Entradas

Mostrando entradas de 2020

O GALP impulsou a cultura mariñeira e a inclusión a través de tres proxectos de cooperación

Imagen
Imaxe do proxecto Relevo 2020 As iniciativas ‘Pasaporte REMA’, ‘Relevo 2020’ e ‘Tanza’ contruibuíron a poñer en valor o patrimonio, formar á mocidade e crear un espazo de emprendemento inclusivo.  O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur desenvolveu neste 2020 tres proxectos de cooperación xunto cos diferentes GALP de Galicia, que tiveron como principais obxectivos poñer en valor e difundir o patrimonio mariñeiro atlántico, formar á mocidade na busca dun relevo xeracional no ámbito do mar e crear un ambiente de emprendemento inclusivo. Os tres proxectos desta condición nos que participou o GALP foron o ‘Pasaporte REMA’ -Rede de Espazos Museísticos Atlánticos-, ‘Relevo 2020’ e ‘Tanza: inclusión social, sector pesqueiro, economía circular’. Pasaporte REMA O proxecto Pasaporte REMA, dentro da iniciativa Rede de Espazos Museísticos Atlánticos (REMA), naceu para dar a coñecer o mundo mariñeiro á xuventude e mocidade co obxectivo de preservar a cultura e historia

O GALP investiu este ano preto de 600.000 euros para 11 proxectos que permitiron mellorar infraestruturas e crear emprego

Imagen
Posto en Maridar, iniciativa financiada polo GALP A liña de subvencións do grupo deu lugar, ata o día de hoxe, a 5 novos postos de traballo e mantemento doutros 47, á creación de 4 novos negocios e á formación de máis de 300 mulleres. O Golfo Ártabro Sur informa de que o prazo para solicitar as súas  axudas seguirá aberto ata o 1 de marzo de 2021.  O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur financiou este ano 2020 un total de 11 proxectos no ámbito do mar que permitiron crear e manter postos de traballo, mellorar infraestruturas e formar a persoas no sector. As iniciativas contaron cun investimento de 587.020,92 euros. Proxectos de mellora enerxética, de protección e coidado do medio ambiente, de inclusión, difusión e formación, así como de mellora de equipamento, son algunhas das propostas que o GALP subvencionou neste 2020 co obxectivo de impulsar o desenvolvemento do territorio, composto polos concellos da Coruña, Arteixo, Bergondo, Cambre, Culleredo, Oleir

O GALP renova a súa Xunta Directiva na Asemblea Xeral de Socios

Imagen
O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur celebrou a Asemblea Xeral de Socios para elixir a nova Xunta Directiva para o próximo exercicio.  No encontro nomeáronse os 17 membros que compoñerán a directiva, escollidos nas mesas sectoriais que se celebraron con anterioridade. Neste encontro votouse quen deles desempeñará os cargos de presidente/a, vicepresidente/a, secretario/a e tesoureiro/a que quedou da seguinte maneira: Presidente: Alberto Castro García Vicepresidenta: Patricia Amado Varela Tesoureira: Adelina Pérez Barredo Secretario: José Garrote Martín O evento reuniu a socios e representantes das diferentes mesas sectoriais –sector público, do mar, empresarial e social- que con anterioridade designaron aos 17 compoñentes da nova Xunta Directiva, contando con integrantes de diversos organismos e institucións pertencentes ao territorio. Así pois, a Xunta queda composta da seguinte maneira: Nombre Organización Patricia Amado

A Asociación Síndrome de Williams Galicia gaña o certame de postais de Nadal organizado polo GALP

Imagen
Postal da Asociación Síndrome de Williams Galicia, gañadora do concurso A Asociación Síndrome de Williams Galicia érguese como gañadora do concurso de postais de Nadal do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur. Este certame estaba dirixido ás entidades de diversidade funcional do territorio co obxectivo de darlles visibilidade e achegalas ao mundo do mar para impulsar a inserción laboral aproveitando estas datas tan sinaladas. As postais participantes, entre as que se atopaban as de entidades como Aspanaes, Aspadisol, Aspace Coruña, Asociación AIND e Artefios, sometéronse ás votacións dos usuarios e usuarias a través de Instagram, Twitter e Facebook, sendo a proposta da Asociación Síndrome de Williams Galicia a gañadora por ser a que máis 'Me gusta' obtivo. Como premio ao primeiro posto, a entidade recibiu un agasallo e a súa creación foi empregada para felicitar as festas desde o GALP.  As entidades que participaron crearon unha postal de Nadal rela

