Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2019

O porto de Lorbé optimiza a súa actividade cunha nova grúa e unha carretilla

Imagen
·          Estas melloras contan cun orzamento de 70.301 € ao abeiro da EDLP do GALP Golfo Ártabro Sur. O porto de Lorbé está a mellorar a súa infraestrutura, promovida pola Confraría de Lorbé, para optimizar as súas actividades e mellorar a seguridade e accesibilidade a través das axudas ao abeiro da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur. As accións incluirán a adqusición dunha grúa de 2T e dunha carretilla de máxima eficacia e operatividade. As medidas que se levaron a cabo no porto sito no Concello de Oleiros, permite optimizar as operacións portuarias de carga e descarga, e facilitar o movemento de peixe e do resto de materiais empregados en carga e descarga. Deste xeito redúcese o custo das operacións e optimízanse as actividades do almacén. O equipamento subvencionado emprega combustibles menos contamianates axudando así á reducción da pegada do carbono. O porto de Lorbé consti

A lonxa da Coruña renovou a súa maquinaria para ser máis eficiente

Imagen
·          Leváronse a cabo dous proxectos de aforro enerxético, que impulsan un consumo que reduza a pegada de carbono,   contan co investimento do GALP Golfo Ártabro Sur. Leváronse a cabo dous proxectos de aforro enerxético na lonxa da Coruña . Estes contaron cun investimento total de 455.751,00 € do cal 177.727,36 € a cargo das axudas do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur. Con estes proxectos realizáronse melloras tecnolóxicas en instalacións mecánicas e modernizáronse as instalacións do circuíto da cadea de frío da lonxa. Os dous proxectos tamén teñen como obxectivos contribuír á redución da pegada de carbono e diminuír custos á empresa para mellorar a súa competitividade, mantendo   postos de traballo. Maquinaria moderna que enfríe e conserve o peixe e o marisco Esta iniciativa modernizou a sala de máquinas e os equipamentos que abastecen de xeo e refrixeración ás zonas da lonxa onde se mantén, conserva e vende o peixe. As medidas in

O mercado de Elviña conta cunha nova e moderna peixería

Imagen
·          A iniciativa impulsada polo GALP Golfo Ártabro Sur creou un novo posto de peixe que conta con maquinaria moderna que optimizará a venda dos seus produtos. O mercado de Elviña conta cun remodelado posto de peixe “Pescadería Sonia”. Neste mercado, remodelouse e ampliouse o posto de peixe con nova maquinaria para adaptar a venta tradicional aos gustos do novo consumidor dunha forma innovadora. O proxecto foi financiado con 21.711,13 € con cargo ás axudas ao abeiro da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur.   As instalacións contan cunha máquina de “pelado” mecanizado de peixe que axudará a aforrar tempo na preparación deste produto. Tamén ten dúas básculas con etiquetadoras que mellorarán a información cara o consumidor, así como mostradores de aceiro inoxidable con metacrilato azul, cun sistema de desxeo baseado en tubos perforados con válvulas. Ademais, tamén conta cunha páxina

Mellorouse a comercialización do peixe de baixura gracias ao GALP Golfo Ártabro Sur

Imagen
O patrón do Maradán diversificou, mellorou e modernizou os seus procesos de distribución e venda de peixes e marisco da zona grazas a unha das axudas do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur . Para conseguilo a empresa está presente na rede a través da creación da súa propia páxina web e das redes sociais , achegándose a unha maior cantidade de persoas. Tamén se introduciron melloras na loxística: compra dunha furgoneta con cabina isotérmica que permite transportar os produtos nas mellores condicións posibles, para que non perdan a súa calidade e frescura. Deste xeito mellorouse a calidade final do produto para a súa venta, achegándose dunha forma máis próxima ao consumidor e posibilitando a venta directa á hostalaría. Ademais con este proxecto manteranse 4 postos de traballo, sen esquecer os beneficios que aporta para o medio ambiente, reducindo a pegada de carbono.

