Gran éxito da serie de vídeos dos proxectos subvencionados polo GALP Golfo Ártabro Sur mediante os fondos FEMP.
Xa está dispoñible no canal de
Youtube do GALP Golfo Ártabro Sur varios vídeos que amosan os proxectos
subvencionados no territorio mediante os fondos FEMP
O GALP Golfo Ártabro Sur presentou o pasado mes unha serie de vídeos que alberga tódolos proxectos financiados polo grupo mediante os fondos FEMP. Estes vídeos están dispoñibles no canal de Youtube do grupo, e preséntanse todos os venres nas diferentes redes sociais.
Dende o GALP comprobouse a boa acollida que está a
ter esta serie, xa que os resultados obtidos por ela e os comentarios do
público das redes sociais son moi satisfactorios. Ademais, o grupo considera
moi importante que o público poida comprobar o traballo realizado no pasado
programa e o grado de satisfacción obtido polos promotores, xa que isto é a
mellor carta de presentación para que os novos fondos FEMPA teñan unha boa
acollida no territorio, servindo os traballos realizados como fonte de
inspiración para os novos promotores.
Ata agora están dispoñibles os seguintes proxectos:
GALP8-004, Apertura, modernización e innovación novo posto de venta de peixe
GALP8-009, Campaña de promoción de consumo de peixe e marisco de proximidade
GALP8-018, Exposición de mobiliario de formigón reciclado producido con cáscara de mexillón
GALP8-035, Posta en valor do remo tradicional e dos valores naturais e patrimoniais do Golfo Ártabro
Comentarios
Publicar un comentario