O Concello de Sada organiza un taller gratuíto para fomentar o emprendemento no sector do mar financiado polo Galp Golfo Ártabro Sur

Imagen
-  O programa desenvolverase entre o xoves 17 e o mércores 23 de decembro e aínda quedan prazas dispoñibles O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur financia ao Concello de Sada o programa de formación Empreamar, que busca fomentar o emprendemento no ámbito mariño. O obradoiro de carácter gratuíto, vai dirixido a persoas que teñan intención de iniciar unha actividade empresarial relacionada co ámbito mariño co obxectivo de darlles apoio no estudo e planificación da idea.  O curso, de 35 horas teórico-prácticas, desenvolverase desde este xoves 17 ata o mércores 23 e aínda quedan prazas dispoñibles. A formación inclúe xornadas de visita a empresas do sector e unha de ‘outdoor training’.  As persoas interesadas, deben contactar coa Axencia de Emprego e Desenvolvemento Loca (AEDL) do Concello de Sada a través dos teléfonos 881 929 057 e 620 765 150 ou enviar un correo electrónico a aedl@sada.gal.  A través da iniciativa, financiada polo polo GALP Golfo Ártabro S

Postais de Nadal pola diversidade funcional

Imagen
O GALP Golfo Ártabro Sur organiza un concurso de felicitacións de Nadal dirixido ás entidades de diversidade funcional do territorio co obxectivo de visibilizar o importante labor que levan a cabo e achegalos ao sector para impulsar a inserción laboral. Cada entidade que desexe participar deberá enviar unha única postal antes do 15 de decembro. A que máis ‘Me Gusta’ teña nas redes do GALP recibirá un agasallo e será a empregada polo grupo para felicitar as festas. O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur organiza un concurso de postais de Nadal dirixido a entidades de diversidade funcional do territorio. O obxectivo é darlles visibilidade e achegalas ao mundo do mar para impulsar a inserción laboral aproveitando estas datas tan sinaladas. Así pois, as entidades que desexen participar deberán crear unha postal de Nadal relacionada co mar, podendo estar ambientadas ou inspiradas no Golfo Ártabro, ou no mundo do marítimo en xeral. Poderanse empregar as técnicas

O GALP Golfo Ártabro Sur financia un taller do Concello de Sada para o emprendemento no ámbito mariño

Imagen
O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur financia a formación Empreamar, que porá en marcha o Concello de Sada. Esta diríxese ás persoas que teñan intención de iniciar unha actividade empresarial relacionada co ámbito mariño co obxectivo de darlles apoio no estudo e planificación da idea. A través da iniciativa búscase fomentar o emprendemento ao tempo que se aproveitan e promocionan os recursos naturais do medio mariño. A formación consta de 35 horas teórico-prácticas, xornadas de visita a empresas do ámbito e unha de ‘outdoor training’. O taller conta con 25 prazas. As persoas interesadas en participar nel poden contactar coa AEDL do Concello a través dos teléfonos 881 929 057 e 620 765 150 ou enviar un correo electrónico a aedl@sada.gal. A data límite para inscribirse é o 13 de decembro. O curso está financiado polo GALP Golfo Ártabro Sur, o Fondo Europeo Marítimo e da Pesca e a Consellería do Mar. 

