O II Roteiro Son do Mar percorre en quince vídeos a tradición mariñeira do Golfo Ártabro Sur
· Todos os episodios iranse subindo ao Youtube do GALP Golfo Ártabro Sur onde, desde mañá venres, se poderán ver os dous primeiros. · A personaxe do emigrante retornado Ramón Boutureira vertebra a historia que conecta o pasado mariñeiro e o presente da Coruña, Arteixo, Bergondo, Cambre, Culleredo, Oleiros e Sada. · Outro valor engadido deste proxecto é a colaboración da veciñanza xa que, entre protagonistas, figurantes e público, nesta produción contouse con 33 actores e actrices maiores e menores de 40 anos. Sada, 28 de xaneiro de 2021. O GALP Golfo Ártabro Sur promove a segunda edición do roteiro teatralizado “Son do Mar” aínda que, nesta ocasión, e debido á situación sanitaria provocada polo covid-19, preséntase a través de quince vídeos que percorren os preto de 80 kilómetros de costa entre Bergondo, Sada, Oleiros, Cambre, Culleredo, A Coruña e Arteixo. A personaxe que vertebra a historia é o emigrante retornado Ramón Boutureira. Despois de case 70