Entradas

Mostrando entradas de agosto, 2019

Sada acollerá mañá unha xornada sobre os plásticos mariños organizada polo GALP Golfo Ártabro Sur

Imagen
·         Diferentes organismos e empresas abordarán a problemática dos residuos que se atopan no mar e sobre como estes poden ser reempregados.         ·         Na inauguración do evento estarán o presidente do GALP Golfo Ártabro Sur, o alcalde do Concello de Sada, un representante da Consellería do Mar e o xestor da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Sada, 29 de agosto. Mañá, venres 30 de agosto, terá lugar a xornada “Por un mar de vida e oportunidades” organizada polo GALP Golfo Ártabro Sur . Nela abordaranse os coñecementos e retos para a redución e eliminación dos plásticos mariños e como estes residuos poden constituír unha oportunidade para o emprendemento ao darlles unha segunda vida. O acto terá lugar de 10:00 a 14:00 horas no salón de plenos do Concello de Sada . O evento conta coa colaboración do Concello de Sada e a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo , e a el asistirán poñentes de diferentes organismos

A Coruña acollerá en setembro a sexta edición do Festival Mar de Mares

Imagen
·         O evento pretende concienciar sobre a importancia de coidar os océanos e contribuír á divulgación científica. ·         O GALP Golfo Ártabro Sur financia este festival que converte durante catro días á cidade da Coruña en capital mundial dos océanos. Estades preparados para unha nova edición de Mar de Mares ? Este festival, que se celebra do 18 ao 22 de setembro na Coruña, ten como obxectivo concienciar sobre a defensa dos océanos e contribuír á divulgación científica . Para conseguilo realizaranse ao longo deses días exposicións, concertos, encontros, monólogos científicos e proxeccións relacionadas co ámbito mariño, entre outras moitas actividades para persoas de todas as idades que queiran descubrir todo sobre o mar. Cabe destacar o australiano Ocean Film Festival , que estará por primeira vez en España enmarcado dentro de Mar de Mares. O festival, que xa vai pola súa sexta edición, acolleu ao longo das últimas máis de 90.000 amantes do mar , que puid

Os portos de Celeiro, Corme e Burela únense ao da Coruña no proxecto que da unha segunda vida ao lixo mariño

Imagen
·         Upcycling The Oceans ten como obxectivo reciclar e transformar o lixo en material para a moda sostible. ·         Neste contexto, o GALP Golfo Ártabro Sur organiza unha xornada sobre como reducir e eliminar os plásticos que se atopan no mar. O mar convértese cada ano en lugar de acollida de ata 8 toneladas de lixo. Concienciados co medioambiente, Ecoembes e a Fundación Ecoalf impulsan un proxecto que pretende liberar ao mar de todos os residuos que rematan nel e darlles unha utilidade. Upcycling The Oceans busca recoller o lixo dos fondos mariños a través da participación dos barcos pesqueiros para reciclalo e reempregalo para crear fío de primeira calidade. O porto da Coruña, pertencente ao territorio do GALP Golfo Ártabro Sur, encabezou o proxecto en Galicia, ao que agora se unen os portos de Celeiro, Burela e Corme. A iniciativa comezou a súa andaina na comunidade galega no ano 2018. Un total de 140 pescadores de 14 barcos coruñeses recuperaron desde entón

Inscríbete no noso evento "Por un Mar de Vida e Oportunidades"

Imagen
A inscripción ao noso evento "Por un Mar de Vida e Oportunidades" é moi fácil! Envía un correo electrónico á dirección: galpgolfoartabrosur@gmail.com, ou ben chama ao número 881.896.417 e senon cubre o seguinte formulario  PINCHA AQUÍ . ESPERÁMOSTE!!!

