O GALP renova a súa Xunta Directiva na Asemblea Xeral de Socios
O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur celebrou a Asemblea Xeral de Socios para elixir a nova Xunta Directiva para o próximo exercicio. No encontro nomeáronse os 17 membros que compoñerán a directiva, escollidos nas mesas sectoriais que se celebraron con anterioridade. Neste encontro votouse quen deles desempeñará os cargos de presidente/a, vicepresidente/a, secretario/a e tesoureiro/a que quedou da seguinte maneira: Presidente: Alberto Castro García Vicepresidenta: Patricia Amado Varela Tesoureira: Adelina Pérez Barredo Secretario: José Garrote Martín O evento reuniu a socios e representantes das diferentes mesas sectoriais –sector público, do mar, empresarial e social- que con anterioridade designaron aos 17 compoñentes da nova Xunta Directiva, contando con integrantes de diversos organismos e institucións pertencentes ao territorio. Así pois, a Xunta queda composta da seguinte maneira: Nombre Organización ...