O Open Science, proxecto ao abeiro do GALP, recibe o recoñecemento de "boas prácticas” da REGP
O Open Science Cambre , iniciativa ao abeiro do financiamento do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur , acaba de recibir o recoñecemento de “ boas prácticas ” outorgado pola Rede Española de Grupos de Pesca (REGP) . O club de ciencia do instituto local IES David Buján e o Concello de Cambre , co apoio do GALP , foron os organizadores desta feira científica celebrada no mes de setembro do ano pasado. Un evento no que alumnado de diferentes centros e clubs de ciencia puideron amosar os seus proxectos en stands , así como desfrutar das diversas actividades que tiveron lugar ao longo no encontro científico. Unir innovación con tradición, promocionar a ciencia entre a cidadanía e achegala á mocidade dunha forma atractiva son algúns dos obxectivos que se acadaron coa realización deste proxecto. O Open Science contribuíu a investigación nun dos principais motores da economía de Galicia: o marítimo. O evento contou cun apartado dirixido a este ámbito