Entradas

Mostrando entradas de 2023

O GALP Golfo Ártabro Sur levou a cabo a proposta definitiva da convocatoria 2023

Imagen
  Xa está publicada a proposta definitiva de Xunta Directiva da convocatoria 2023. O GALP Golfo Ártabro Sur foi un dos primeiros grupos galegos en emitir a proposta definitiva dos proxectos da convocatoria do 2023. A pesar da novidade do procedemento e do que isto supón na tramitación das axudas ao abeiro da EDLP do GALP, o bo facer e a coordinación do Equipo Técnico do grupo e a Xunta Directiva, fixo posible que o GALP Golfo Ártabro Sur fora un dos primeiros GALPs de Galicia en presentar a súa proposta da convocatoria 2023. Dende o grupo están moi orgullosos do traballo realizado e dos logro acadados nesta primeira convocatoria, que a pesar de ser moi axustada en tempo, acadou solicitudes de proxectos por máis de medio millón de euros. Nas oficinas do grupo estase a notar que o traballo ben feito da o seu froito, pois cada vez son máis os que coñecen o GALP e están a poñerse en contacto co grupo para a realización de proxecto

A Universidade Laboral de Culleredo visita o GALP Golfo Ártabro Sur

Imagen
  Estudantes da Universidade Laboral de Culleredo visitan o GALP Golfo Ártabro Sur para coñecer as axudas das que poden ser beneficiarios   O venres 24 de novembro, estudantes da Universidade Laboral de Culleredo dos ciclos de: “Navegación e pesca de litoral”, “Mantemento e control de maquinaria en buques e embarcacións” e de “Mantemento de embarcacións deportivas e de recreo”, visitaron as dependencias do GALP Golfo Ártabro Sur onde se lles informou das axudas das que poden ser beneficiarios mediante os fondos FEMPA. O interese dos estudantes foi notable, pois moitos descoñecían a cantidade de axudas que pode optar todo aquel que queira realizar a súa actividade no sector do mar. Nesta anualidade visitaron os estudantes as instalacións, e o ano pasado foi o GALP quen visitou o centro, pois os lazos entre o GALP Golfo Ártabro Sur e a Universidade Laboral de Culleredo estanse a estreitar, para facer de forma asidua estas xuntanza

O GALP Golfo Ártabro Sur recibe proxectos por máis de medio millón de euros

Imagen
  Na primeira convocatoria do FEMPA neste ano 2023 o GALP Golfo Ártabro Sur recibe proxectos por un importe superior a medio millón de euros Esta primeira convocatoria do período FEMPA, foi un grande éxito no territorio do GALP Golfo Ártabro Sur superando o importe de medio millón de euros en solicitude de axudas. Entidades de todo tipo do territorio foron os promotores, que tiveron de prazo para a solicitude das mesmas dende o 27 de setembro ata o 26 de outubro. Este novo período consta cun novo procedemento simplificado, que busca a axilización da tramitación e o aforro enerxético levando o proceso ao 0% de papel. Dende o grupo confiase obter maior éxito, se cabe, na seguinte convocatoria que se espera que abra o prazo de presentación entre os meses de xaneiro ou febreiro.

O GALP Golfo Ártabro Sur participa na presentación da Red Nacional de Grupos de Pesca

Imagen
  O GALP Golfo Ártabro Sur participou o pasado 8 de novembro no taller formativo “Nueva web de la REGP”   A Red Nacional de Grupos de Pesca presentou o día 8 de novembro a súa nova páxina web para o período FEMPA, dando un curso de capacitación para os usuarios GAL na gravación de los proxectos FEMPA. O GALP Golfo Ártabro Sur participou na xornada xunto co resto de GALPs a nivel nacional, sendo de moito interese para o traballo na rede. No mes de decembro haberá unha nova Reunión de Traballo, onde coñeceremos en maior profundidade os traballos que se están a realizar a nivel nacional e o punto onde se atopa o programa FEMPA.

Representantes da Consellería do Mar visitan varios proxectos financiados polo GALP Golfo Ártabro Sur

Imagen
  O Concelleiro Alfonso Villares e a Directora Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro Susana Rodriguez, visitaron varios proxectos promovidos pola Cofradía de Pescadores de Sada e financiados polo GALP Golfo Ártabro Sur O pasado mes de outubro, recibimos en Sada a visita do Conselleiro Alfonso Villares e a Directora Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro Susana Rodriguez a varios proxectos promovidos pola Cofradía de Pescadores de Sada e financiados polo GALP Golfo Ártabro Sur. Neste día visitaron os seguintes tres proxectos: “Instalación de paneis solares na lonxa de Sada”, “Aforro enerxético e redución de impacto ambiental na lonxa de Sada e nave de redes a través da modernización de luminarias e equipos de máis de dez anos de vida útil” e “Instalación dun fabriquín de xeo para a mellora da capacidade” Dende o GALP Golfo Ártabro Sur recíbese con alegría que foran os seus proxectos uns dos elixidos para realizar a visita e agradécese o

