Entradas

Mostrando entradas de 2022

Entrega do recoñecemento de boas prácticas á Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas - Betanzos

Imagen
A Red Española de Grupos de Pesca (REGP) incluíu o seu proxecto de ecoturismo no "V Catálogo de Buenas Prácticas en DLP del FEMP". O secretario do GALP Golfo Ártabro Sur, José Garrote, entregou o pasado 22 de decembro ao presidente da Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas – Betanzos, José Antonio Santiso Miramontes e ao xerente , Jorge Blanco, o recoñemento pola inclusión do seu proxecto de ecoturismo no "V Catálogo de la Red Española de Grupos de Pesca (REGP) de Buenas Prácticas en DLP del FEMP" . Esta nova experiencia financiada polo GALP Golfo Ártabro Sur permite “ver” o fondo do mar sen mergullarse a través dunhas gafas de realidade virtual coas que visualizar vídeos 360º de zonas de gran valor ecolóxico. Este proxecto é un dos tres financiados pola nosa entidade e incluídos no catálogo oficial da REGP. Os outros dous son os  proxecto de cooperación  Proxecto Tanza , a través do que se propuxo a creación dun ecosistema emprendedor de proxectos e inicia

Calendario do GALP Golfo Ártabro Sur para 2023

Imagen
Todas as persoas que desexen unha copia do noso calendario, só teñen que pasarse polo nosa sede na Casa do Mar de Sada para solicitar un exemplar.   Como é habitual, no GALP Golfo Ártabro Sur publicamos un almanaque para o próximo ano incluíndo o calendario luar e a táboa de mareas, dúas referencias moi importantes para os profesionais do mar. As fotos que ilustran cada mes son algunhas das imaxes ganadoras do noso I Concurso Online de Foto “Ollando cara ao mar” e das actividades que desenvolvemos ao longo deste ano 2022 no que conmemoramos o Ano Internacional da Pesca e da Acuicultura Artesanais (AIPAA) da FAO. Todas as persoas que desexen unha copia do noso calendario, só teñen que pasarse polo nosa sede na Casa do Mar de Sada (Avda. do Porto, 21).

Un estudo ambiental contabiliza en 2.226 a poboación de especies mariñas e terrestes do territorio

Imagen
A mostra sobre esta investigación pode verse na sede do GALP Golfo Ártabro Sur ata finais de xaneiro. Todas as entidades interesadas poden solicitarlla á entidade de xeito gratuíto. O Grupo Naturalista Hábitat presentou o estudo “Descubrindo os ecosistemas do Golfo Ártabro Sur” que realizou a instancias da entidade co obxectivo de facer unha radiografía ambiental do territorio a día de hoxe. O resumo do mesmo está “condensado” na exposición do mesmo nome e que ata finais de xaneiro se pode ver na sede do GALP (1ª planta da Casa do Mar de Sada). A mostra está a disposición de todas as entidades que a soliciten no email galpgolfoartabrosur@gmail.com ou nos teléfonos 881 896 417 – 604 053 257. Tras meses de investigación, os investigadores de Hábitat determinaron que nos 7 municipios de Bergondo, Sada, Oleiros, Cambre, Culleredo, A Coruña e Arteixo hai unha poboación total de 2.226 especies, das cales 826 son mariñas e 1.271 terrestres, e 129 poden estar presentes tanto na costa e coma

Entrega dos tres premios do I Concurso Online de Foto “Ollando cara ao mar”

Imagen
Os ganadores gozarán de tres experiencias de ocio náutico na nosa ría obsequiadas por Cadenote Yatch, a Escola Náutica de Sada (ENSA) e Altavela. Na tardiña do pasado 19 de decembro, tras o acto de presentación das liñas estratéxicas da nova EDLP, entregamos os premios do I Concurso Online de Foto “Ollando cara ao mar” promovido polo GALP Golfo Ártabro Sur o verán pasado e que contou coa colaboración de tres empresas de ocio náutico do territorio. As 24 imaxes finalistas sometéronse a votación popular no perfil de Facebook do GALP entre o 1 e o 17 de agosto e as tres fotos máis votadas resultaron as ganadoras. Ver no noso Facebook todas as fotos que se presentaron ao concurso >> https://www.facebook.com/media/set/?set=a.1298707197201053&type=3 O primeiro premio foi para Manuel Suárez Blanco pola súa foto a “A bravura do mar desde a costa de Mera (Oleiros)”, que gozará dun curso de vela práctico para unha persoa, na ría de Betanzos, obsequiado por Cadenote Yatch. Suárez Blanco

O GALP Golfo Ártabro Sur aumenta un 44,3% o crédito para financiar proxectos do sector mar-pesca no seu territorio