O GALP Golfo Ártabro Sur participa nun seminario de comunicación e divulgación científica

Imagen
Representantes da entidade participaron no encontro virtual organizado dentro do marco da iniciativa Pasaporte REMA. Representantes do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur participaron no seminario de comunicación e divulgación científica organizado dentro da iniciativa Pasaporte REMA. O obxectivo desta conferencia virtual foi a posta en valor do patrimonio mariñeiro atlántico europeo. O GALP estivo presenta neste encontro dixital no que estaban convidados a participar todos os membros da Rede de Espazos con contido Museístico Atlántico (Rede REMA), composta na actualidade por 29 museos localizados en Galicia, Portugal e Asturias. Tamén podían participar institucións que tiveran como finalidade poñer en valor o patrimonio mariñeiro atlántico europeo. O seminario foi impartido polos xornalistas Eduardo Rolland e Manuel Rey, de GCiencia, que explicaron a situación na que se atopa na actualidade a divulgación científica no ámbito galego e español. A co

Proposta Definitiva Xunta Directiva Proxectos Non Produtivos 2ª Convocatoria 2020 Pestanas principais Ver(solapa activa) Editar

Imagen
  A Xunta Directiva do GALP Golfo Ártabro Sur en xuntanza celebrada hoxe 19 de novembro de 2020, acordou aprobar a unha nova proposta de resolución provisional de proxectos non produtivos, ao cumprirse o prazo de 5 días hábiles, e non recibirse alegacións, publícase a proposta definitiva.   Esta proposta está tamén publicada no taboleiro de anuncios da oficina de dito GALP e non crea ningún dereito a favor dos solicitantes propostos.     Nova Proposta de Resolución Definitiva da Xunta Directiva 2ª Convocatoria 2020   Avaliación de proxectos    

Os participantes no programa Relevo 2020 coñecen diferentes instalacións pesqueiras de Ferrol, Sada e Rianxo

Imagen
Os participantes no programa Relevo 2020, que busca garantir o relevo xeracional no sector pesqueiro, coñeceron nas últimas semanas diferentes instalacións relacionadas co mundo do mar ao longo da nosa costa. En Rianxo, por exemplo, mantiveron un encontro co Consello Regulador do Mexillón de Galicia e cos responsables da empresa Intramar, que organiza actividades e saídas de carácter cultural, medioambiental e patrimonial na súa embarcación "Chasula".  Así mesmo, o alumnado do dos GALP Golfo Ártabro Sur , Golfo Artabro Norte e A Mariña-Ortegal visitaron a escola Náutico-pesqueira de Ferrol, mentres que no concello de Sada , coñeceron a lonxa e aprenderon de primeira man o funcionamento das poxas. 

O GALP Golfo Ártabro Sur apraza ata novo aviso a asemblea xeral por mor da COVID-19

Imagen
A nova data será comunicada a través das canles oficiais do GALP Golfo Ártabro Sur.   Ante a situación epidemiolóxica en Galicia, o Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur apraza ata novo aviso a asemblea xeral na que se elixirá a nova xunta directiva do ente.  O encontro, que tería que ser celebrado o 6 de novembro, tivo que ser aprazado antes as novas restricións aplicadas atendendo á evolución da crise sanitaria a nivel galego.  A elección dos novos órganos de goberno do GALP comezou fai semanas coas mesas sectoriais, nas que se reuniron os diferentes sectores da poboación. No encontro íanse anunciar os novos membros da xunta directiva, entre os que se atopan o presidente, vicepresidente, secretario e tesoureiro. A nova data de celebración será anunciada a través das canles oficiais do GALP Golfo Ártabro Sur.  

Remata a VIII edición do curso de carpintaría de Ribeira

Imagen
O programa estivo organizado por Os Patexeiros e contou co financiamento do GALP Golfo Ártabro Sur. O porto de Lorbé, no Concello de Oleiros, acolleu a VIII edición do curso de carpintaría de ribeira organizado por Os Patexeiros e financiado polo Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur. O taller celebrouse ao longo dos meses de outubro e novembro e tivo unha duración total de 24 horas. O alumnado aprendeu a preparar as ferramentas de traballo, crear unha embarcación desde o seu inicio, así como o mantemento desta cando estea realizada con tarefas de calafateo, virado de táboas ou de embreado, entre outras.  As persoas participantes puideron poñer os seus coñecementos en práctica na embarcación Nordesia , onde realizaron tarefas de reparación da borda do barco e das táboas que se atopaban en mal estado. A través desta iniciativa o GALP pretende investir na formación dos profesionais do mundo do mar para seguir preservando esta arte tan importante na cultura ma