O GALP Golfo Ártabro Sur está a recibir multitude de consultas sobre a nova convocatoria de axudas FEMPA

Imagen
O equipo técnico do GALP Golfo Ártabro Sur está a traballar na multitude de peticións de asesoramento que están a recibir para a solicitude de proxectos para as axudas. Nestes días a oficina do GALP Golfo Ártabro Sur está a recibir multitude de posibles promotores, principalmente do sector pesqueiro, pedindo información e asesoramento para a solicitude de axudas ao abeiro da estratexia de desenvolvemento local participativo nos fondos FEMPA. O traballo do GALP nestes anos está a dar o seu froito, pois o grupo está sendo un referente no territorio e a cantidade de posibles promotores aumentou de forma exponencial. Ademais, as enquisas que se están a realizar aos promotores sobre a atención recibida polo equipo técnico do GALP Golfo Ártabro Sur, están revelando resultados moi positivos para o grupo, cun índice de satisfacción moi elevado. Tamén cabe especial mención, que no período FEMP 2014-2020 o GALP Golfo Ártabro Sur foi o único

Xa está aberta a primeira convocatoria de axudas FEMPA no territorio do GALP Golfo Ártabro Sur.

Imagen
Dende o día 27 de setembro e ata o 26 de outubro, xa se poden solicitar as axudas ao abeiro da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo no GALP Golfo Ártabro Sur. Unha vez máis, Galicia é a primeira comunidade autónoma que ten xa seleccionados os grupos, aprobadas as estratexias e lanza as aportacións para a presentación de proxectos ao amparo do Fondo Europeo Marítimo da Pesca e Acuicultura para o período 2021-2027. O GALP Golfo Ártabro Sur, está entre os oito GALP elixidos para este período. Entre todos os GALP engloban a máis de 400 organizacións locais, cerca de un cento delas pertencentes ao sector pesqueiro e que representan a máis de 13.000 profesionais do mar. Deste modo, os potenciais beneficiarios destas axudas (pequenas e medianas empresas e persoas autónomas, así como persoas xurídicas sen ánimo de lucro como as confrarías de pescadores ou outras entidades do sector) poden presentar proxectos ao amparo dos GALP

O GALP Golfo Ártabro Sur participou nas xornadas formativas da Consellería do Mar para poñer en marcha o programa FEMPA

Imagen
  Na última quincena de setembro o GALP Golfo Ártabro Sur participou en diversas xornadas de formación para ultimar os detalles do inicio da convocatoria FEMPA Este mes de setembro, o GALP Golfo Ártabro Sur estivo a recibir a formación necesaria para a implantación da nova convocatoria de axudas FEMPA, para isto estívose a traballar en conxunto con Desenvolvemento Pesqueiro da Consellería do Mar. Nestas xornadas formativas presentouse a nova orde para as bases de axudas, a nova tipoloxía de memoria e as novas aplicacións informáticas para a xestión e seguimento do programa, entre outros moitos temas. Dende GALP Golfo Ártabro Sur, vense moi enriquecedoras estas xornadas, pois a posta en conxunto entre os oito grupos e a Consellería do Mar dos temas relacionados coas axudas proporcionan unha visión máis global, que permite achegar ao territorio novas formas de actuación, que propicien novas iniciativas. Ao longo do programa FEMPA,

O GALP Golfo Ártabro Sur estivo presente na Xornada do Proxecto PLATICAS do Porto de Vigo

Imagen
  Un ano máis, o GALP Golfo Ártabro Sur deuse cita na “Jornada de Transferencia del Proyecto PLATICAS” Nesta xornada celebrada o día 15 de setembro, presentáronse os principais resultados obtidos e iniciativas adicionais de colaboración e debatéronse as cuestións máis relevantes que afectan á pesca, a acuicultura mariña e o marisqueo, identificando accións que axudan a abordas os principais retos e oportunidades. O proxecto PLATICAS está financiado pola Secretaría Xeral de Pesca a través da convocatoria de axudas a proxectos en materia de Crecemento Azul no sector pesqueiro e da acuicultura e participan nela sete Espazos de Coñecemento da fachada atlántica española: IH Cantabria (coordinadores do proxecto), Universidade de Oviedo, Universidade de Cádiz, Universidade Las Palmas, AZTI, PLOCAN, e por parte de Galicia, o Porto de Vigo e CETMAR. O obxectivo de PLATICAS e optimizar a xestión sustentable da actividade pesqueira, acuíco

