O GALP deu a coñecer na xornada Talento Azul a iniciativa coa que reemprega as cunchas de mexillón para crear mobiliario
O proxecto posto en marcha por Construcciones M.A. Ramos S.L. co apoio do GALP permite empregar as cunchas dos mexillóns para crear formigón, que se emprega para a realización de mobiliario cun elevado valor engadido. A xornada, organizada polo GALP Ría de Arousa, tivo o obxectivo de dar a coñecer iniciativas de éxito que inspiren novos proxectos e que sirva á súa vez para captar investimentos europeos. O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur asistiu á xornada Talento Azul en Cambados, organizada polo GALP Ría de Arousa, onde deu a coñecer o seu proxecto de creación de mobiliario con cáscaras de mexillón levado a cabo pola empresa Construcciones M.A. Ramos S.L. O xerente do GALP Golfo Ártabro Sur, Federico López Viñas, asistiu ao evento, que tivo como obxectivo crear un foro de debate entre diferentes representantes dos GALP galegos para dar a coñecer proxectos de éxito que inspiren novas iniciativas arredor do denominado crecemento azul e que, á súa vez, s