Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2022

Presentada a EDLP 2023-2027 aos fondos FEMPA

Imagen
Desde a directiva do GALP Golfo Ártabro Sur felicitamos a todos os colaboradores polo gran traballo colectivo realizado   O pasado venres 23 de setembro, dende o GALP Golfo Ártabro Sur presentamos a nosa candidatura como Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro aos fondos FEMPA (Fondos Europeos da Pesca e da Acuicultura) xunto co documento final da memoria da EDLP (Estratexia de Desenvolvemento Local Participativa). A realización da EDLP foi un gran traballo colectivo no que participaron ducias de cidadáns individuais a través das reunións físicas e online, así como as entidades socias do GALP e axentes territoriais do sector pesqueiro, acuícola e náutico, entre outros. Desde a directiva da entidade queremos agradecer a todos a achega de ideas, o coñecemento compartido e o traballo realizado para elaborar o documento en prazo e forma, cando as datas e as marxes nas que había que traballar eran realmente curtas e complexas. Repetir o bo traballo feito A EDLP é un documento e

Reunións de traballo para elaboración da EDLP

Imagen
  En total, convocáronse seis reunións presenciais e online, ademais dunha asemblea extraordinaria   Durante os pasados tres meses, desde o GALP Golfo Ártabro Sur convocáronse reunións de traballo para a elaboración da nova EDLP (Estratexia de Desenvolvemento Local) do grupo. Ademais destas reunións presenciais e online, tamén estivo dispoñible un formulario online ( https://forms.gle/dEeZA3zfoxRTYBoY7 ) e un email (maraberto.edlp@gmail.com) para que todas aquelas persoas, con interese, pero que non podían acudir, enviasen as súas achegas. Todas estas mesas e reunións foron cruciais para o desenvolvemento da EDLP, así como para coñecer máis profundamente os problemas do territorio, crear sinerxias e propoñer metas para perseguir que o Golfo Ártabro Sur sexa un territorio de referencia no desenvolvemento local e no crecemento e fortalecemento do seu tecido, que traia prosperidade aos seus habitantes. REUNIÓNS XULLO 15/07, reunión presencial en Sada 29/07, reunión online  

A exposición “La flota del Golfo Ártabro” finalizou o seu percorrido na Coruña

Imagen
Durante mes e medio, a veciñanza do territorio puido coñecer a nosa historia mariñeira   A estadía no mercado da praza de Lugo (A Coruña) foi a última parada da nosa exposición itinerante “La flota pesquera del Golfo Ártabro Sur”. En total, foi un mes e medio de percorrido no que a veciñanza do noso territorio poideron achegarse á nosa historia e cultura mariñeiras. Antes, e tras a inauguración na Casa da Cultura Pintor Lloréns de Sada a finais de xullo, os quince paneis da mostra poideron verse en Oleiros, Arteixo e por último, na Coruña. Nos paneis había interesantes datos sobre a evolución da frota pesqueira, desde os barcos do día aos do arrastre de altura, as artes de pesca que empregan, ou as especies máis habituais entre as capturas. Tamén se reservou un espazo para dar a coñecer polo miúdo a intensa labor que realizan a diario os traballadores do mar vinculados a cada unha das catro confrarías do territorio: A Coruña, Sada, Lorbé e Mera.

Intensa axenda para o mes de outubro

Imagen
O xoves 20 de outubro organizamos a xornada “Oficios do mar” na ETS de Náutica e Máquinas da UDC A axenda do mes de outubro preséntase intensa para o GALP Golfo Ártabro Sur xa que, durante todas as semanas, temos actividades públicas relacionadas cos nosos proxectos de cooperación ou ben eventos propios.   AXENDA DE OUTUBRO 4-5: famtrip do noso proxecto de cooperación RIMARTES (www.rimartes.com) 7: reunión do proxecto de cooperación REMA (Rede de Museos do Eixo Atlántico) en Asturias ( www.redrema.eu ) 10: taller do proxecto de cooperación Pescaconciencia na nosa sede en Sada 13: xornada de ecoturismo da Reserva da Biosfera na nosa sede en Sada. 14: clausura do noso proxecto de cooperación Relevo2. Mocidade a bordo ( https://arenariacoordinacion.com/relevo2 ) 20: xornada "Oficios do mar" organizada polo GALP Golfo Ártabro Sur na ETS de Naútica e Máquinas da Universidade da Coruña.   Atentos ás nosas redes, onde iremos informando daquelas actividades abert

Exposión pública do Plan de Acción do GALP Golfo Ártabro Golfo Ártabro Sur

Imagen
  Exposición pública do novo Plan de Acción do GALP Golfo Ártabro Sur que guiará o novo período de programación FEMPA 2021-2027    Aqui podes coñecer o novo plan de acción do GALP GOLFO ÁRTABRO SUR. 👇👇👇👇  Plan de acción GALP Golfo Ártabro Sur