I Curso de Maquetas de Madeira

Imagen
  Xa está aberto o prazo de inscrición ao “estaleiro en miniatura” que está a organizar “Os Patexeiros” O I Curso de maquetas de Madeira xa ten aberto o prazo de inscrición, nel poderanse realizar as embarcacións tradicionais máis emblemáticas do Golfo Ártabro. O curso realizarase tódolos sábados entre o 21 de outubro e o 25 de novembro (ambos inclusive), en horario de 9:45h a 14:00h. A inscrición realizarase no teléfono 696885666 ou no correo: ospatexeiros@gmail.com

O GALP Golfo Ártabro Sur está estudando a posibilidade de certificar produtos do mar baixo o selo de calidade da Reserva da Biosfera

Imagen
  Estase a estudar a posibilidade de que produtos do mar do Golfo Ártabro sexan distinguidos co selo de calidade da Reserva da Biosfera O pasado 10 de agosto nas instalacións do GALP Golfo Ártabro Sur tivo lugar unha reunión con persoal da Reserva da Biosfera, para tratar a posibilidade de certificar produtos do mar baixo o selo de calidade de Reserva da Biosfera. No encontro tamén se trataron diferentes temas, aproveitando a visita de Haideé García Sariego, técnica da marca da Reserva de la Biosfera Valles de Omaña y Luna e Nayara Martínez, alumna de Ciencias do Mar da Universitat d’Alacant, facendo un proveitoso intercambio de experiencias.   A posibilidade de aportar aos produtos do mar un selo de calidade, incrementaría o valor do produto, e ao mesmo tempo proporcionaría unha distinción que facilita aos compradores o coñecemento da orixe e a calidade do produto que está mercando.

O GALP Golfo Ártabro Sur colaborador do XVI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia

Imagen
  Esta anualidade celebrouse en Sada o XVI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia entre os días 3 e 6 de agosto. Entre os días 3 e 6 de agosto, celebrouse en Sada a XVI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, na que colaborou o GALP Golfo Ártabro Sur. O programa do encontro no só estivo composto por saídas a navegar, senón que estivo complementado por multitude de actividades en terra para todas as idades, con talleres, música, xogos, teatro e propostas específicas para o público infantil. Na do encontro inauguración contouse, entre outros, coa presenza do Conselleiro de Pesca Alfonso Villares, o alcalde de Sada, Benito Portela, a Directora Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro Susana Rodriguez, o Director Xeral de Comercio, Manuel Heredia, o diputado provincial Xosé Pernas Corral, o Presidente do GALP Golfo Ártabro Sur, Alberto Castro e como anfitrións o presidente de Culturmar, José Luis Sacau e o presidente de “Os Patexeiros” Miguel Martínez Modroño. Dezaseis

O Galp Golfo Ártabro Sur recibe o recoñecemento ao mellor proxecto de boas práctica da Red Española de Grupos de Pesca

Imagen
Hoxe iniciouse a sesión plenaria da Red Española de Grupos de Pesca, coa entrega dos V Recoñecementos de boas prácticas.  O GALP Golfo Ártabro Sur foi galardanado polo Proxecto "Ecoturismo no Golfo Ártabro" da Asociación Mariñas - Betanzos entidade xestora da Reserva da Biosfera Mariñas - Coruñesas e Terras do Mandeo como ao mellor proxecto de boas prácticas no período 2020-2021.  O galardón foi recollido polo Secretario do GALP Golfo Ártabro Sur, D. José Garrote Martín.  Neste acto tamén foi entregado o recoñecemento ao mellor proxecto de boas prácticas de cooperación, coordinado polo GALP A Mariña - Ortegal, e dos que fumos parte o GALP Golfo Ártabro Norte, Costa Sostible, Ría de Arousa, e Ría de Pontevedra, e Golfo Ártabro Sur, proxecto de economía circular e inserción sociolaboral das persoas con diversidade funcional e sector pesqueiro. Foi recollido polo Presidente do GALP Mariña - Ortegal.

O Galp Golfo Ártabro Sur colabora coa Asociación Patexeiros no II Taller de introducción ás Cartas electrónicas

Imagen
 A Asociación Os Patexeiros coa colaboración do GALP Golfo Ártabro Sur, realiza o II taller de introducción ao uso das Cartas Electrónicas, se realizará nas instalacións do GALP Golfo Ártabro Sur, sitas na Avenida do Porto 21 Baixo, en Sada. O vindeiro sábado 20 de maio de 2023   Aqueles interesados en asistir que se poñan en contacto: No correo electrónico: ospatexeiros@gmail.com Ou polo whatshap no número: 696885666 Prazas Límitadas. De balde para os socios, e unha pequena cota para os non socios.  

