Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2021

Inicio, continuidade e peche de varios proxectos de cooperación GALP

Imagen
  Chegaron á súa fin Rede REMA, Relevo 2020 e iniciaron a súa execución Rimartes ou Bitácoras do mar   A conselleira do Mar, Rosa Quintana, destacaba o pasado venres 17, durante a clausura da Rede REMA , o importante papel que desenvolven os grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) na salvagarda e na difusión do patrimonio mariñeiro. Nesta liña puxo, precisamente, como exemplo a Rede de Espazos Museísticos Atlánticos (REMA), que naceu como un proxecto de cooperación destes grupos para divulgar a cultura vencellada co mar.   Ao longo da xornada de peche do proxecto Pasaporte REMA, presentáronse resultados de distintas actividades realizadas como a Escape Room 360º para escoalres, entre outras; entregáronse cestas con produtos mariñeiros elaboradas polas redeiras de Corme e premiáronse aos museos que selaron máis pasaportes (selo Remiña). O Pasaporte REMA é unha iniciativa que ten a súa orixe no proxecto Morada Atlántica, no que participaron todos os GALP de Galicia. Só

O GALP Golfo Ártabro Sur difunde o amplo abano de saídas laborais no sector do mar

Imagen
Acaba de editar unha publicación divulgativa de referencia que recolle medio cento de titulacións de todos os niveis, desde educación superior, formación profesional e propias da Pesca en escolas náutico-pesqueiras e outros cursos de formación complementaria.   Máis aló das profesións histórica e tradicionalmente ligadas ao mar, e de sobra coñecidas por todos, como a de mariñeiro, armador, mariscadora,… as saídas profesionais relacionadas “coa auga salgada” en Galicia son moi numerosas, versátiles e diversas. Co obxectivo de divulgar as grandes posibilidades laborais vinculadas ao medio mariño, o GALP Golfo Ártabro Sur acaba de editar a publicación “Profesións do mar” na que inclúe unha completa relación das máis de cincuenta titulacións de ciclo básico, medio, superior, graos, mestrados ou formación complementaria, así como os centros de ensino de toda Galicia onde se imparten. Outros capítulos dedícanse aos itinerarios form

“Un mar en común”, o proxecto que dinamiza o tecido asociativo dos GALP, organizou unha xornada de encontro e formación no territorio do Golfo Ártabro Sur

Imagen
  Ata o momento participaron nas entrevistas da fase inicial as Redeiras de Lorbé, a Fundación Lonxanet para a Pesca Sostible, ACERGA, a Organización de Productores de Pesca Fresca del Puerto de A Coruña, o Grupo Naturalista Hábitat, AMISADA, as fundacións INLADI e ASPACE, Ecos do Sur ONG, as asociacións Ría do Pedrido e Club Marítimo de Pesca Recreativa e Deportiva de Sada, Elas Pro-Igualdade da Muller e Socio Cultural de Mulleres "Meigas". Esta tarde tivo lugar na Casa do Mar de Sada un encontro entre os asociados do GALP Golfo Ártabro Sur no marco do proxecto colaborativo “Un mar en común”. Durante a sesión, levouse a cabo unha sesión formativa para tecer redes impartida pola coaching e facilitadora de procesos de aprendizaxe, Raquel Pedrouso, seguida dun viño español. A sesión de coaching-formación serviu para presentar o proxecto “Un mar en común. A afouteza da xente do mar”, que é   quen hai tras el, falar da importancia da cooperación para poñer en valor o territ

O proxecto colaborativo “Bitácoras do mar” coñece o que se move no teu territorio

Imagen
  Este proxecto de cooperación busca visibilizar o papel dos grupos de acción local do sector pesqueiro. Participan os territorios dos GALP Golfo Ártabro Norte, Golfo Ártabro Sur, Costa Sostible, Ría de Arousa e Ría de Pontevedra.                                                                                                         O proxecto Bitácoras do Mar , permitirá coñecer os logros acadados polos GALP na aplicación das Estratexias Desenvolvemento Local Participativo, e a súa contribución ao desenvolvemento das zonas costeiras e á promoción de iniciativas ligadas ao crecemento azul. A fase inicial de Bitácoras do Mar céntrase na posta en valor daqueles proxectos significativos e que son considerados “boas prácticas” e referentes de iniciativas nos territorios costeiros. Para iso, lanzamos o concurso no que o público pode participar na elección da iniciativa que considera máis destacable.   Bitácoras permite coñecer con detalle os proxectos, pero tamén ás persoas e entida

O proxecto didáctico “Un mar de ilusións” achegou o mundo do mar ao sector da diversidade funcional

Imagen
O GALP Golfo Ártabro Sur editou un vídeo e un caderno de actividades en linguaxe adaptado coa colaboración de Aspanaes, Autismo Galicia e do Colexio Profesional de Logopedas de Galicia.   Na tarde do 1 de decembro, o GALP Golfo Ártabro Sur presentou o seu novo proxecto “Un mar de ilusións – Coñecendo os fondos mariños” a través do que quere dar a coñecer as especies mariñas máis representativas ao sector da diversidade funcional. O evento, que tivo lugar no Centro Tecnolóxico de Arteixo, estivo presidido por Patricia Amado, vicepresidenta do GALP Golfo Ártabro Sur e presentado por Amparo Dopico, do equipo técnico do grupo, e arroupado por representantes da Asociación para a Integración de la discapacidad en A Coruña (AIND), Centro Ocupacional Pascual Veiga, Aspanaes (Asociación de Padres de Personas con Trastorno del Espectro Autista de la provincia de A Coruña), Down Coruña, Aspace, FADENGA ou Autismo Galicia.  Ver aquí a galería completa de fotos do acto >> https://www.face