Entradas

Mostrando entradas de junio, 2023

O Galp Golfo Ártabro Sur recibe o recoñecemento ao mellor proxecto de boas práctica da Red Española de Grupos de Pesca

Imagen
Hoxe iniciouse a sesión plenaria da Red Española de Grupos de Pesca, coa entrega dos V Recoñecementos de boas prácticas.  O GALP Golfo Ártabro Sur foi galardanado polo Proxecto "Ecoturismo no Golfo Ártabro" da Asociación Mariñas - Betanzos entidade xestora da Reserva da Biosfera Mariñas - Coruñesas e Terras do Mandeo como ao mellor proxecto de boas prácticas no período 2020-2021.  O galardón foi recollido polo Secretario do GALP Golfo Ártabro Sur, D. José Garrote Martín.  Neste acto tamén foi entregado o recoñecemento ao mellor proxecto de boas prácticas de cooperación, coordinado polo GALP A Mariña - Ortegal, e dos que fumos parte o GALP Golfo Ártabro Norte, Costa Sostible, Ría de Arousa, e Ría de Pontevedra, e Golfo Ártabro Sur, proxecto de economía circular e inserción sociolaboral das persoas con diversidade funcional e sector pesqueiro. Foi recollido polo Presidente do GALP Mariña - Ortegal.