Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como curso

O GALP Golfo Ártabro Sur impulsa o emprendemento sostible na xornada "Como crear a miña propia empresa: Método DIY"

Imagen
O GALP Golfo Ártabro Sur participou o 15 de novembro na xornada formativa "Como crear a miña propia empresa: Método DIY" , unha iniciativa organizada pola Cámara de Comercio de A Coruña en colaboración co Concello de Sada, a través da súa Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local, e coa participación de Abanca. A sesión contou coa dirección do docente Ángel Noguerol, quen achegou claves e ferramentas para o emprendemento. Durante a xornada, Amparo Dopico, técnico do GALP, presentou as liñas de axuda que a entidade ofrece para apoiar proxectos empresariais que contribúan ao desenvolvemento sostible das comunidades costeiras. Estas axudas están dirixidas a iniciativas que reforcen a cadea de valor do sector pesqueiro, promoven a conservación dos recursos mariños, impulsen a economía local e valoricen o patrimonio cultural e pesqueiro da nosa costa. O GALP reafirma así o seu compromiso co fomento do emprendemento sostible, ofrecendo recursos e apoio técnico a todas aquelas pers...

Remata a VIII edición do curso de carpintaría de Ribeira

Imagen
O programa estivo organizado por Os Patexeiros e contou co financiamento do GALP Golfo Ártabro Sur. O porto de Lorbé, no Concello de Oleiros, acolleu a VIII edición do curso de carpintaría de ribeira organizado por Os Patexeiros e financiado polo Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur. O taller celebrouse ao longo dos meses de outubro e novembro e tivo unha duración total de 24 horas. O alumnado aprendeu a preparar as ferramentas de traballo, crear unha embarcación desde o seu inicio, así como o mantemento desta cando estea realizada con tarefas de calafateo, virado de táboas ou de embreado, entre outras.  As persoas participantes puideron poñer os seus coñecementos en práctica na embarcación Nordesia , onde realizaron tarefas de reparación da borda do barco e das táboas que se atopaban en mal estado. A través desta iniciativa o GALP pretende investir na formación dos profesionais do mundo do mar para seguir preservando esta arte tan importante na cultur...