Entradas

Mostrando entradas de junio, 2022

O Golfo Ártabro Sur reuniu os GALPs de toda España para debater sobre innovación no sector pesqueiro

Imagen
  Representantes dos 41 Grupos de Acción Local Pesqueira estiveron convidados a a acompañar aos relatores nunha xornada online na que se expuxeron varios casos de éxito de I+D+i que contribúen a diversificar o sector mar-pesca.   O GALP Golfo Ártabro Sur foi na mañá deste martes 28 de xuño o anfitrión da xornada "Proxectos de I+D+i da cadea de valor do sector pesqueiro" á que se convidou aos 41 Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) de toda España. Durante este foro de coñecemento puxéronse en común oito casos de éxito de I+D+i sobresalientes que deixan constancia das amplas, e diversas, posibilidades que ofrece o mundo do mar en xeral para innovar, diversificar negocio e continuar sendo unha fonte de riqueza nos seus territorios. A inauguración do evento correu a cargo de Alberto Castro, presidente do GALP Golfo Ártabro Sur; de José María Solano, coordinador da Red Española de Grupos de Pesca (REGP); e de Susana Rodríguez, directora xeral de Desenvolvemento

O Golfo Ártabro Sur reúne os GALPs de toda España para debater sobre innovación no sector pesqueiro

Imagen
  O GALP Golfo Ártabro Sur presentará o proxecto de economía circular “Mobiliario de formigón reciclado producido con casca de mexillón”. Representantes dos 41 Grupos de Acción Local Pesqueira acompañarán aos relatores nunha xornada online mañá martes 28 na que expoñerán varios casos de éxito de I+D+i que contribúen a diversificar o sector mar-pesca. José Mª Solano, coordinador da Red Española de Grupos de Pesca, Susana Rodríguez, directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, e Alberto Castro, presidente do GALP Golfo Ártabro Sur inauguran o evento. O GALP Golfo Ártabro Sur será este martes 28 (10.00 – 14.00h) o anfitrión da xornada "Proxectos de I+D+i da cadea de valor do sector pesqueiro" á que están convidados os 41 Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) de toda España. Durante este foro de coñecemento poñerán en común oito casos de éxito de I+D+i sobresalientes que deixan constancia das amplas, e diversas, posibilidades que ofrece o mundo do mar en xeral para i

Xornada "Proxectos de I+D+i da cadea de valor do sector pesqueiro"

Imagen
Este  martes 28/06, no GALP Golfo Ártabro Sur organizamos a xornada de innovación "PROXECTOS DE I+D+i DA CADEA DE VALOR DO SECTOR PESQUERO". 𝗛𝗼𝗿𝗮𝗿𝗶𝗼: 10.00 a 14.00h 𝗩𝗶́𝗮 Zoom 𝗜𝗻𝘀𝗰𝗿𝗶𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗮𝗯𝗲𝗿𝘁𝗮: golfoartabrosur@gmail.com PROGRAMA 10.00h.- PRESENTACIÓN Alberto Castro – Presidente do GALP Golfo Ártabro Sur José María Solano – Coordinador da REGP (Red Española de Grupos de Pesca), MAPA . Susana Rodríguez – Directora Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro ( Consellería do Mar , Xunta de Galicia) 10.30h.- GALP RÍA DE PONTEVEDRA:  “Novo obradoiro de pasteurizado para novos produtos do mar de calidade certificada” 10.45h.- GAC ORIENTAL DE CANTABRIA:  “Desenvolvemento dun centro de análise de alimentos, asesoramento e control de calidade no sector pesqueiro e outros afíns" (Laboratorios Norte)” 11.00h.- GALP COSTA SOSTIBLE: “Valorización do berberecho” 11.15h.- ITSAS GARAPEN ELKARTEA: “Proxecto de diversificación de produto” 11.30h - 11.40.- COMENTARIOS

O GALP Golfo Ártabro Sur acolleu o cuarto Parladoiro das Bitácoras do mar sobre innovación e o consumo no sector pesqueiro

