A xornada “Mulleres de auga salgada” destacou desde A Coruña a pluralidade do sector a nivel nacional
O GALP Golfo Ártabro Sur presentou neste foro sectorial un documental no que recolle o testemuño dunha vintena de profesionais do mar do territorio. Un dos logros da xornada “Mulleres de auga salgada” organizada o luns 29 de novembro polo GALP Golfo Ártabro Sur foi, como destacaron desde a entidade, que as representantes de varias das principais entidades do sector do mar e da pesca de toda España se achegasen fisicamente á Coruña para compartir o seu coñecemento, experiencia e vivencias. Foron tres horas para poñer en común a esencia das mulleres do mar. O evento tivo lugar no salón de actos da Lonxa da Coruña en formato híbrido, podendo seguirse en streaming. Ver aquí a galería completa de fotos do acto >> https://www.facebook.com/media/set/?set=a.1144342902637484&type=3 Durante o evento expuxéronse os problemas que afectan ao sector feminino do mar e que, en moitas ocasións, non son recoñecidos como deberan máis aló do ámbito inmediato. A través da voz de cada unha das 1