Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2022

O GALP Golfo Ártabro Sur reúne a destacados profesionais en activo do sector mar-pesca para fomentar o relevo xeracional entre universitarios e ensinanzas medias

Imagen
O GALP Golfo Ártabro Sur organizou o xoves 20 de outubro, durante toda a mañá, a primeira sesión da xornada “Profesións do mar” na Escola Técnica Superior deNáutica e Máquinas en colaboración coa Universidade da Coruña . O acto de inauguración estivo presidido polo reitor, Julio Abalde; o presidente de GALP Golfo Ártabro Sur, Alberto Castro; o director da Escola, Manuel Romero, e a xefa territorial na Coruña da Consellería do Mar; María Cancelo, que foi a primeira en intervir. Cancelo quixo agradecer aos promotores da xornada a súa vontade de promocionar o emprego no sector pesqueiro favorecendo a incorporación das mozas e mozos galegos á actividade. Neste sentido, asegurou que a formación é clave para garantir a competitividade do sector marítimo-pesqueiro galego e que siga sendo un referente internacional. Para logralo, subliñou, é fundamental acadar a remuda xeracional nas distintas ramas de actividade pois iso permitirá preservar a súa fortaleza e manter a xeración de emprego e r

Xornada “Profesións do Mar” na Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas

Imagen
  O GALP Golfo Ártabro Sur organiza mañá xoves 20 de outubro (9.00 a 14.30h) a primeira parte da xornada “Profesións do mar” na Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas en colaboración coa Universidade da Coruña. Trátase dun acto aberto ao público en xeral.   O reitor, Julio Abalde, e o presidente de GALP Golfo Ártabro Sur, Alberto A. Castro, xunto co director da Escola, Manuel Romero, e a xefa territorial na Coruña da Consellería do Mar, María Cancelo, abrirán o evento ás 9.00 horas.   Esta xornada na ETS de Náutica e Máquinas complementarase cunha segunda o vindeiro luns, 7 de novembro (9.00 a 15.00h) no CIFP Universidade Laboral de Culleredo. Con estas sesións formativas e divulgativas quérese mostrar ao alumnado universitario e de ensinanzas medias, así como a todas persoas que queiran acudir de oíntes, as amplas saídas laborais que ofrece o sector mar-pesca da man de profesionais en activo, así como as vías para acceder a estes postos de traballo.       PROGRA