O GALP organiza unha galería de arte con lixo mariño para concienciar sobre a contaminación

Imagen
Acto de presentación da exposición en Bergondo ‘A Alquimia do Lixo: unha viaxe dende a fealdade á beleza’ concienciará a través de dúas exposicións, en Cambre e Bergondo, sobre a xestión de residuos. A mostra está organizada polo GALP Golfo Ártabro Sur coa colaboración da asociación Mar de Fábula e o apoio da agrupación RetoqueRetro. Esta mañá tivo lugar o acto de presentación en Bergondo, ao que asistiron representantes do GALP, Mar de Fábula, RetoqueRetro, e a alcaldesa do municipio. O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur reemprega o lixo mariño para crear arte e concienciar sobre a xestión dos residuos coa exposición “A alquimia do lixo: unha viaxe dende a fealdade á beleza”. A exhibición conta coa colaboración da asociación Mar de Fábula e o apoio da agrupación RetoqueRetro. Esta mañá tivo lugar o acto de presentación da exposición no edificio cultural da Senra, en Bergondo, evento ao que asistiron o secretario do GALP Golfo Ártabro Sur, José Garrote M

Nova Proposta provisional Xunta Directiva proxectos non produtivos 2ª Convocatoria 2020

Imagen
  A Xunta Directiva do GALP Golfo Ártabro Sur en xuntanza celebrada hoxe 19 de novembro de 2020, acordou aprobar a unha nova proposta de resolución provisional de proxectos non produtivos que se adxunta.   Esta proposta está tamén publicada no taboleiro de anuncios da oficina de dito GALP e non crea ningún dereito a favor dos solicitantes propostos.     Nova Proposta de Resolución Provisional da Xunta Directiva 2ª Convocatoria 2020     Avaliación de proxectos   Tal e como se reflicte no artigo 24.3 da Orde de bases do 21 de decembro de 2018, da Consellería do Mar, outorgase un prazo de alegacións contra esta resolución de 5 días hábiles contados dende a data da súa publicación.  

O proxecto Relevo 2020 presentado como “práctica inspiradora” no X aniversario da REGP e a REMSP

Imagen
O equipo técnico do GALP Golfo Ártabro Sur estivo presente no encontro dixital para celebrar o aniversario de ambos entes. No evento analizouse o actual programa de axudas e anunciouse que o próximo, denominado FEMPA, se iniciará, previsiblemente, no 2023. A Rede Española de Grupos de Pesca (REGP) e a Rede Española de Mulleres no Sector Pesqueiro (REMSP) celebraron o seu X aniversario cun encontro en liña no que estivo presente o equipo técnico do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur. Durante a xornada presentáronse proxectos de boas prácticas inspiradoras, entre os que estivo a iniciativa Relevo 2020. Este programa está promovido por cinco GALP galegos (GALP A Mariña-Ortegal, GALP Golfo Ártabro Norte, GALP Golfo Ártabro Sur, GALP Seo de Fisterra Ría de Muros Noia Costa Sostenible e GALP Ría de Arousa) e busca o relevo xeracional no sector pesqueiro. Xunto a el, coñecéronse tamén iniciativas do Grupo de Acción Local de Pesca y Acuicu

O GALP participa nas xornadas Business 2 Sea na procura de novas sinerxías

Imagen
Hoxe deron comezo as xornadas virtuais da nova edición de Business 2 Sea.   O evento busca crear sinerxías entre persoas e organizacións para promover proxectos e negocios nos diferentes sectores da economía do mar. Desde o Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur estamos a participar nestes encontros virtuais, organizados por Fórum Océano e o Centro Tecnológico del Mar – Fundación CETMAR, na procura de posibles novas colaboracións. Consulta toda a información das xornadas que se celebrarán ata o vindeiro venres 20 de novembro.

