O GALP Golfo Ártabro Sur investiu case 3M€ dos fondos europeos FEMP para xerar riqueza no seu territorio
Exitosa se pode considerar a xestión dos fondos europeos FEMP 2014-2020 por parte do GALP Golfo Ártabro Sur xa que do total do presuposto (3M€), asignaron practicamente o 100% dos fondos (2.978.582,80€) a medio cento proxectos que xeraron riqueza no territorio ademais de crearse 24 novas empresas e 169 postos de traballo, entre novos e consolidados, na cadea de valor do sector pesqueiro. A zona de actuación da entidade son os concellos de Bergondo, Sada, Oleiros, Cambre, Culleredo, A Coruña e Arteixo. Estes resultados presentáronse nunha xornada aberta ao público no edificio A Senra presida pola alcaldesa de Bergondo, Alejandra Márquez, e o secretario do GALP, José Garrote. O presidente, Alberto Castro, clausurou o evento. A parte lúdica puxérona o monologuista Víctor Grande e a Agrupación Musical de Pulso e Púa “Carlos Seijo”, ambos con actuacións centradas no mundo do mar. A xornada completouse coa presentación do libro e vídeos dos proxectos FEMP e a axenda institucional do Ano I