Un proxecto do GALP abre unha nova liña de transformación de produtos pesqueiros

Imagen
·          A iniciativa de Congelados La Naviera S.L. recibiu un investimento de 92.168,20 € a través das axudas do GALP Golfo Ártabro Sur. O proxecto de ‘Xeración da capacidade produtiva para a creación dunha industria transformadora de produtos da pesca artesanal galega’ impulsado polo Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur, permitirá a apertura dunha nova liña de transformación de produtos pesqueiros, concretamente, unha nova planta de produtos elaborados. O proxecto pretende desenvolver unha industria moderna que internacionalice e mellore a comercialización de produtos transformados da pesca do noso territorio. A iniciativa, promovida por Congelados La Naviera S.L., situada en Bergondo, tivo un custo de 364.103 € dos cales 92.168,20 € financiados a través das axudas ao abeiro da estratexia do GALP Golfo Ártabro Sur. O proxecto creou un total de 6 postos de traballo, a partir da reforma dunha nave para instalar a planta de elaboración de produt

As axudas do GALP crearon 17 empresas, xerando e consolidando tamén novos postos de traballo no ámbito do mar

Imagen
·          Desde o 2017 as axudas crearon un 84% de postos de traballo e consolidaron un 62% do previsto. Aínda quedan dous anos para solicitar estas subvencións e chegar ao 100% desexado. ·          O GALP Golfo Ártabro Sur celebrou a Asemblea Xeral na que se definiron as liñas a modificar na estratexia de desenvolvemento local, que agora terá que aprobar a Consellería do Mar. ·          A entidade xa concedeu o 74% do presuposto das axudas para o 2017-2021 Sada, 18 de decembro. - O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur acaba de finalizar o seu proceso de avaliación intermedia, pechándoo coa Asemblea Xeral de socios. No encontro confirmáronse os bos datos recollidos no sector do mar grazas ás axudas ao abeiro da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) deste GALP. Desde o 2017 creáronse 17 novas empresas a través das subvencións, dobrando a previsión. Á súa vez os postos de traballo creado están nun 84% da previsión global (

Contratación dunha asistencia técnica de comunicación

Imagen
Dende o GALP Golfo Ártabro Sur vaise a realizar a contratación dun servizo de asistencia técnica de comunicación interna e externa do GALP en internet, redes sociais, prensa, radio e newsletters. Atoparedes as bases na seguinte ligazón:  https://galp.xunta.gal/golfo-artabro-sur/bases-de-contratacion-para-unha-asistencia-tecnica-de-comunicacion

Contratación dunha asistencia técnica de auditoría

Imagen
Dende o GALP Golfo Ártabro Sur vaise a realiza a contratación de un servizo de auditoría para gastos de xestión e xustificación de proxectos financiados do ano 2020 ao abeiro da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativa. Atoparedes as bases na seguinte ligazón: https://galp.xunta.gal/golfo-artabro-sur/bases-de-contratacion-dunha-asistencia-tecnica-de-auditoria

Contratación asistencia técnica para a elaboración de informes sobre a viabilidade económica e financeira dos proxectos presentados en 2020 e informe de mínimis dos proxectos aprobados

Imagen
Dende o GALP Golfo Ártabro Sur vaise realizar a c ontratación de unha Asistencia Técnica para a elaboración de informes sobre a viabilidade económica e financeira, así como dos requisitos necesarios que deben cumprir os promotores dos proxectos presentado á convocatoria de marzo e setembro de 2020 e elaboración dun informe anual sobre o cumprimento de mínimis dos proxectos aprobados pertencentes ao territorio do GALP Golfo Ártabro Sur nas convocatorias precedentes á actual Atoparedes as bases na seguint e ligazón: https://galp.xunta.gal/golfo-artabro-sur/contratacion-asistencia-tecnica-para-a-elaboracion-de-informes-sobre-a-viabilidade

O Golfo Ártabro Sur asistirá mañá a unha reunións con todos os GALP nacionais para falar das novas estratexias

Imagen
·         Na I Reunión Técnica dos GALP para o periodo FEMP falarase da situación actual dos grupos de pesca, a continuidade das iniciativas que se están levando a cabo e os seus plans de desenvolvemento local. ·         A xornada contará con dous talleres sobre axudas e custos, e un debate final para mellorar a xestión. Sada, 10 de decembro.  O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur participará na I Reunión Técnica dos GALP para o novo período do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca e Acuicultura (FEMPA) para o 2021-2027 . Nela falarase da situación actual dos GALP, así como das súas futuras accións, da continuidade dos seus proxectos, das posibles novas iniciativas e das estratexias de desenvolvemento local. Ao evento asistirá Federico López Viñas, xerente do GALP Golfo Ártabro Sur. No evento realizarase tamén un encontro da Rede Europea de Zonas de Pesca (FARNET). A xornada contará á súa vez con dous talleres para aclarar posibles dúbidas s