Imagen
Xestionaremos un presuposto de 4.327.320,47€ durante o vindeiro período de fondos europeos FEMPA 2021-2027.  A cifra supón un incremento de 1,4M€ máis, un 44,3%, respecto do crédito dispoñible para período FEMP anterior.   A EDLP da nosa entidade foi aprobada definitivamente o pasado 13 de decembro de 2022 pola Consellería do Mar.   No próximo período FEMPA (Fondos Europeos da Pesca e da Acuicultura) 2021-2027, no GALP Golfo Ártabro Sur xestionaremos un presuposto de total 5.403.873,37€, dos cales, 4.327.320,47€ (o 80%) estarán destinados exclusivamente á subvención de proxectos no territorio de actuación da entidade. A cifra supón un incremento de 1,4M€ máis, un 44,3%, respecto do crédito dispoñible para período FEMP anterior. Desde o GALP consideramos esta asignación unha “moi boa noticia” para axudar a xerar riqueza vinculada ao mar e ao seus produtos nos concellos de Bergondo, Sada, Oleiros, Cambre, Culleredo, A Coruña e Arteixo, xa que a maior parte dos promotores serán peq

A Comisión Europea aprobou o programa español do FEMPA 2021-2027

Imagen
  O programa operativo para os sectores da pesca, a acuicultura, a transformación e a comercialización está dotado con 1.120,44M€. A principios de mes recibimos unha nova moi importante para o sector mar-pesca. A Comisión Europea aprobou o programa español do FEMPA (Fondo Europeo, Marítimo da Pesca e da Acuicultura) 2021-2027. Da prioridade 3 dependen as EDLP, as Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo que rexen a actividade dos GALP. O programa está dotado con 6.108M€ en axudas para os sectores da pesca, a acuicultura, a transformación e a comercialización. Desta cantidade, máis de 1.120,44M€ corresponden a España, o primeiro país perceptor do FEMPA, cun 21,1% do orzamento do fondo en xestión compartida. A sostibilidade será o eixo fundamental para calquera tipo actuación que se financie a través do FEMPA. De feito, como sinalou o Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación, o programa operativo español desenvolveuse no marco das estratexias capitais para Europa coma

O GALP Golfo Ártabro Sur investiu case 3M€ dos fondos europeos FEMP para xerar riqueza no seu territorio

Imagen
Exitosa se pode considerar a xestión dos fondos europeos FEMP 2014-2020 por parte do GALP Golfo Ártabro Sur xa que do total do presuposto (3M€), asignaron practicamente o 100% dos fondos (2.978.582,80€) a medio cento proxectos que xeraron riqueza no territorio ademais de crearse 24 novas empresas e 169 postos de traballo, entre novos e consolidados, na cadea de valor do sector pesqueiro. A zona de actuación da entidade son os concellos de Bergondo, Sada, Oleiros, Cambre, Culleredo, A Coruña e Arteixo. Estes resultados presentáronse nunha xornada aberta ao público no edificio A Senra presida pola alcaldesa de Bergondo, Alejandra Márquez, e o secretario do GALP, José Garrote. O presidente, Alberto Castro, clausurou o evento. A parte lúdica puxérona o monologuista Víctor Grande e a Agrupación Musical de Pulso e Púa “Carlos Seijo”, ambos con actuacións centradas no mundo do mar. A xornada  completouse coa presentación do libro e vídeos dos proxectos FEMP e a axenda institucional do Ano I

Tres proxectos do GALP Golfo Ártabro Sur no “V Catálogo de la REGP de Buenas Prácticas en DLP”

Imagen
  Tres proxectos apoiados polo GALP Golfo Ártabro Sur foron incluídos no "V Catálogo de la Red Española de Grupos de Pesca (REGP) de Buenas Prácticas en DLP del FEMP" . Son: ▪ Ecoturismo no Golfo Ártabro promovido pola Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo . Esta nova experiencia permite ver o fondo do mar, sen mergullarse cunhas gafas de realidade virtual coas que visualizar vídeos 360º de tres zonas de gran valor ecolóxico. ▪ Proxecto de cooperación Proxecto Tanza , a través do que se propuxo a creación dun ecosistema emprendedor de proxectos e iniciativas de colaboración entre entidades de inclusión social e o sector pesqueiro. ▪ Proxecto de cooperación Relevo2 para promoción do relevo xeracional entre a mocidade. Do GALP Golfo Ártabro Sur participou o alumnado do IES David Buján (Cambre), IES Monte das Moas (A Coruña), O Mosteirón e Isaac Díaz Pardo (ambos de Sada) e Rego de Trabe (Culleredo).

Celebración do foro final do proxecto PescaConCiencia “Alianza por un futuro sostible”

Imagen
Máis de 80 representantes do sector da pesca artesanal e marisqueo de toda Galicia, xunto con membros da comunidade científica investigadora, xuntáronse o pasado venres 18 de novembro no Museo do Mar de Galicia en Vigo no marco do foro “Alianza por un futuro sostible” do noso proxecto de cooperación PescaConCiencia. Os asistentes valoraron que as mesas de traballo foron moi produtivas. O obxectivo principal de PescaConCiencia foi contribuír á adaptación do sector para os efectos do cambio climático. Para isto, na primeira fase, levouse a cabo un mapeo dos principais grupos de investigación das tres universidades galegas e centros de investigación que tivesen proxectos en activo sobre pesca artesanal e cambio climático en Galicia. Este mapeo permitiu vincular a investigadores referentes da Universidade de Santiago (Sebastián Villasante e Pablo Pita de EqualSea Lab), da Universidade de Coruña (Rodolfo Barreiro do Grupo BIOCOST), da Universidade de Vigo (Emilio Fernández do Grupo de Oce

