Entradas

Mostrando entradas de julio, 2021

Proceso de contratación de seguros

Imagen
Dende o GALP Golfo Ártabro Sur vaise a realizar a contratación dun servizo de asistencia técnica de seguros. Atoparedes as bases na seguinte ligazón:  BASES DE CONTRATACIÓN ANEXOS

O proxecto das “Empanadas do mar” de dúas emprendedoras de Guísamo é elixido exemplo de boas prácticas pola Red Española de Grupos de Pesca

Imagen
  É un dos 32 casos de éxito incluídos no cuarto "Catálogo de Buenas Prácticas en Desarrollo Local Participativo del FEMP” para o bienio 2019-2020 A Red Española de Grupos de Pesca (REGP) acaba de editar o seu cuarto "Catálogo de Buenas Prácticas en DLP del FEMP - Convocatorias 2019-2020" a través do que dá difusión ás “numerosas, exitosas e orixinais” iniciativas dinamizadas polos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro nos diferentes territorios da xeografía española. Queren, ademais, que estas ideas que se mostraron eficaces sirvan de inspiración a novos promotores e facilitar a súa replica e transferencia a outras contornas e territorios.   Neste contexto, a publicación inclúe como caso de éxito destacado o proxecto das “Empanadas do mar”, beneficiario das axudas do Golfo Ártabro Sur en 2019, a través do cal 2 emprendedoras quixeron innovar e dar un novo valor engadido a un alimento tan galego como é a empanada sumándolle peixe e marisco do Golfo Ártabro Sur. E

O GALP Golfo Ártabro Sur participa no mercado mariñeiro de Sada da man da asociación Os Patexeiros

Imagen
Un ano máis, o GALP Golfo Ártabro Sur estivo presente no mercado mariñeiro das Festas do Carmen de Sada. Nesta ocasión, a a través do stand da Asociación Cultural Mariñeira Os Patexeiros.  Alí, entre o venres 16 e o domingo 18, visitantes e veciños poideron ver carteis, xogos, información sobre as axudas que tramita a entidade, información das especies mariñas e das tipoloxías das artes de pesca neste tramo de costa, libriños da Rede REMA para participar no sorteo das cestas de produtos mariñeiros ao visitar os museos adheridos e ir selando o Pasaporte Rema,…  A xunta directiva e xerencia do GALP Golfo Ártabro Sur quixo agradecer a colaboración e disposición á asociación Os Patexeiros para dar visibilidade ao seu traballo e cometido. Nas redes sociais do GALP Golfo Ártabro Sur publicouse unha completa galería de fotos que se pode ver clicando nesta ligazón:  https://www.facebook.com/media/set?vanity=galpartabrosur&set=a.1062514614153647

O GALP Golfo Ártabro Sur e ABANCA renovan o convenio de colaboración para apoiar os proxectos do sector pesqueiro

Imagen
O obxectivo é ofrecerlle a todos os promotores, xa sexan persoas individuais ou empresas, unha ferramenta para garantir a viabilidade económica das súas iniciativas.   O GALP Golfo Ártabro Sur acaba de renovar o convenio de colaboración coa entidade bancaria ABANCA a través do cal os proxectos beneficiarios das súas axudas poderán optar a un financiamento a medida, se así o precisan. A firma, debido á situación sanitaria, tivo lugar online. No marco deste acordo, ABANCA aplicará liñas de financiamento especiais aos beneficiarios das subvencións do GALP Golfo Ártabro Sur e tamén a outros novos proxectos vinculados ao sector pesqueiro. O obxectivo último é ofrecerlle a todos os promotores, xa sexan persoas individuais ou empresas, unha ferramenta de apoio para garantir a viabilidade económica e financeira das súas iniciativas. Estas vantaxes exclusivas tamén se aplicarán aos seguros xa que a entidade bancaria porá a disposición dos beneficiarios persoal especializado para buscar

O GALP Golfo Ártabro Sur apoia á Confraría da Coruña na repoboación do banco marisqueiro de ourizos de mar entre Lorbé e punta Langosteira

Imagen
E sta mañá realizouse unha solta de 35.000 exemplares na enseada de Suevos (Arteixo) para favorecer a cría e reprodución deste marisco, moi apreciado polo seu intenso sabor a mar Representantes do GALP Golfo Ártabro Sur participaron hoxe pola mañá na solta de 35.000 exemplares de ourizos de mar na enseada de Suevos (Arteixo) promovida pola Confraría da Coruña co apoio da Consellería do Mar (Xunta de Galicia) no marco do proxecto denominado “Rexeneración ambiental dos bancos de ourizo na enseada de Suevos”. O obxectivo do pósito é recuperar unha importante zona marisqueira entre Lorbé e punta Langosteira para favorecer a cría e reprodución desta especie. Xa en 2020 se realizou unha primeira solta na zona da Torre de Hércules aínda que, ata o de agora, con resultados irregulares debido aos constantes episodios de furtivismo que incluso obrigan á Confraría da Coruña a facer eles mesmos vixilancias por toda a costa para evitar a esquilma desta “semente”.   Proceso Nos traballos desta

O GALP Golfo Ártabro Sur é o único que participa nos catro novos proxectos de cooperación impulsados polos GALP de toda Galicia para seguir dinamizando o seu territorio

Imagen
A Consellería do Mar aprobou as catro solicitudes, que contan cun apoio de máis de 370.000€ para desenvolverse entre este ano e o próximo. Os novos proxectos son Remuda xeracional ll, Bitácoras do mar, Rimartes e Un mar en común. A Consellería do Mar aprobou este ano axudas por valor de 370.000€ para catro novos proxectos de cooperación dos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) que buscan dinamizar as zonas costeiras de Galicia e afrontar algúns dos seus principais retos como é a remuda xeracional, o apoio ao sector profesional ou o impulso á economía azul. Con estas iniciativas, a comunidade intensifica a colaboración entre os GALP xa que desde 2016 aprobou 14 proxectos por un importe total de máis de 1,3M€ cofinanciados co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP).   Os catro proxectos de cooperación aprobados na convocatoria de 2021 destas axudas son “Remuda xeracional ll”, “Bitácoras do mar”, “Rimartes” e “Un Mar en común” e desenvolveranse todos entre este ano e o p