Entradas

Mostrando entradas de agosto, 2021

Presentación oficial do II Roteiro Son do Mar

Imagen
  Terá lugar no edificio A Senra, de Bergondo, o próximo xoves 16 ás 18:00 horas O próximo xoves 16 de setembro, ás 18:00 horas , terá lugar a presentación do II Roteiro Teatralizado Son do Mar no edificio A Senra, de Bergondo. No evento contarase coa asistencia do director Afonso García Penas, do equipo de produción e de realización de Alentía Teatro, de varios dos intérpretes principais e máis emblemáticos da serie, así como de membros do GALP Golfo Ártabro Sur, entidade promotora deste proxecto audiovisual de recuperación da memoria mariñeira. Debido á pandemia sanitaria, o GALP Golfo Ártabro Sur tivo que atrasar esta evento presencial ata que as condicións sanitarias se consideraron seguras para organizar un acto público. Neste sentido, a asistencia farase mediante convite directo.   Durante o encontro, o elenco asistente escenificará un fragmento desta historia para presentar os 15 capítulos que artellan esta viaxe experiencial polo pasado e o patrimonio mariñeiro dos sete municip

Aberta unha nova convocatoria de axudas

Imagen
Os proxectos poden presentarse ata o venres 17 de setembro para as áreas de medio ambiente, gobernanza e cooperación Ata o venres 17 de setembro está aberto o prazo da segunda convocatoria de axudas FEMP 2014-2020.   As bases reguladoras das subvencións para proxectos ao abeiro das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) poden consultarse no Diario Oficial de Galicia a través da seguinte ligazón: https://www.xunta.gal/.../AnuncioG0427-040821-0001_gl.pdf   No caso do GALP Golfo Ártabro Sur, está aberto á recepción de proxectos nas áreas de medio ambiente, gobernanza e cooperación. Os interesados en obter máis información poden contactar co GALP Golfo Ártabro Sur por email en galpgolfoartabrosur@gmail.com ou no teléfono 881 896 417 .

Resolución definitiva das axudas da convocatoria 2021

Imagen
Os promotores poden consultar o estado do seu proxecto a través do sistema Notifica O pasado venres 27 de agosto fíxose pública a resolución definitiva da primeira convocatoria de axudas 2021 tramitada polo GALP Golfo Ártabro Sur.   Os promotores implicados poden consultar o documento a través do seu sistema Notifica ou, en caso de dúbidas, contactar directamente coa oficina do GALP por teléfono, e-mail ou presencial na oficina situada na Casa do Mar de Sada:   ☎ 881 896 417 📧 galpgolfoartabrosur@gmail.com 📍 Avda. do Porto, 21, baixo. Sada En abril pasado, a xunta directiva do GALP Golfo Ártabro Sur seleccionou provisionalmente os proxectos que considerou prioritarios para a execución da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (DLP) e que despois enviou para aprobación definitiva por parte da Consellería do Mar da Xunta de Galicia. Desde a Xunta Directiva do GALP consideraron un éxito os 28 proxectos recibidos este ano pese á inestable situación económica derivada

O novo programa RELEVO 2 achegará o sector pesqueiro, marisqueiro e acuícola aos centros de ensino galegos para fomentar o relevo xeracional

Imagen
O proxecto desenvolverase nas anualidades 2021 e 2022   Os Galp Golfo Ártabro Sur, Ría de Vigo - A Guarda, Ría de Pontevedra, Ría de Arousa, Golfo Ártabro Norte e A Mariña Ortegal promoven o novo proxecto de colaboración Relevo2 a través do que queren trasladar ao alumnado dos centros de ensino de na nosa comunidade. O proxecto desenvolverase nas anualidades 2021 e 2022.   Entre os seus obxectivos atópanse: Poñer en valor o sector pesqueiro entre a comunidade escolar en idade de traballar e/ou de escoller estudos superiores. Valorizar o sector pesqueiro en termos económicos, dando a coñecer a demanda real existente para diferentes postos de traballo no mar e dando a coñecer as saídas profesionais existentes no mesmo. Ofrecer unha formación máis cuantitativa, que pretende achegar a realidade do sector pesqueiro en termos de oportunidades laborais, a fin de captar persoas que conformen ese relevo xeracional.   O programa divídese en tres bloques principais de contidos:

Comparativa entre o FEMP e o novo FEMPA 2021-2027

Imagen
  O Fondo Europeo Marítimo e de Pesca e Acuicultura abre un grande abano de posibilidades para os GALP que xa están adaptando as súas estratexias de Desenvolvemento Local Participativo (DLP)   A comezos de xullo pasado, en concreto o martes 6, o pleno do Parlamento Europeo daba luz verde ao novo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca e Acuicultura (FEMPA) para o período 2021-2027 cun orzamento de 6.108 millóns de euros, do que España será o principal receptor con 1.200M€.   Co FEMPA 2021-2027, que se aplicará retroactivamente desde xaneiro pasado, a UE quere dar un especial impulso ao relevo xeracional no sector do mar, á pesca de baixura e ás rexións ultraperiféricas (como as illas Canarias) no marco dun instrumento que ten como principais liñas de accións protexer e restaurar a biodiversidade mariña, a acuicultura e a pesca de baixura, a eficiencia enerxética, o relevo xeracional, o despezamento dos barcos antigos ou o incremento da seguridade a bordo.   No caso dos GALP, o per