A Rede Rema impulsa o traballo colaborativo entre os museos e os GALP promotores

Imagen
  Representantes dos Grupos de Acción Local Pesqueira e dalgúns dos museos que compoñen a Rede de Espazos Museísticos Rede Rema desprazáronse ata Peniche (Portugal) para a presentación da exposición “O océano que nos une”. Durante esta viaxe, e ao igual que durante a visita a Castrillón (Asturias) en outubro pasado, o programa incluiu un taller de traballo colaborativo entre os representantes dos museos adheridos á Rede REMA. O obxectivo era presentar unha serie de propostas innovadoras e un conxunto de boas prácticas para poder implementar nos espazos museísticos, así como proporcionar un espazo de intercambio de ideas e xeración de novas actividades colaborativas. Tras a exposición de boas prácticas e exemplos de iniciativas noutros museos do mundo, xerouse un debate moi interesante sobre novas propostas para implementar nos centros da Rede, potenciando o traballo conxunto entre todos os membros.   Visitas a museos locais Tras as xornadas de traballo, o grupo tivo a oportuni

Viaxe de estudo a Aveiro para coñecer o sector pesqueiro desta zona do Atlántico

Imagen
Representantes do GALP Golfo Ártabro Sur realizaron a mediados de novembro unha visita-estudo ao GAC Região de Aveiro (centro de Portugal) para coñecer a realidade da zona, os proxectos que se están a levar a cabo no ámbito do mar e establecer sinerxías. A delegación local estaba composta polo presidente, Alberto Castro García; o secretario, José Garrote Martín; o xerente do GALP, Federico López Viñas; e os membros da directiva Manuel Suárez Blanco, Adelina Pérez Barredo, Ana María Bello Vázquez e Begoña Calviño Dorado. O grupo f oi recibido na Comunidade Intermunicipal por varios resposables do Grupo de Acción Costeira (GAC-RA). Os días seguintes visitaron a Rexión de Aveiro para coñecer proxectos financiados no marco do seu proxecto Mar2020. Fixeron paradas nos municipios da Murtosa, Aveiro, Ílhavo e Vagos. A delegación apreciou a hospitalidade e variedade das iniciativas presentadas, deixando unha invitación ao GAC da Rexión de Aveiro para devolver a visita no GALP Golfo Árt

As experiencias vivas de catorce profesionais do mar visibilizan as amplas posibilidades do sector para fomentar novas vocacións

Imagen
O GALP Golfo Ártabro Sur concluíu na Laboral de Culleredo a segunda xornada de “Profesións do mar” para fomentar o relevo xeracional. Abriron o encontro Susana Rodríguez, D.X. Desenvolvemento Pesqueiro da Xunta de Galicia; Patricia Amado, vicepresidenta do GALP Golfo Ártabro Sur; Estanislao Mallo, xefe de estudos da Laboral e de Jessica Méndez, concelleira de Participación cidadá e Educación de Culleredo. Este encontro forma parte da axenda 2022 do GALP Golfo Ártabro Sur con motivo do Ano Internacional da Pesca e da Acuicultura Artesanais. Durante toda a mañá do luns, 7 de novembro, o CIFP Universidade Laboral de Culleredo converteuse nunha aula viva sobre o sector mar-pesca durante a segunda xornada sectorial “Profesións do mar” organizada polo GALP Golfo Ártabro Sur. Catorce profesionais en activo, algúns con ata 40 anos de traxectoria, de diferentes perfís e sectores presentaron ante o alumnado como é o seu traballo diario e expuxeron as múltiples posibilidades de traballar nu

Destacados profesionais en activo do sector mar-pesca fomentan o relevo xeracional entre universitarios e ensinanzas medias

Imagen
O GALP Golfo Ártabro Sur organizou o xoves, 20 de outubro a primeira sesión da xornada “Profesións do mar” na ETS de Náutica e Máquinas en colaboración coa Universidade da Coruña. O próximo luns 7 terá lugar unha segunda parte no CIFP Universidade Laboral de Culleredo. O acto de inauguración na na Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas estivo presidido polo reitor, Julio Abalde; o presidente de GALP Golfo Ártabro Sur, Alberto Castro; o director da Escola, Manuel Romero, e a xefa territorial na Coruña da Consellería do Mar; María Cancelo, que foi a primeira en intervir. Cancelo quixo agradecer aos promotores da xornada a súa vontade de promocionar o emprego no sector pesqueiro favorecendo a incorporación das mozas e mozos galegos á actividade. Neste sentido, asegurou que a formación é clave para garantir a competitividade do sector marítimo-pesqueiro galego e que siga sendo un referente internacional. Para logralo, subliñou, é fundamental acadar a remuda xeracional nas distintas