O GALP Golfo Ártabro Sur levou a cabo a proposta definitiva da convocatoria 2023
Xa está publicada a proposta definitiva de Xunta Directiva da convocatoria 2023. O GALP Golfo Ártabro Sur foi un dos primeiros grupos galegos en emitir a proposta definitiva dos proxectos da convocatoria do 2023. A pesar da novidade do procedemento e do que isto supón na tramitación das axudas ao abeiro da EDLP do GALP, o bo facer e a coordinación do Equipo Técnico do grupo e a Xunta Directiva, fixo posible que o GALP Golfo Ártabro Sur fora un dos primeiros GALPs de Galicia en presentar a súa proposta da convocatoria 2023. Dende o grupo están moi orgullosos do traballo realizado e dos logro acadados nesta primeira convocatoria, que a pesar de ser moi axustada en tempo, acadou solicitudes de proxectos por máis de medio millón de euros. Nas oficinas do grupo estase a notar que o traballo ben feito da o seu froito, pois cada vez son máis os que coñecen o GALP e están a poñerse en contacto co grupo para a realización de proxecto