Os GALP galegos promoven un escape room cultural mariñeiro para celebrar o Día Internacional dos Museos

Imagen
Os centros escolares interesados en participar na iniciativa poden realizar a súa solicitude ata o 31 de decembro. A actividade pretende promover o patrimonio mariñeiro atlántico europeo entre o alumnado. O 18 de maio é o día internacional dos museos. Para celebrar este día, desde o proxecto Pasaporte REMA,  financiado polo Fondo Europeo Marítimo de Pesca (FEMP) e promovido polos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro Galego (GALP), preparouse un xogo en liña en formato Escape Room no que os colexios participantes terán que resolver un misterio, seguindo unha serie de pistas que atoparán de modo virtual en 27 museos pertencentes á Rede de Espazos con contido Museístico Atlántico (REMA). Os 5 colexios que resolvan o reto nun menor tempo, serán convidados, o día 18 de maio de 2021, a un dos museos da Rede REMA, a competir nun escape room de temática mariñeira deseñado para a ocasión, onde se decidirá quen é o mellor “equipo investigador galego”. O obxectivo desta iniciativa é promo

O GALP deu a coñecer na xornada Talento Azul a iniciativa coa que reemprega as cunchas de mexillón para crear mobiliario

Imagen
O proxecto posto en marcha por Construcciones M.A. Ramos S.L. co apoio do GALP permite empregar as cunchas dos mexillóns para crear formigón, que se emprega para a realización de mobiliario cun elevado valor engadido. A xornada, organizada polo GALP Ría de Arousa, tivo o obxectivo de dar a coñecer iniciativas de éxito que inspiren novos proxectos e que sirva á súa vez para captar investimentos europeos. O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur asistiu á xornada Talento Azul en Cambados, organizada polo GALP Ría de Arousa, onde deu a coñecer o seu proxecto de creación de mobiliario con cáscaras de mexillón levado a cabo pola empresa Construcciones M.A. Ramos S.L. O xerente do GALP Golfo Ártabro Sur, Federico López Viñas, asistiu ao evento, que tivo como obxectivo crear un foro de debate entre diferentes representantes dos GALP galegos para dar a coñecer proxectos de éxito que inspiren novas iniciativas arredor do denominado crecemento azul e que, á súa vez, s

Rematan co sector económico as mesas sectoriais a través das que se renovarán os órganos de goberno do GALP

Imagen
Ao longo destas semanas os sectores pesqueiro, público, social e económico reuníronse para elixir os 17 membros que compoñerán a Xunta Directiva do Golfo Ártabro Sur no vindeiro exercicio. O día 6 de novembro realizarase a Asemblea Xeral na que se nomearán os cargos da Xunta Directiva, presidente, vicepresidente, secretario, tesoureiro e vogais. As mesas sectoriais aproban os membros propostos á Asemblea Xeral para o nomeamento destes de acordo cos artigos 16 e 17 dos estatutos do GALP. O encontro do sector ecónomico puxo o broche final ás reunións das mesas sectoriais a partir das que o Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur escollerá a nova Xunta Directiva. O 6 de novembro nomearase aos seus membros na Asemblea Xeral, entre os que se atopan o presidente, vicepresidente, secretario e tesoureiro. A elección dos novos órganos de goberno do GALP comezou coas mesas sectoriais nas que se reuniron os diferentes sectores da poboación e de onde sairán os 17 membros

O GALP reúnese con entidades sociais do territorio para dinamizar proxectos de inclusión laboral no sector pesqueiro

Imagen
  O evento enmárcase dentro do proxecto de cooperación “Tanza”, que busca establecer novas sinerxías para mellorar a empregabilidade e integración social, facendo fincapé nas persoas con diversidade funcional No encontro participaron Dismacor, Fundación ADCOR, Down Coruña e Aspadisol A sede do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur acolleu esta mañá unha nova reunión do proxecto de cooperación “Tanza: inclusión social, sector pesqueiro, economía circular” , a través do que se pretende impulsar novas sinerxías e a creación de iniciativas de inclusión social e laboral no mundo do mar, facendo fincapé nas persoas con diversidade funcional. No encontro, as persoas participantes expuxeron as preocupacións actuais, así como novas propostas e ideas co obxectivo de dinamizar a creación de vías de colaboración entre entidades de inclusión social e organismos do sector do mar. Na reunión participaron representantes do GALP Golfo Ártabro Sur e entidade