Xornada formativa sobre marketing e redes sociais no sector hosteleiro
O GALP Golfo Ártabro Sur e o GALP Golfo Ártabro Norte organizan este mércores, 12 de decembro, no IES Fragas do Eume de Pontedeume unha xornada de formación e networking sobre como realizar accións de márketing e redes sociais no sector hostaleiro. Este evento, que terá lugar de 16:30 a 19:30 horas, está dirixido a profesionais da hostalería e enmárcase dentro do programa ‘Morada Atlántica’ a través dunha das súas liñas de traballo ‘Cociña Atlántica’, para a diversificación do sector pesqueiro a través da promoción das gastronomía, o turismo e o patrimonio. O obxectivo desta experiencia é poñer en valor o bo aproveitamento dos produtos do territorio, coñecer propostas para chegar máis e mellor ao consumidor e achegarse ao mundo do márketing no apartado da restauración. Para iso, diferentes profesionais do sector da comunicación e a hostalería falarán sobre como atraer e fidelizar clientes a través do márketing e como xestionar os comentarios positivos e