O GALP Golfo Ártabro Sur está a recibir multitude de consultas sobre a nova convocatoria de axudas FEMPA
O equipo técnico do GALP Golfo Ártabro Sur está a traballar na multitude de peticións de asesoramento que están a recibir para a solicitude de proxectos para as axudas. Nestes días a oficina do GALP Golfo Ártabro Sur está a recibir multitude de posibles promotores, principalmente do sector pesqueiro, pedindo información e asesoramento para a solicitude de axudas ao abeiro da estratexia de desenvolvemento local participativo nos fondos FEMPA. O traballo do GALP nestes anos está a dar o seu froito, pois o grupo está sendo un referente no territorio e a cantidade de posibles promotores aumentou de forma exponencial. Ademais, as enquisas que se están a realizar aos promotores sobre a atención recibida polo equipo técnico do GALP Golfo Ártabro Sur, están revelando resultados moi positivos para o grupo, cun índice de satisfacción moi elevado. Tamén cabe especial mención, que no período FEMP 2014-2020 o GALP Golfo Ártabro Sur foi o único