O Galp Golfo Ártabro Sur estivo no náutico do Freixo No encontro de entidades e proxectos xurdidos no Programa Tanza organizado polo GALP Costa Sostible

Imagen
 O Pasado venres 14 de abril, no náutico do Freixo, en Outes, tivo lugar o encontro de entidades e proxectos xurdidos no Programa Tanza organizado polo GALP Costa Sostible e a consultura Cidadanía, No que en representación do GALP Golfo Ártabro Sur, estivo a súa Xerencia, Federico E. López Viñas. Nesta xornada tiña como obxectivos: Coñecer os proxectos desenvoltos nos distintos GALP e a súa repercusión na zona costeira. Establecer un espazo de intercambio de proxectos ao redor das iniciativas deeconomía circular derivadas do programa Tanza. Identificar necesidades, lóxicas cooperativas e colaborativas que se puideran dar entre as entidades. Recoller ideas ou boas prácticas que reforzan ás iniciativas que se estántraballando desde cada unha das zonas costeiras.  Nesta xornada coñecimos os proxectos:  Ártabro Inclusivo desenvolto no territorio do GALP Golfo Ártabro Norte conta coa colaboración dos concello de Fene, Ferrol e Narón e as entidades Aspaneps e a Asociación de Saúde Me

O pasado sábado celebrouse nas instalacións do GALP a Xornada de Maquetas de Madeira da Asociación Patexeiros

Imagen
 O pasado Sábado tivo lugar nas instalacións do GALP Golfo Ártabro Sur, a Xornada de maquetas de Madeira, que consistíu nunha charla e exposición de maquetas de embarcacións en madera dada por Carlos Colovad.  Esta actividade realizouse grazas a colaboración entre a Asociación Patexeiros e o GALP Golfo Ártabro Sur, para dar a coñecer o noso patrimonio material e inmaterial mariñeiro.  

O GALP Golfo Ártabro Sur colabora coa Asociación Os Patexeiros no I taller de maquetas de madeira.

Imagen
  O GALP Golfo Ártabro Sur sigue a colaborar coa Asociación Os Patexeiros en prol do patrimonio cultural marítimo de noso territorio, nesta ocasión apoiaremos o I Xornada de maquetas de madeira.     O vindeiro 15 de abril, na aula de usos múltiples do GALP Golfo Ártabro Sur, sita na Avenida do Porto Nº21 -Baixo (Casa do Mar) de Sada se celebrará a I Xornada de Maquetas de Madeira, que terá como poñente ao Mestre Carlos Colovad, promovida pola Asociación Patexeiros. Esta xornada enmarcase na colaboración entre as dous entidades para poñer en valor o patrimonio cultural marítimo de noso territorio. Aqueles interesados en asistir que se poñan en contacto: No correo electrónico: ospatexeiros@gmail.com Ou polo whatshap no número: 696885666 Prazas Límitadas.  

Os equipos técnicos dos GALPs galegos continúan coas reunións de traballo coa Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro.

Imagen
  O equipo técnico do GALP Golfo Ártabro Sur e o resto de equipos técnicos dos GALPs galegos reúnense coa Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro e o seu equipo onde se traballou sobre o peche do Programa FEMP e os novos fondos FEMPA   Neste mes de marzo, o equipo técnico do GALP Golfo Ártabro Sur estivo presente nas diferentes reunións levadas a cabo por tódolos GALPs galegos, tanto presenciais como via telemática, onde se trataron temas como peche de do Programa FEMP, e seguir traballando na nova convocatoria das axudas do fondo FEMPA. Todos os GALPs galegos xunto coa Consellería do Mar están a realizar todas as accións necesarias para poder abrir a convocatoria dos fondos FEMPA nesta anualidade, así como ultimar a documentación para facilitar a tódolos promotores a presentación dos seus proxectos.    

O GALP Golfo Ártabro Sur participa no Taller formativo on line “Novedades FEMPA y criterios para la elegibilidad de proyectos” da Red Española de Grupos de Pesca

Imagen
  O GALP Golfo Ártabro Sur estivo presente na reunión realizada pola Red Española de Grupos de Pesca o pasado 1 de Marzo, cuxo obxectivo foi a transferencia de coñecemento dirixido a fortalecer as capacidades de xestión dos OIG/GALP no ámbito da elixibilidade das operacións . O equipo técnico do GALP Golfo Ártabro Sur estivo no Taller Formativo on line   promovido pola Rede Española de Grupos de Pesca co obxecto de fortalecer as capacidades de xestión das Órganos de Xestión das Comunidades (OIG) e dos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiros nos ámbito da elixibilidade das operacións. Os aspectos que se traballaron son os seguintes: -       Novedades do Fondo Europeo Marítimo, e de Pesca e Acuicultura (FEMPA) -       A normas de comunicación no novo FEMPA -       A Cooperación no novo FEMPA -       Os criterios de selección (admisibilidade e elexibilidade) -       Problemas na xestión: aplicación de axudas de estado, o concepto de poder adxudicador e intensidade da axuda