Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2023

O GALP Golfo Ártabro Sur presenta o informe socio-cultural do sector do mar

Imagen
  O informe socio-cultural do GALP Golfo Ártabro Sur busca sentar as bases do patrimonio marítimo do Golfo Ártabro para dar a coñecer a influencia que tivo o sector do mar na poboación. Na anualidade 2022, realizouse un informe socio-cultural cuxo obxectivo é sentar as bases de coñecemento do patrimonio marítimo, creando un documento para dar a coñecer a influencia que tivo o sector do mar na poboación do Golfo Ártabro. No día de hoxe estase a presentar publicamente o documento para que poida ser consultado na páxina web do GALP Golfo Ártabro Sur, por toda aquela persoa interesada. Este documento vai acompañado dun vídeo resumo do traballo, onde se pode ver de forma sintética a vinculación do territorio co sector do mar. Os datos recadados neste informe van dirixidos á sociedade en xeral, para dar a coñecer o patrimonio, tanto material como inmaterial e tamén o patrimonio natural, vencellado ao sector do mar no territorio GALP. Este informe realizouse con aportacións da base soci

Convocatoria á primeira Asemblea Xeral do GALP Golfo Ártabro Sur no ano 2023

Imagen
  O próximo 3 de marzo levarase a cabo a primeira Asemblea Xeral do GALP Golfo Ártabro Sur neste ano 2023. O próximo día 3 de marzo levarase a cabo a primeira Asemblea Xeral do GALP Golfo Ártabro Sur neste ano 2023. Nesta asemblea, presentaranse as memorias e informes económicos e de actividades realizados no 2022. Do mesmo xeito, presentaranse a previsión de orzamentos e actividades para o seu debate e aprobación para a anualidade 2023. Como cada ano, esta primeira reunión é o punto de saída para o comezo da realización das principais actividades e actuacións da anualidade.    

Gran éxito da serie de vídeos dos proxectos subvencionados polo GALP Golfo Ártabro Sur mediante os fondos FEMP.

Imagen
Xa está dispoñible no canal de Youtube do GALP Golfo Ártabro Sur varios vídeos que amosan os proxectos subvencionados no territorio mediante os fondos FEMP   O GALP Golfo Ártabro Sur presentou o pasado mes unha serie de vídeos que alberga tódolos proxectos financiados polo grupo mediante os fondos FEMP. Estes vídeos están dispoñibles no canal de Youtube do grupo, e preséntanse todos os venres nas diferentes redes sociais. Dende o GALP comprobouse a boa acollida que está a ter esta serie, xa que os resultados obtidos por ela e os comentarios do público das redes sociais son moi satisfactorios. Ademais, o grupo considera moi importante que o público poida comprobar o traballo realizado no pasado programa e o grado de satisfacción obtido polos promotores, xa que isto é a mellor carta de presentación para que os novos fondos FEMPA teñan unha boa acollida no territorio, servindo os traballos realizados como fonte de inspiración

O GALP Golfo Ártabro Sur participa na reunión virtual de cooperación promovida por FAMENET

Imagen
  O GALP Golfo Ártabro Sur estivo presente na reunión realizada por FAMENET o pasado 16 de febreiro, onde se tivo un debate técnico sobre a cooperación entre os GALPs nacionais e/ou europeos. O equipo técnico do GALP Golfo Ártabro Sur estivo na reunión promovida por FAMENET na que se tivo un debate técnico onde se presentaron diferentes proxectos de cooperación realizados mediante os fondos FEMP e que poden ser inspiración para próximos proxectos de cooperación levados a cabo mediante os fondos FEMPA. Os proxectos que se presentaron son os seguintes: -       Mejora de las Estrategias de Desarrollo Local de las zonas pesqueras mediante acciones de cooperación entre los GALP – por el GALP Braila (Rumanía) -       Proyecto de cooperación transnacional entre GALP de Grecia y Chipre para promover el turismo de buceo sostenible “Dive in our Islands” – por el GALP Lesvos (Grecia) -       Metodología de cooperación regional: el caso catalán – por el GALP Costa Brava (España)

Os equipos técnicos dos GALPs galegos reúnense para ultimar os documentos do FEMPA

Imagen
  O equipo técnico do GALP Golfo Ártabro Sur reúnese co resto de equipos técnicos dos GALPs galegos para ultimar a documentación necesaria para a primeira convocatoria do fondos FEMPA   Ao longo de todo o mes de febreiro, o equipo técnico do GALP Golfo Ártabro Sur estivo presente nas diferentes reunións levadas a cabo por tódolos GALPs galegos para a realización da proposta á Consellería do Mar das novas bases, que se están a desenvolver para a apertura da nova convocatoria das axudas do fondo FEMPA. Nestas reunións, tamén se fixeron dous documentos para propoñer unha modificación das memorias técnicas e económicas, pois actualmente é un documento algo complexo e que é imprescindible presentar na solicitude dos proxectos para a obtención das axudas. Con estas memorias máis sinxelas e intuituvas, búscase conseguir que os documentos a entregar na solicitude dos proxectos sexan máis fáciles de cubrir polos promotores. Tamén, nestes