O GALP Gólfo Ártabro Sur impulsou o proxecto “Altavela” para mellorar o turismo náutico no Golfo Ártabro
O GALP Golfo Ártabro Sur apoiou o proxecto “Altavela”, que consiste na adquisición dunha embarcación de vela de 11 metros de eslora, equipada cunha plataforma de baño ampliada e cun deseño innovador dos timones para facilitar o acceso e mellorar a navegación. Esta embarcación está destinada ao alugueiro e é utilizada para rutas de promoción do turismo náutico e mariñeiro ao longo do ano nas zonas do Golfo Ártabro. O proxecto Altavela ten como obxectivo potenciar o turismo náutico sostible, preservando os valores naturais e a funcionalidade dos ecosistemas costeros, ao tempo que mellora a accesibilidade para persoas con discapacidade, familias e maiores. A embarcación conta cun deseño accesible, cunha bañera máis despexada e unha plataforma de baño ampliada para facilitar o acceso. Ademais, o proxecto busca crear postos de traballo no sector náutico, mellorando o benestar da poboación local e xerando oportunidades de desenvolvemento profesional. Tamén se pretende colaborar na ordenación