A reunión co sector pesqueiro finaliza a rolda de encontros do GALP para avaliar o seu traballo

Imagen
·           Ao longo de dúas semanas a sede do GALP acolleu cinco encontros cos diferentes sectores do territorio na súa sede para coñecer os erros e os acertos da súa estratexia, e así poder reconducila. ·           Ás reunións acudiron representantes de concellos, do sector do mar, do empresarial e do social. O  Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur  rematou esta semana as súas reunións cos diferentes sectores do territorio. A asociación reuniuse co ámbito social, co marítimo, co económico e co público para coñecer a súa opinión con respecto ao traballo desenvolto polo GALP.  Estas reunións realizáronse no marco da  avaliación intermedia  do GALP, coa que se analizará o cumprimento da súa  Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) , co obxectivo de reconducir o plan cara un modelo máis eficiente. No primeiro encontro, o da mesa do  sector público , os asistentes remarcaron a importancia do labor do GALP, e sinalaron como pr

A cáscara de mexillón reempregada para crear encimeras, lavabos, mostradores ou bañeiras nun dos proxectos do GALP

Imagen
·          Construcciones M.A. Ramos emprega residuo de concha deste molusco convertido en árido para a fabricación dos seus produtos. A empresa Construcciones M. A. Ramos reemprega as cáscaras de mexillón para a construción de mobiliario feito con formigón. Unha forma de darlle unha segunda vida ás cunchas deste molusco, aproveitando de forma sostible o patrimonio medioambiental das zonas pesqueiras. Esta acción enmárcase dentro dun dos proxectos do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur , que contou cun orzamento de 172.886,90 €. Dentro das medidas levadas a cabo no proxecto tamén se reacondicionou un local comercial para acoller exposicións e oficinas. Á súa vez, co proxecto creouse unha nova liña de produción para a propia empresa.

Máis talleres de reparación de embarcacións e aparellos en Cadenote Yatch, que está a realizar unha reforma nas súas instalacións

Imagen
·          A empresa náutica levará a cabo a súa iniciativa de reacondicionamento do seu local a través das axudas ao abeiro da EDLP do GALP. A empresa náutica Cadenote Yatch S.L. está a levar a cabo a reforma das súas instalacións para que se poidan impartir cursos de formación específica para o coidado e reparación de aparellos e de embarcacións. Con isto búscase profesionalizar ás persoas que asistan á formación en materia náutica mellorando os servizos no sector. A súa iniciativa, que se está levando a cabo por un importe de  65.582 €, do cal 27.100  € son suvencionados  dentro das axudas ao abeiro da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur . Estas contan co financiamiento do Fondo Europeo Marítimo da Pesca e a Consellería do Mar . Os talleres tratarán sobre reparación de aparellos e de barcos, laminados, pintado de obra morta, tratamentos antiósmosis e antifouling para obra viva. A

O mesón mariñeiro “A bordo” achegará menús saudables a domicilio ás persoas maiores de Sada e a súa contorna

Imagen
·          O proxecto do GALP Golfo Ártabro Sur pretende ofrecer, ademais, servizo de comida en embarcacións así como no propio local.   ·          Os produtos procederán da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, buscando a calidade, a proximidade e os produtos ecolóxicos. O mesón mariñeiro “A Bordo” achegará ás persoas maiores do concello de Sada é da súa contorna menús de calidade e proximidade. Este local, situado no concello de Sada, ofrece a posibilidade de degustar produtos do mar e da terra da contorna no propio local, e proximamente a domicilio e nas propias embarcacións. O proxecto do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur contou cun total de 81.549,93 €. Os produtos do mar terán a súa orixe na pesca artesanal e de km 0, na busca da máxima frescura e dando a coñecer os seus sabores e valores nutricionais. Os produtos da terra terán a súa orixe na Reserva, buscando, dentro do posible, produtos ecolóxicos. O mesón