A exposición “A campaña do argus”, sobre a pesca do bacallau, desembarca no Aquarium Finisterrae
A mostra, multidisciplinar e de esencia marítima, inaugúrase o mércores, 31 de marzo, no Aquarium Finisterrae e poderá visitarse ata o próximo 26 de xuño. A actividade enmárcase no proxecto Pasaporte REMA, iniciativa financiada polo Fondo Marítimo de Pesca (FEMP) na que participan os Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) galegos. A Rede de Espazos con contido Museístico Atlántico (REMA) inicia a singradura da mostra temporal "A campaña do Argus", unha exposición cedida polo Museo Marítimo de Ílhavo (Portugal) e que desembarca este mércores, 31 de marzo , no Aquarium Finisterrae. A inauguración é ás 13.15 horas. O público poderá contemplar o traballo realizado polo reporteiro do National Geographic Magazine e oficial da Armada australiana, Alan Villiers, que acompañou aos pescadores portugueses na procura de bacallau nos caladoiros de Terranova, en Canadá, durante 1950. Villiers viviu máis de cinco meses como camarada dos pescadores portugueses. Desa viaxe po