Inicio, continuidade e peche de varios proxectos de cooperación GALP
Chegaron á súa fin Rede REMA, Relevo 2020 e iniciaron a súa execución Rimartes ou Bitácoras do mar A conselleira do Mar, Rosa Quintana, destacaba o pasado venres 17, durante a clausura da Rede REMA , o importante papel que desenvolven os grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) na salvagarda e na difusión do patrimonio mariñeiro. Nesta liña puxo, precisamente, como exemplo a Rede de Espazos Museísticos Atlánticos (REMA), que naceu como un proxecto de cooperación destes grupos para divulgar a cultura vencellada co mar. Ao longo da xornada de peche do proxecto Pasaporte REMA, presentáronse resultados de distintas actividades realizadas como a Escape Room 360º para escoalres, entre outras; entregáronse cestas con produtos mariñeiros elaboradas polas redeiras de Corme e premiáronse aos museos que selaron máis pasaportes (selo Remiña). O Pasaporte REMA é unha iniciativa que ten a súa orixe no proxecto Morada Atlántica, no que participaron todos os GALP de Galicia. Só