción da nosa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) . Todos os encontros están abertos á cidadanía co obxectivo de trazar unha folla de ruta colaborativa e integradora que recolla o máximo de ideas e necesidades e beneficie a todo o noso territorio de actuación. A Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) é un documento que vai a orientar a aplicación do novo Fondo Europeo Marítimo, da Pesca e da Acuicultura (FEMPA) para o período 2021-2027. Os GALP de Galicia imos colaborar coa Consellería do Mar na súa posta en marcha e para isto, antes estamos traballando desde a base achegando ideas. Neste sentido, o sector pesqueiro, as institucións, as entidades sociais e a cidadanía poden identificar cales son as necesidades do noso territorio e definir os retos e liñas de actuación para mellorar a situación da zona costeira entre Bergondo, Sada, Cambre, Culleredo, Oleiros,