“A ver si remontamos esta situación. Só dicirlles a todos e todas (eu incluído) que, despois de que isto comece a abrirse, intentemos apoiar aos noso sectores nacionais”
Felipe Canosa Entonado, patrón maior da Cofradía da Coruña, participa na campaña “Queda na casa, queda co noso mar” para aportarnos unha visión moi ampla do sector: a situación da pesca, do marisqueo, da lonxa de A Coruña... E un toque bastante social. Comenta que para saír de algo así, deberíamos de solidarizarnos máis e apoiarnos os uns aos outros. 1. Cal é a situación actual do sector? E a vosa en concreto? Que vos din de outras cofradías? Nós estamos traballando máis ou menos dentro do normal. Hai incidencias porque hai unha parte da frota que non está indo ao mar e temos recursos parados, como o marisqueo. Onde máis o notamos é na lonxa, porque non se está a traballar con normalidade, ten que entrar menos xente e as ventas fanse mais difíciles. 2. Como cres que afectou o COVID-19 ao sector? Como vos está afectando a actual situación de confinamento? No que máis nos afecta e na venta. Todo isto é unha cadea, ao estar pechados restaurantes, maris