Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2021

Último mes para solicitar as subvencións do GALP Golfo Ártabro Sur

Imagen
  ·          O luns 1 de marzo finaliza a última convocatoria das axudas europeas do FEMP destinadas a financiar iniciativas relacionadas co mar e coa pesca.   Sada, 3 de febreiro de 2021.- O próximo luns 1 de marzo finaliza a última convocatoria para que particulares, empresas ou entidades soliciten as axudas europeas do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP) tramitadas polo GALP Golfo Ártabro Sur. Están destinadas a financiar proxectos vinculados co mundo do mar e da pesca, directa ou indirectamente, na súa área de actuación que comprende os concellos de Bergondo, Sada, Oleiros, Cambre, Culleredo, A Coruña e Arteixo. O apoio económico, a fondo perdido, pode ser de entre o 50 e o 100% da inversión solicitada. Nesta anualidade, o GALP Golfo Ártabro Sur dispón dun crédito de 750.000 mil euros para impulsar o desenvolvemento social e económico dunha zona costeira cun gran potencial na que xa leva apoiadas 32 iniciativas con 2,4M€ relacionadas coa pesca extractiva, co medio ambien