O interese polo II Curso de velería tradicional chegou ata o País Vasco
.jpeg)
O alumnado confeccionou unha vela cangrexa e a súa funda, destinadas aos coñecidos como “botes do norte” ou "botes do polbo" O sábado 14 de maio, tras 16 horas de formación, finalizou o II Curso de velería para embarcacións tradicionais promovido mais financiado polo GALP Golfo Ártabro Sur. As instalacións da empresa Finishterra Sails, localizada no peirao de Oza (A Coruña) acolleron (9.45 a 14.00h) a última das catro xornadas do curso, que está foi impartido pola Asociación Os Patexeiros. Os 14 alumnos aproveitaron as últimas 4 horas de aprendizaxe para finalizar a confección dunha vela cangrexa e a súa funda. Este tipo de aparello utilízase nos coñecidos como “botes do norte” ou "botes do polbo". Previamente, déronselles unhas nocións básicas e formación teórica para saber como montar e coser as pezas de tela e tamén se achegaron ao barco para tomar medidas para confeccionar a funda a medida. O fin desta aprendizaxe especializada foi fomentar os oficios tradic