Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2020

O GALP impulsou a cultura mariñeira e a inclusión a través de tres proxectos de cooperación

Imagen
Imaxe do proxecto Relevo 2020 As iniciativas ‘Pasaporte REMA’, ‘Relevo 2020’ e ‘Tanza’ contruibuíron a poñer en valor o patrimonio, formar á mocidade e crear un espazo de emprendemento inclusivo.  O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur desenvolveu neste 2020 tres proxectos de cooperación xunto cos diferentes GALP de Galicia, que tiveron como principais obxectivos poñer en valor e difundir o patrimonio mariñeiro atlántico, formar á mocidade na busca dun relevo xeracional no ámbito do mar e crear un ambiente de emprendemento inclusivo. Os tres proxectos desta condición nos que participou o GALP foron o ‘Pasaporte REMA’ -Rede de Espazos Museísticos Atlánticos-, ‘Relevo 2020’ e ‘Tanza: inclusión social, sector pesqueiro, economía circular’. Pasaporte REMA O proxecto Pasaporte REMA, dentro da iniciativa Rede de Espazos Museísticos Atlánticos (REMA), naceu para dar a coñecer o mundo mariñeiro á xuventude e mocidade co obxectivo de preservar a cultura e historia

O GALP investiu este ano preto de 600.000 euros para 11 proxectos que permitiron mellorar infraestruturas e crear emprego

Imagen
Posto en Maridar, iniciativa financiada polo GALP A liña de subvencións do grupo deu lugar, ata o día de hoxe, a 5 novos postos de traballo e mantemento doutros 47, á creación de 4 novos negocios e á formación de máis de 300 mulleres. O Golfo Ártabro Sur informa de que o prazo para solicitar as súas  axudas seguirá aberto ata o 1 de marzo de 2021.  O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur financiou este ano 2020 un total de 11 proxectos no ámbito do mar que permitiron crear e manter postos de traballo, mellorar infraestruturas e formar a persoas no sector. As iniciativas contaron cun investimento de 587.020,92 euros. Proxectos de mellora enerxética, de protección e coidado do medio ambiente, de inclusión, difusión e formación, así como de mellora de equipamento, son algunhas das propostas que o GALP subvencionou neste 2020 co obxectivo de impulsar o desenvolvemento do territorio, composto polos concellos da Coruña, Arteixo, Bergondo, Cambre, Culleredo, Oleir

O GALP renova a súa Xunta Directiva na Asemblea Xeral de Socios

Imagen
O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur celebrou a Asemblea Xeral de Socios para elixir a nova Xunta Directiva para o próximo exercicio.  No encontro nomeáronse os 17 membros que compoñerán a directiva, escollidos nas mesas sectoriais que se celebraron con anterioridade. Neste encontro votouse quen deles desempeñará os cargos de presidente/a, vicepresidente/a, secretario/a e tesoureiro/a que quedou da seguinte maneira: Presidente: Alberto Castro García Vicepresidenta: Patricia Amado Varela Tesoureira: Adelina Pérez Barredo Secretario: José Garrote Martín O evento reuniu a socios e representantes das diferentes mesas sectoriais –sector público, do mar, empresarial e social- que con anterioridade designaron aos 17 compoñentes da nova Xunta Directiva, contando con integrantes de diversos organismos e institucións pertencentes ao territorio. Así pois, a Xunta queda composta da seguinte maneira: Nombre Organización Patricia Amado

A Asociación Síndrome de Williams Galicia gaña o certame de postais de Nadal organizado polo GALP

Imagen
Postal da Asociación Síndrome de Williams Galicia, gañadora do concurso A Asociación Síndrome de Williams Galicia érguese como gañadora do concurso de postais de Nadal do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur. Este certame estaba dirixido ás entidades de diversidade funcional do territorio co obxectivo de darlles visibilidade e achegalas ao mundo do mar para impulsar a inserción laboral aproveitando estas datas tan sinaladas. As postais participantes, entre as que se atopaban as de entidades como Aspanaes, Aspadisol, Aspace Coruña, Asociación AIND e Artefios, sometéronse ás votacións dos usuarios e usuarias a través de Instagram, Twitter e Facebook, sendo a proposta da Asociación Síndrome de Williams Galicia a gañadora por ser a que máis 'Me gusta' obtivo. Como premio ao primeiro posto, a entidade recibiu un agasallo e a súa creación foi empregada para felicitar as festas desde o GALP.  As entidades que participaron crearon unha postal de Nadal rela

O Concello de Sada organiza un taller gratuíto para fomentar o emprendemento no sector do mar financiado polo Galp Golfo Ártabro Sur

Imagen
-  O programa desenvolverase entre o xoves 17 e o mércores 23 de decembro e aínda quedan prazas dispoñibles O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur financia ao Concello de Sada o programa de formación Empreamar, que busca fomentar o emprendemento no ámbito mariño. O obradoiro de carácter gratuíto, vai dirixido a persoas que teñan intención de iniciar unha actividade empresarial relacionada co ámbito mariño co obxectivo de darlles apoio no estudo e planificación da idea.  O curso, de 35 horas teórico-prácticas, desenvolverase desde este xoves 17 ata o mércores 23 e aínda quedan prazas dispoñibles. A formación inclúe xornadas de visita a empresas do sector e unha de ‘outdoor training’.  As persoas interesadas, deben contactar coa Axencia de Emprego e Desenvolvemento Loca (AEDL) do Concello de Sada a través dos teléfonos 881 929 057 e 620 765 150 ou enviar un correo electrónico a aedl@sada.gal.  A través da iniciativa, financiada polo polo GALP Golfo Ártabro S

Postais de Nadal pola diversidade funcional

Imagen
O GALP Golfo Ártabro Sur organiza un concurso de felicitacións de Nadal dirixido ás entidades de diversidade funcional do territorio co obxectivo de visibilizar o importante labor que levan a cabo e achegalos ao sector para impulsar a inserción laboral. Cada entidade que desexe participar deberá enviar unha única postal antes do 15 de decembro. A que máis ‘Me Gusta’ teña nas redes do GALP recibirá un agasallo e será a empregada polo grupo para felicitar as festas. O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur organiza un concurso de postais de Nadal dirixido a entidades de diversidade funcional do territorio. O obxectivo é darlles visibilidade e achegalas ao mundo do mar para impulsar a inserción laboral aproveitando estas datas tan sinaladas. Así pois, as entidades que desexen participar deberán crear unha postal de Nadal relacionada co mar, podendo estar ambientadas ou inspiradas no Golfo Ártabro, ou no mundo do marítimo en xeral. Poderanse empregar as técnicas

O GALP Golfo Ártabro Sur financia un taller do Concello de Sada para o emprendemento no ámbito mariño

Imagen
O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur financia a formación Empreamar, que porá en marcha o Concello de Sada. Esta diríxese ás persoas que teñan intención de iniciar unha actividade empresarial relacionada co ámbito mariño co obxectivo de darlles apoio no estudo e planificación da idea. A través da iniciativa búscase fomentar o emprendemento ao tempo que se aproveitan e promocionan os recursos naturais do medio mariño. A formación consta de 35 horas teórico-prácticas, xornadas de visita a empresas do ámbito e unha de ‘outdoor training’. O taller conta con 25 prazas. As persoas interesadas en participar nel poden contactar coa AEDL do Concello a través dos teléfonos 881 929 057 e 620 765 150 ou enviar un correo electrónico a aedl@sada.gal. A data límite para inscribirse é o 13 de decembro. O curso está financiado polo GALP Golfo Ártabro Sur, o Fondo Europeo Marítimo e da Pesca e a Consellería do Mar.