Imagen
A actividade tivo lugar o pasado venres 17 de xuño nas instalacións da Lonxa da Coruña. Durante a sesión, os asistentes reflexionaron sobre a innovación e o consumo no sector pesqueiro e coñeceron de primeira man o funcionamento dunha das lonxas máis importantes de Galicia, así como os proxectos de eficiencia enerxética financiados polo GALP Golfo Ártabro Sur para mellorar a súa actividade e rendemento. Foi o cuarto dos cinco parladoiros que se promoven no marco do proxecto de cooperación Bitácoras do mar, no que participa o GALP Golfo Ártabro Sur, e que finalizan o xoves 30 en Portonovo. O Golfo Ártabro Sur acolleu o pasado venres 17 a a cuarta das actividades dos Parladoiros do Proxecto das Bitácoras. A xornada, que tivo lugar na Lonxa da Coruña, versou sobre innovación e consumo do produto pesqueiro e nela participaron unha vintena de persoas vencelladas ao sector pesqueiro e ao programa de axudas no territorio do GALP Golfo Ártabro Sur.  José Garrote Martín, secretario do grupo

Xornada formativa do proxecto “Un mar en común” para reforzar o asociacionismo

Imagen
O experto en comunicación Roberto Pérez Marijuán dirixiu este obradoiro para contribuír á mellora das habilidades comunicativas entre as entidades socias do GALP Golfo Ártabro Sur. O pasado xoves 16 de xuño (17.00h) tivo lugar a derradeira sesión formativa interterritorial organizada polo proxecto cooperativo “Un mar en común”, no que participa o GALP Golfo Ártabro Sur. A Casa do Mar de Sada, sede do noso Grupo , foi o lugar escollido para impartir o obradoiro a cargo do experto en comunicación Roberto Pérez Marijuán.   O obxectivo foi reforzar e mellorar as carencias ou atender ás demandas detectadas nas case 80 entrevistas realizadas as persoas das entidades asociadas ao GALP nos meses previos e fomentar as relacións entre elas. Estiveron convidadas a participar todas as entidades socias do GALP.   Durante a sesión, Pérez Marijuán deru a coñecer algunhas das metodoloxías que mellor funcionan á hora de definir obxectivos, solventar problemas ou xerar dinámicas de colaboración entr

Asistencia ao pleno da REGP en Burela para decidir o futuro do FEMPA

Imagen
  “Relevo2”, o proxecto de fomento do relevo xeracional recibiu o recoñecemento de boas prácticas   Os pasados 14 e 15 de xuño, representantes da xunta directiva do GALP Golfo Ártabro Sur asistiron en Burela, xunto co resto de GALP galegos, á VII Sesión Plenaria da Red Española de Grupos De Pesca (REGP) “Diseñando el futuro del desarrollo local participativo”. Durante a sesión, sentáronse as bases que marcarán o reparto das subvencións que xestionamos de aquí ata 2027, o Fondo Europeo Marítimo de Pesca e de Acuicultura (FEMPA).   Na xornada inaugura, a conselleira do Mar, Rosa Quintana salientou o gran labor realizado polos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) de Galicia desde a súa creación, “o que os converte en referentes para toda Europa”, destacou. Desde 2016, os oito GALP da comunidade desenvolveron máis de 660 proxectos que supuxeron unha actividade económica de máis de 230 millóns de euros, preto dun 0,4% do produto interior bruto (PIB) de Galicia.   Recoñece

Charla sobre o mar no CPI Luis Seoane de Oleiros

Imagen
Con rapaces de 1º e 2º de primaria que, de recordo,  l evaron o cangrexo de peluche do GALP Golfo Ártabro Sur e a unidade didáctica "Un mar de ilusións" para reforzar os coñecementos aprendidos   O pasado 16 de xuño, o equipo técnico do GALP Golfo Ártabro Sur e o xerente de ACERGA achegámonos ao CPI Luis Seoane de Oleiros para falar do mar, da pesca e da xente que vive desta actividade.   Foron dúas charlas moi animadas nas que lles falamos da importancia deste ecosistema nas nosas vidas e como podemos, e debemos, coidalo. Abordamos temas como a diferencia entre mares e océanos, os tipo de peixes e as súas principais características, as artes de pesca máis habituais neste litorial ou a necesidade de que o mar estea limpo de lixo para que poidan vivir en boas condicións.   Desde a directiva do GALP Golfo Ártabro Sur estamos moi agradecidos pola excelente acollida dos rapaces e o equipo de mestres. De recordo, o alumnado levou un dos nosos cangrexos de peluche e para segu

