Entradas

Mostrando entradas de abril, 2022

Tres noticias do GALP Golfo Ártabro Sur destacadas no “Flash en Red” da REGP

Imagen
Foron o programa de eventos do #AIPAA2022 á estrea do documental “Mulleres de auga salgada” e o éxito de concorrencia na última convocatoria FEMP O último número do "Flash en Red" da Red Española de Grupos de Pesca deste mes de abril fíxose eco de tres noticias sobre proxectos do GALP Golfo Ártabro Sur. A primeira delas, o éxito de concorrencia na última convocatoria de axudas FEMP, logro do que tamén demosconta no noso blog . Así mesmo, na sección Multimedia, incluíron a referencia da entrevista a Amparo Dopico, técnico da entidade, en RadioInterCoruña para explicar como preparamos a conmemoración do Ano Internacionalda Pesca e da Acuicultura Artesanais (AIPAA) e todas as accións e actividades que desenvolveremos ao longo deste 2022. Por último, e dentro do mesmo apartado Multimedia, fálase do documental “Mulleres de auga salgada” que estreamos o pasado 8 de marzo con motivo do Día da Muller. Un traballo atemporal a través do que queremos visibilizar o importante papel das

Evento #CamiñodeFuturo en Abegondo

Imagen
  A empresa de servicios náuticos Altavela contou a súa experiencia como promotora do GALP Golfo Ártabro Sur O mércores 20 de abril participamos na xornada de networking #CamiñodeFuturo en Abegondo para explicarlle ás pemes e microempresas do territorio os instrumentos de apoio dos que dispoñen para aumentar a súa competitividade, avanzar no camiño da innovación e seguir xerando riqueza. O evento, que se celebrou en quince concellos de Galicia, estaba promovido pola Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación xunto coa Consellería de Medio Rural e Consellería do Mar contando coa colaboración dos Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) e os Grupos de Acción Local Pesqueira (GALP). Durante o evento interviñeron Patricia Argerey, directora da GAIN (Axencia Galega de Innovación); representantes do IGAPE, da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e do GALP Golfo Ártabro Sur. Tamén contou a súa experiencia como promotora Ana Suero Fernández, da empresa de servicios

Anfitrións do Plan de Cultura Marítima de Galicia Horizonte 2030

Imagen
  Xunto con Golfo Ártabro Norte acollemos unha mesa participativa na que se recolleu información para incorporar ao documento O Plan de Cultura Marítima de Galicia Horizonte 2030 é unha folla de ruta a través da que se definirán os compromisos, as liñas políticas e as iniciativas a adoptar para protexer e promocionar o patrimonio marítimo da comunidade. Esta iniciativa é froito do convenio de colaboración asinado entre a Consellería do Mar coa Universidade da Coruña (UDC) e a súa fundación (FUAC), co obxectivo de redactar un documento base do plan no que se recollerán as liñas estratéxicas, iniciativas e accións a desenvolver no período 2021-2023, así como os pasos a seguir nos seguintes anos. Actualmente, está en marcha a primeira das seis fases que comprenderán o proxecto. Nesta etapa inicial lévase a cabo unha investigación para acadar un diagnóstico concreto da cultura e o mar, así como crear os grupos de expertos e os de traballo para identificar e redactar as liñas de actuaci

Xornadas de tres proxectos de cooperación

Imagen
  De Bitácoras do mar, RIMARTES e Un mar en común   Os proxectos de cooperación nos que participamos continúan a súa andaina. O venres 22 de abril, Bitácoras do mar organizou un parladoiro do proxecto no territorio do GALP Costa Sostible para reflexionar conxuntamente do desenvolvemento sostible das zonas costeiras. Tivo lugar no Hotel Meiga do Mar. Os Parladoiros das Bitácoras son actividades deseñadas en cada un dos territorios promotores do proxecto para favorecer a reflexión conxunta, abordando o impacto global e a transversalidade dos fondos. Tras a xornada no Costa Sostible, o Golfo Ártabro Norte acollerá o venres 6 de maio outra para tratar os retos da costa galega no referente á economía azul e o Pacto Verde. O xoves 12 de maio, no territorio do GALP Ría de Arousa falaremos de identidade das comunidades pesqueiras e de que “é iso de ser de costa”. En xuño, o venres 10 no GALP Ría de Pontevedra afondaremos no modelo de gobernanza das zonas costeiras de Galicia e xa o venr

O GALP Golfo Ártabro Sur promove o II Curso de velería para embarcacións tradicionais

Imagen
O obxectivo da formación é fomentar os oficios tradicionais mariñeiros, entre os que se atopan os amaños das velas O GALP Golfo Ártabro Sur continuamos apoiando a recuperación da cultura mariñeira. O peirao de Oza (A Coruña) acolleu o pasado sábado 23 de marzo a primeira das catro xornadas do II Curso de velería para embarcacións tradicionais promovido mais financiado pola entidade e impartido pola Asociación Os Patexeiros. A formación está dirixida por profesionais especializados nas instalacións da empresa Finishterra Sails. As próximas sesións terán lugar, igualmente, todos os sábados pola mañá (9.45 a 14.00h) o 30 de abril e o 7 e 14 de maio. Ao longo das 16 horas de formación, os 14 alumnos aprenderán o oficio de confección e restauración de velas, principalmente dos barcos tradicionais como os do patexo do Golfo Ártabro Sur. De feito, esta actividade promovida polo noso Grupo atópase na nosa Axenda 2022 para conmemorar o Ano Internacional da Pesca e da Acuicultura Artesanais (A