O problema do lixo mariño protagonizará a próxima xornada do GALP Golfo Ártabro Sur

Imagen
·      Baixo o lema "Por un mar de vida e oportunidades", o grupo de acción organizará, o próximo 30 de agosto, unha cita no salón de plenos do Concello de Sada. Baixo o lema "Por un mar de vida e oportunidades", o GALP Golfo Ártabro Sur organizará unha xornada na que o lixo mariño será o gran protagonista. A cita terá lugar o venres 30 de agosto, entre as 10.00 e as 14.00 horas no salón de plenos do Concello de Sada. A xornada, que conta coa colaboración do Concello de Sada e da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, estará dividida en tres bloques temáticos nos que intervirán diferentes organismos e empresas expertas na materia.   O primeiro bloque, Coñecementos e retos para a redución e eliminación dos plásticos mariños , contará coa presenza de poñentes do Centro Tecnológico del Mar -Fundación CETMAR e do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia –Intecmar-. Neste apartado, o obxectivo é que as instituc

A exposición itinerante "O Océano que nos une" chega a Laxe

Imagen
Os oito Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) de Galicia organizan a exposición da Rede REMA "O océano que nos une", no Mu seo do Mar do  Concello de Laxe . A inauguración terá lugar o vindeiro mércores 14 de agosto ás 11:00h na planta baixa . Poderedes visitala ata o 25 de agosto. # OMarQueNosUne

"Morada Atlántica" pon en valor o patrimonio mariñeiro a través da gastronomía e os museos

Imagen
·         Unha mostra e 20 restaurantes pertencentes ao territorio GALP Golfo Ártabro Sur forman parte desta orixinal iniciativa. Sada, 7 de agosto. O proxecto de cooperación ‘Morada Atlántica’ impulsa o patrimonio mariñeiro a través do selo Cocina Atlántica e espazos museísticos adicados ao mar. O proxecto deseñado polos GALP Costa Sostible e Costa da Morte para o desenvolvemento sustentable das Zonas de Pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), nace ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP).   Este proxecto de cooperación pretende poñer en valor a cultura e o patrimonio material e inmaterial mariñeiro do territorios atlánticos, empregando como fío condutor a gastronomía. Deste xeito búscase crear un turismo mariñeiro de calidade, promover o desenvolvemento económico, a inclusión social, a creación de emprego e poñer en valor o patrimonio etnográfico, cultural, paisaxístico e ambiental. Con isto tamén se conseguirá est

A Ruta dos Faros, unha forma de coñecer a costa galega desde o mar

Imagen
·         Os GALP son os impulsores deste proxecto de cooperación que permite coñecer o territorio a través de diferentes actividades vencelladas aos profesionais do mar. A Ruta dos Faros constitúe un fermoso itinerario pola costa galega que se pode percorrer a pé, en moto, en caravana, en coche ou incluso en barco. Esta iniciativa impulsada polos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) de Galicia, ten como obxectivo dar a coñecer o territorio galego vinculándoo co mar a través das persoas que traballan nel. O proxecto de cooperación ofrece un turismo mariñeiro de calidade a través de diferentes actividades como a Travesía Náutica Xacobea, peregrinación a Santiago por mar. Unha forma de ver a costa desde a outra perspectiva, combinando a navegación e a ruta terrestre. Dentro do itinerario, as persoas interesadas poden escoller entre a ruta norte -desde Ribadeo a Portosín ou Boiro-Cabo de Cruz- e a ruta do sur -de Baion ou Vigo a Boiro-Cabo de Cruz ou Portosín-. Unha e

A convocatoria dos X Premios Excelencia a la Innovación para Mujeres Rurales seguir aberta ata o luns

O prazo de presentación de candidaturas para a X edición dos Premios de Excelencia a la Innovación para Mujeres Rurales pechará o vindeiro luns, 5 de agosto. Os galardóns, que foron convocados pola Dirección General de Desarrollo Rural, Innovación y Política Forestal del Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación, pretenden impulsar o importante traballo que están a facer as mulleres no rural . Así como destacar a súa traxectoria no sector. A través destes premios recoñécense os proxectos agrarios, pesqueiros e acuícolas máis innovadores e orixinais, así como as accións que impulsen a actividade económica e o emprendemento.   Os premios divídense en catro categorías, con 3 proxectos premiados cada unha: -       “Excelencia a la innovación en la actividad agraria” -       “ Excelencia a la innovación en la actividad pesquera o acuícola”. -       “Excelencia a la innovación en diversificación de la actividad económica en el medio rural o zonas costeras rurales” -