Showcooking na lonxa de Sada para fomentar o consumo de peixe azul

Imagen
  Os convidados e comensais foron uns corenta de usuarios da Fundación Adcor, Centro Ocupacional Pascual Veiga e ASPRONAGA. Xunto co peixe azul e as algas do canelón frío de xarda, a maridaxe mar-terra completouse con produtos da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas. De novo, Alentía Teatro e mariñeiros de cerco de Sada escenificaron como é a xornada de traballo dun pescador e unha poxa na rula. O GALP Golfo Ártabro Sur e a Asociación de Armadores de Cerco de Galicia (ACERGA) organizaron na mañá do pasado 13 de xuño unha nova sesión da xornada “Un mar de ilusións - Coñecendo as nosas lonxas” dirixida a entidades do sector do territorio. Nesta ocasión, os asistentes foron uns corenta usuarios da Fundación Adcor, Centro Ocupacional Pascual Veiga e ASPRONAGA.   A actividade comezou coa benvida do presidente do GALP Golfo Ártabro Sur e secretario de ACERGA, Alberto Castro, e do secretario do GALP Golfo Ártabro Sur, José Garrote. A continuación, e co obxectivo de achegarlle ás persoas con

O GALP Golfo Ártabro Sur e ACERGA fomentan o consumo de peixe de proximidade cun showcooking na lonxa de Sada

Imagen
Os convidados e comensais foron uns corenta usuarios da Fundación Adcor, Centro Ocupacional Pascual Veiga e ASPRONAGA. Xunto co peixe azul e as algas do canelón frío de xarda, a maridaxe mar-terra completouse con produtos da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas. Alentía Teatro e mariñeiros de cerco de Sada escenificaron como é a xornada de traballo dun pescador e unha poxa na rula. O GALP Golfo Ártabro Sur e a Asociación de Armadores de Cerco de Galicia (ACERGA) organizaron esta mañá unha nova sesión da xornada “Un mar de ilusións - Coñecendo as nosas lonxas” dirixida a entidades do sector do territorio. Nesta ocasión, os asistentes foron uns corenta usuarios da Fundación Adcor, Centro Ocupacional Pascual Veiga e ASPRONAGA. A actividade comezou coa benvida do presidente do GALP Golfo Ártabro Sur e secretario de ACERGA, Alberto Castro, e do secretario do GALP Golfo Ártabro Sur, José Garrote. A continuación, e co obxectivo de achegarlle ás persoas con diversidade funcional o mun

O GALP Golfo Ártabro Sur convoca o I Concurso online de fotografía “Ollando cara ao mar”

Imagen
Os interesados poden participar con ata 5 imaxes da zona costeira da Coruña, Arteixo, Bergondo, Cambre, Culleredo, Oleiros e Sada. A recepción das imaxes estará aberta ata o 27 de xullo e a votación levarase a cabo en Facebook na primeira quincena de agosto. Os tres premios son saídas en veleiro patrocinadas por Cadenote, Altavela e a Escola Náutica de Sada (ENSA).   Coincidindo co Día Mundial dos Océanos, o GALP Golfo Ártabro Sur lanzou o I Concurso online de fotografía dixital “Ollando cara ao mar” que ten por obxectivo poñer en valor o seu territorio de actuación a través de todas as miradas e sensibilidades. Así mesmo, e en liña con esta efeméride da ONU, a entidade tamén quere recordar o importante papel dos océanos na nosa vida cotiá e na xeración de riqueza. Son os pulmóns noso planeta, unha fonte importante de alimentos e de medicinas e unha parte fundamental da biosfera.   Durante case dous meses, desde o 8 de xuño e ata o 27 de xullo, os interesados poderán enviar por e