Os equipos técnicos dos GALPs galegos reúnense para ultimar os documentos do FEMPA

 O equipo técnico do GALP Golfo Ártabro Sur reúnese co resto de equipos técnicos dos GALPs galegos para ultimar a documentación necesaria para a primeira convocatoria do fondos FEMPA

 


Ao longo de todo o mes de febreiro, o equipo técnico do GALP Golfo Ártabro Sur estivo presente nas diferentes reunións levadas a cabo por tódolos GALPs galegos para a realización da proposta á Consellería do Mar das novas bases, que se están a desenvolver para a apertura da nova convocatoria das axudas do fondo FEMPA.

Nestas reunións, tamén se fixeron dous documentos para propoñer unha modificación das memorias técnicas e económicas, pois actualmente é un documento algo complexo e que é imprescindible presentar na solicitude dos proxectos para a obtención das axudas. Con estas memorias máis sinxelas e intuituvas, búscase conseguir que os documentos a entregar na solicitude dos proxectos sexan máis fáciles de cubrir polos promotores. Tamén, nestes novos fondos búscase conseguir que os proxectos que non sexan de inversión poidan presentarse con unha memoria simplificada que axilice a tramitación.


Todos os GALPs galegos xunto coa Consellería do Mar están a realizar todas as accións necesarias para poder abrir a convocatoria dos fondos FEMPA nesta anualidade o antes posible, así como ultimar a documentación para facilitar a tódolos promotores a presentación dos seus proxectos. 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Enmalle Studio

En marcha los nuevos proyectos para la convocatoria 2025

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024